Skip to Content

REBORRADIO 

 

historico biblioteca

MEGAFONÍA Semana 8 outubro 2018

Esta semana escoitamos "Sombre foret" interpretada por Montserrat Caballé.

A disfrutar!

Programa 01- 2018/19 ---------- 5 OUT 2018

 

Este é o programa realizado o 5 de outubro de 2018.

Participaron alumnos e alumnas de 1º E.P., 3º E.P. e 5º E.P.

Entre nervios e máis nervios, os locutores estreáronse!

Bravo rapaces!!

 

MEGAFONÍA Semana 1 outubro 2018

Esta semana escoitamos un Minueto de Luigi Boccherini.

A disfrutar!

 

MEGAFONÍA Semana 24 setembro 2018

Este semana escoitamos "Think" de Aretha Franklin.

A disfrutar!

MEGAFONÍA Semana 17 setembro 2018

Esta semana escoitamos un "Danza dos mirlitóns" de P. I. Tchaikovsky.

A disfrutar!

MEGAFONÍA Semana 12 Setembro 2018

Esta semana escoitamos "Tan so con leres un libro" de Mamá Cabra.

A disfrutar!

ALUMNOS E ALUMNAS Á FRONTE DA RADIO!

     Dende o ano pasado barallábamos a idea de darlle ao noso alumnado a posibilidade de ter máis implicación na Radio.

     Este curso decidímonos a dar o paso e anunciámosvos a grande nova: alumnos e alumnas de 6º E.P. van ocupar os postos de responsabilidade no desenvolvemento dos programas, así que xa temos preparadas as carpetas e as identificacións novas.

     David e Coral serán os locutores e condutores dos programas.

     Grazas David e Coral, pola vosa implicación!

XA TEMOS LOGO NA REBORRADIO!

 

    Como xa sabedes, o curso pasado fixemos un concurso de logotipos e nomes para anosa querida Radio Escolar. Foron seleccionados o de Pablo (5º E.P.) e o de Aarón (6ºE.P.), e fixemos unha combinación de ambos.

     O nome que resultou elexido foi REBORRADIO, xa que multitude de alumnos e alumnas así o propuxeron.

     Aquí tedes os debuxos orixinais. A que son chulos?             

                                        

MEGAFONÍA 2018-19

Como xa sabedes, tódolos días a música marca as entradas e saídas do cole, así como a hora do recreo. Neste curso seguiremos con esta iniciativa pero mostrándovos na web as audicións elexidas, así poderedes atopalas e escoitalas sempre que queirades.

Cada semana, dous nenos ou nenas de 3º e 4º de E.P. lerán pola megafonía do cole

as características da obra elexida e o motivo, se o hai, de por que a escoitamos nesa

semana.

                                                                                    Escoitade moita, moita música!

COMEZAMOS O CURSO 2018-19!

Ola a todos!

      Comezamos este curso con moitas gañas de seguir facendo Radio. Xa levamos uns cantos anos dende aquel 2009 onde comezamos con tanta ilusión coma temos hoxe.

      Este ano os programas serán quincenais, e xa temos as quendas preparadas para que todos participedes nas tres seccións propostas, que como sabedes son:

        - Sección 1: "Novas do cole", na cal informamos de todas esas novas que nos afectan no día a día no centro e na nosa contorna, coma eventos deportivos, arranxos no cole, saídas culturais, excursións, aniversarios...

      - Sección 2: "Sabías que...?", na cal nos centramos en curiosidades de calquera ámbito do saber e efemérides de todo tipo. Neste curso imos engadir nesta sección o apartado "Avós en antena" e "O rincón da Arte" para todos aqueles alumnos e alumnas que queiran aportar contidos relacionados.

       - Sección 3:"As nosas cousiñas". Nesta sección mostramos cancións, minicontos, ladaíñas, refráns, trabalinguas, recomendacións lectoras, anuncios... ou sexa, todas aquelas cousiñas que creamos ou que disfrutamos lendo ou cantando.

      Ao final, xa sabedes, contamos un chiste para rematar cun sorriso "radiofónico"...

 

                                ATENCIÓN!    ESCOITADE!   Comezamos...

                                                   



by Dr. Radut