Skip to Content

REBORRADIO 

 

Tepoteca

BOOKTUBERS

Esta vez animáronse Carmen, Iara e Brais, alumnos de sexto de primaria.

Tres propostas máis, para que os maiores do cole, teñan para elexir.

Parabéns!

Clicade nas imaxes para ver os vídeos.

 

FAMILIAS: OS NOSOS CONTOS BUSCAN VOZ.

Ola, familias!

Aquí tedes a primeira entrega da vosa fantástica participación na actividade "Os nosos contos buscan voz" do programa Lectura e Familias.

BOOKTUBERS

Non podemos estar máis contentos. Xa temos tres máis!

Botádelle un ollo as súas recomendacións!

Parabéns, a Iria, a Xavi e a Naihara!

Clicade nas imaxes para ver os vídeos.

BOOKTUBERS

Xa temos unha recomendación máis. Neste caso, Andrea de 4º de primaria propón un dos libros da colección LOS COMPAS.

Parabéns, Andrea!

Clicade na imaxe para ver o vídeo.

A IMPORTANCIA DAS ABELLAS

O alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria tiveron unha saída a Apípolis, onde aprenderon a importancia das abellas no coidado do noso planeta.

 

Xa logo, no noso cole, o alumnado de 2º de primaria investigaron máis en profundidade e  quixo compartir os seus coñecementos co resto do cole con este mural informativo tan bonito e interesante.


 

E os pequechos e pequechas de 1º primeiro tamén aportaron o seu gran de area con esta colmea tan chula!!!

 

Seguimos cos ODS:

 

OBRADOIRO: BIBLIOTECA CREATIVA

O venres 28 de abril recibimos na Tepoteca a visita de Irimia Fernández Álvarez.

 A rapazada gozou fedellando polos diferentes xogos educativos en galego propostos por Brazolinda.

PROGRAMACIÓN DÍA DO LIBRO - 23 DE ABRIL

Durante esta semana Tepo e Tepa teñen preparadas moitas sorpresas paa conmemorar o Día do libro.

Aquí tedes algunha delas. Estade atentos e atentas pois seguriño que hai máis...!

 "Todos os días son o día do libro"

Montse Pena Presas cedeu o texto Dar de ler para a celebración do día do libro nas bibliotecas escolares.

Charla para familias - Plan Director

Ola, familias!

O vindeiro martes 25 de abril ás 16:30 horas tedes unha cita na Tepoteca

Persoal experto respostará todas as vosas dúbidas sobre ciberseguridade.

O centro proporcionará servizo de atención a cativos.

Esperámosvos!

TUI LE

O venres 14 de abril participamos na XIV edición do TUI LE!

Trátase dun encontro con actividades arredor do libro organizado pola biblioteca municipal de Tui coa participación das bibliotecas escolares de todos os centros de Tui.

O alumnado de segundo e terceiro de primaria do noso cole gozou co espectáculo "As palabras perdidas" de Bea Campos con Inventi Teatro.

A continuación, realizaron tamén o intercambio de libros usados.

Os nenos e nenas de quinto de primaria elaboraron un póster sobre Francisco Fernández del Riego, que foi exposto durante toda a xornada.

Vémonos na proxima edición do TUI LE!

 

CINEMA MARABILLAS - RAQUEL QUEIZÁS

O pasado venres, 31 de marzo, recibimos na Tepoteca o espectáculo da actriz Raquel Queizás, Cinema Marabillas.

Tepo e Tepa tiñan todo preparado para que o alumnado do Ceip de Rebordáns gozara vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos.

E así descubrir que o cine e a literatura van moi unidos. 

Toda unha sesión chea de risas, historias, cine, maxia... encheu a nosa Tepoteca.

Un fantástico xeito de enriquecer o noso proxecto deste curso, Rebordáns, cámara...e acción! 

 

 

Tres das nosas artistas de quinto de primaria agasallaron a Raquel Queizás con unha das súas pequenas creacións. 

Graciñas por compartir o teu talento con nós!

Ata a próxima!

Distribuir contido


by Dr. Radut