try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Novas

Día Internacional do Chan

O chan é un recurso natural finito. A escala de tempo humana, non é renovable. Con todo, a pesar do papel esencial que desempeña o chan na subsistencia humana, existe un incremento mundial da degradación dos recursos do chan debido a prácticas de xestión inapropiadas, á presión da poboación que impulsa unha intensificación insostenible e a unha gobernabilidad inadecuada sobre este recurso esencial.

O 95% dos alimentos producense no chan.

Hai máis organismos vivos nunha culler de chan que habitantes ten a Terra.

A meirande parte dos antibióticos coñecidos teñen a súa orixe no chan.

Os chans con alto contido de materia orgánica almacenan grandes cantidades de auga.

Imáxenes desoladoras

Iris, Claudia e Pablo de 5º de Primaria sairon coas súas cámaras ao monte e captaron estas estremecedoras imáxenes, que dan conta da magnitude dos incendios que tiveron lugar a mediados  de outubro nos nosos bosques. Máis de 49.000 ha queimadas entre masa forestal e monte baixo.

 

Contos de Medo polo Samaín

                            

        Para celebrar o Samaín o  alumnado de 5º de Primaria realizou unha lectura en voz alta de fragmentos de " contos terroríficos".

Alumnado de 5º EP e Proxecto E - Dixgal

O alumnado de 5º de EP traballará este ano por primeira vez con libros dixitais, dentro do proxecto E - Dixgal.

Este " entorno virtual de aprendizaxe" permitirá aos alumnos e alumnas desenvolver contidos dixitais.

O alumnado pode acceder ao material seleccionado polo profesorado tanto a través dunha conexión a internet (modo online) como dende o seu netbook (modo offline).

                Gustavo, Alex, Pablo, Miguel, Brais, Iris, Caudia, Coral, Luís, Héctor, David, Xoel, Denys, Sara, Raúl e Paula traballando na área de lingua castelá.

 

Remando no Miño

O xoves, 15 de xuño, o alumnado de 5º de Primaria desplazouse ata o Club Kayak Tudense para participar na Semana Azul , unha actividade de piragüismo en augas do Miño , organizada polo Club Kayak en colaboración co Concello de Tui e Verde Azul.

Unha mañá diferente, na que os alumnos e alumnas o pasaron en grande paleando nas piraguas ou refrescándose cun chapuzón ao remate do "exercicio físico".

 

Festa do patín

Alicia, Paula , Marta, Ana e Lucía participaron, como representantes do centro,  na " XX Festa do Día do Patín" que se celebrou no Pavillón das Travesas, en Vigo.

Cento vinte grupos, cun total de  2300 patinadores, mostraron as súas coreografías nunha xornada na que o patinaxe artístico foi o protagonista.

                                                          As " patinadoras " mostran os seus diplomas de participación.

Festa Voz Natura

O pasado sábado , 3 de xuño, miles de persoas reuníronse  en Culleredo para celebrar o 20 aniversario de Voz Natura. Desde as 11.00 ata as 19.30 horas, o parque de Acea de Ama foi un fervedoiro de xente con moitas ganas de festa.

O alumnado do centro que se desprazou ata Culleredo para  disfrutar desta xornada lúdica e deportiva,tivo a oportunidade de subir aos hinchables ou percorrer a pista americana.

    

 Outra das actividades que despertou o seu interese foi a realizada polo debuxante David Pintor.

    

                       Cristhian , Naiara , Natalia, Lucía e Alba conseguiron a súa caricatura.

 

 

Chega o NADAL

No festival de Nadal, os  alumnos e alumnas  de 5º  converteronse  por unhas horas en verdadeiros cantantes de rock,mostrando ao público  que o de cantar en inglés non se lles da nada mal .

    Aquí os podemos ver "tocando" os instrumentos de "fabricación propia".

 

11 Decembro, Día Internacional das MONTAÑAS

Ao longo do 2002, Nacións Unidas conmemorou o Ano Internacional das Montañas. A convocatoria foi todo un éxito e logrou, mesmo a promoción e creación da Alianza Internacional para o Desenvolvemento Sostible nas Rexións de Montaña.

A Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) coordinou esta celebración e recibiu o encargo de dirixir tamén a conmemoración anual -cada 11 de decembro- do Día Mundial das Montañas.

Esta xornada está destinada a fomentar a toma de conciencia sobre a importancia e a riqueza destes ecosistemas, o seu papel na conservación da biodiversidade e os riscos aos que se enfrontan.

As Culturas da Montaña: celebrar a diversidade  e  fortalecer a identidade.

As montañas albergan o 13% da poboación mundial.

Os pobos indíxenas e as comunidades locais que viven nas montañas teñen prácticas, tradicións e coñecementos únicos.

 

A Lúa máis grande dende 1948

Unha gran Lúa é  a protagonista das novas destes días.Isto é debido a que está no punto da súa órbita máis próximo á Terra.A percepción do seu tamaño aumentará ata un 14%, e o seu brillo,un 30% con relación a unha Lúa chea no seu apoxeo.

Segundo un comunicado da NASA  non haberá outra igual ata o ano 2034, sendo a máis grande dos últimos 70 anos.

 

 

 

Distribuir contido