try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

Primaria

Patio escolares como lugares de lecer, relación e inclusión

A inclusión debe estar presente en todos os espazos do centro, e un dos lugares no que todos e todas gozan por igual, é o patio escolar;  e por esta razón, ao longo deste curso continuamos co proxecto de reforma e mellora do patio escolar para o alumnado de Infantil

 

 

Modificación da zona de infantil do patio escolar con zonas de xogo inclusivo e educativo.

 

Taller impresión 3D

O alumnado de 5º e 6º de Primaria aprendeu a usar o programa Tinkercad de deseño 3D.

Unha interfaz de traballo simple e intuitiva permitiu ao alumnado facer a súa inmersión no mundo

do deseño 3D, como paso previo á impresión 3D.

       

 

Obradoiro de Hiloramas

Dentro da semana " Ciencia no Camiño", o alumnado de 5º e 6º de Primaria realizou ao longo de varias sesións un obradoiro de Hiloramas.

Seguindo as ensinanzas de Mary Everest, os alumnos e alumnas traballaron diferentes conceptos matemáticos usando fios e puntas.

 

          

Misión Nerd

II campaña de recollida de material sanitario

A representante da ONG África Sawabona, Dna Nieves Márquez Abralde, recolle o material sanitario entregado por unha representante da comunidade educativa do CEIP Rebordáns.

Moitas grazas pola colaboración!

Atletismo na Macoca

O martes, 27 de marzo, o alumnado de 5º se desprazou ata a pista da Macoca para participar nunha xornada deportiva con outros centros da zona.

Lanzamento de peso, 500 m e carreiras por relevos foron algunhas das probas nas que participaron.

Unha mañá na que o deporte foi o eixo motivador.

 


                                              Diferentes momentos da xornada.


 

Magnetismo e Arte

O alumnado de 6º EP realizou unha práctica de laboratorio para observar os efectos dos campos magnéticos. 

Remataron a actividade, realizando inxeniosas "obras de arte" utilizando como material de debuxo as limaduras de ferro.

 

 

   

                  Cabalo                                      ´Árbore                                       Cabaliño de mar

 

 

 

O ebook na aula de 5º

Coa utilización do ebbok, a tinta electrónica chega á clase de 5º en forma de "Charlie e a fábrica de chocolate". A utilización destes dipositivos serve de nova motivación para o fomento do hábito lector, cun soporte máis acorde co uso das novas tecnoloxías.

Os alumnos e alumnas  mostran gran destreza no manexo dos novos ebooks, que alternan coa lectura da obra de Roald Dahl en formato papel.

 

          

 

                   

 

 

Lemos e comentamos na clase de 5º

 
 
Despois de rematar a lectura de " Charlie e a fábrica de chocolate" , os alumnos e alumnas de 5º expresan a  súa opinión sobre esta obra de Roald Dahl.
 

Dúas investigadoras do Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía de Braga imparten un obradoiro a todo o alumnado do centro.

Co obxectivo de acercar a ciencia aos máis pequenos, dúas investigadoras do Laboratorio Internacional  de Nanotecnoloxía de Braga, impartiron  no centro o obradoiro " MISIÓN NERD ".

Coa realización de sinxelos experimentos , de forma lúdica e participativa, explicaron ao alumnado diferentes procesos físicos e químicos.

Resaltando  o feito de ser " científicas e mulleres" animaron a todas as nenas do centro a ser o que elas queiran ser e non o que impoñan " estereotipos de xénero".

Grazas a Lorena e Sara por compartir con nós a súa pasión pola " ciencia".

 

                                             Momento no que Aarón ,alumno de 5º, participa na realización dun experimento.

 

 

Distribuir contido