try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

PLANTAS MEDICINAIS PARA OS PEREGRINOS/AS.

  Onte fomos á Oficina de Turismo de Tui para entregar os sobres con plantas medicinais que preparamos para os peregrinos/as que visitan a nosa vila. Alí, explicámoslle a nosa iniciativa ao alcalde e o concelleiro de Turismo, que nos agradeceron a nosa achega.

Todo partiu do proxecto de Horto Escolar deste curso: Plantamos diversas herbas aromáticas e medicinais, regámolas, coidámolas con agarimo e... unha vez recollidas, ocurriusenos clasificalas en sobres para ofrecerllas aos peregrinos/as, desta maneira sentímonos parte activa do concello ao que pertencemos.

Nos sobres explicamos as propiedades curativas de cada herba, así coma o obxectivo desta actividade. Escribímolo en galego, castelán e inglés para que a nosa mensaxe chegara a todos.