Saltar navegación.
Inicio

blogue deAbalar

Novembro, mes da Ciencia en Galego.

Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. Desde hai oito anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego.

O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.

Tendo en conta que a Unión Europea decidiu declarar 2018  " Ano Europeo do Patrimonio Cultural", a Institución Galega de Ciencia acordou centrar a celebración na temática "A cultura científica e a cultura galega como patrimonio cultural europeo".

En consonancia con isto, propoñen renderlle homenaxe a Arquímedes, un dos máis grandes científicos europeos de todos os tempos nos ámbitos da fisica e das matemáticas, e mais ao mestre Mateo, arquitecto do Pórtico da Gloria.

Idade Media

                                                       

 

       

Idade Antiga

 

    

 

 

 

Ciencia no Camiño - Fotografía matemática

 

 

 

 

 

Podedes descargar as actividades nos ficheiros adxuntos.

Impresión 3D

Unha impresora 3D é unha máquina capaz de imprimir figuras con volume a partir dun deseño feito por ordenador. Con volume quere dicir que ten ancho, longo e alto.

Unha impresora 3D o que realmente fai é producir un deseño 3D creado co ordenador nun modelo 3D físico (real). É dicir, si deseñamos no noso ordenador, por exemplo, unha simple cunca de café por medio de calquera programa , poderemos imprimila na realidade por medio da impresora 3D e obter un produto físico que sería a propia cunca de café.

Unha impresora 3D é algo máxico, é coma se puidésemos por fin crear obxectos de  nada. Obxectos tan sinxelos como unha cunca de café a obxectos moito máis complicados e incribles como partes dun avión ou ata órganos humanos.

As impresoras 3D o que fan é crear un obxecto cos seus 3 dimensións e isto conségueo construíndo capas sucesivamente ata conseguir o obxecto desexado.

 

 

RECORDA:

   

 

PODES REPASAR AS FIGURAS PLANAS NOS FICHEIROS ADXUNTOS.

Distribuir contido