try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Primaria

Observando células

Dentro da área de Ciencias da Natureza , os alumnos e alumnas de 5º realizan ao longo do curso actividades de laboratorio.

Unha das practicas ten como obxectivo a observación de células da epiderme de cebola.O alumnado manexa o microscopio e observa a preparación .

 

                                   

Aula Abalar e Libros Dixitais

O alumnado de 5º de Primaria traballa con libros dixitais nunha   das aulas      Abalar do centro. O alumnado  desenvolve a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe, que lle vai permitir acceder a contidos dixitais .

 

                      

Chega o NADAL

No festival de Nadal, os alumnos e alumnas de 5º converteronse durante unhas horas en verdadeiras estrelas de rock, mostrando ao público asistente que "o de cantar en inglés" non se lles da nada mal.

   

           Aquí os vemos "tocando" os instrumentos de " fabricación propia".

                 

               

Viaxe A Guarda

O alumnado de 5º e 6º ,acompañado polas súas titoras, desprazouse ata A Guarda para realizar unha visita guiada polo castro de Santa Tegra.

 

Relatos terroríficos

Este ano para  celebrar o Samaín ,entre outras actividades, o alumnado de 5º de EP escribiu uns microrrelatos terroríficos

Na clase léronos ao resto de compañeiros que quedaron "aterrorizados". As luces apagadas contribuiron a crear o ambiente...

Moitos manifestaron que esa noite non poderían " pegar ollo". Os pesadelos rondarían o seu soño.

  

                  

Investigando no laboratorio

O alumnado de 6º de EP está a realizar unha  práctica de laboratorio  para calcular de forma experimental a densidade dun corpo.

O obxectivo é calcular o volume e a masa dun sólido pequeno,utilizando balanza e probeta.

             

Piragüismo no Miño

O alumnado de 5º e 6º pasou unha xornada moi divertida nas augas do Miño. Tras unhas breves indicacións por parte dos monitores do club Kayak tudense, os alumnos e alumnas subiron ás piragüas e remaron durante case dúas horas para rematar cun refrescante baño.

 

   

 

    

                                          Unha das saídas máis divertidas do ano!

"O monte vivo"

O alumnado de 5º e 6º asistiu a unha charla impartida por axentes do SEPRONA.Sempre tentando integrar as actividades de educación ambiental na práctica docente, os axentes ensinaron ao alumnado medidas de protección dos nosos montes, como ecosistemas a poñer en valor e conservar. 

 

                                     O alumnado atende ás explicacións dos axentes.

Resolución pacífica de conflitos

Todo o  alumnado de Primaria participou, ao longo de todo o curso, nun " Taller de resolución pacífica de conflitos" impartido por a xefa do departamento de orientación  do centro. Na última sesión, se creou un "recuncho de convivencia" que deixa as portas abertas cara ao curso próximo para o traballo da figura do "mediador".

                                              Orientadora impartindo o taller ao alumnado de 5º e 6º.

Aprendizaxe entre iguais: " Coida a vida, protexe os ecosistemas".

Omaima, Manuel e Óscar de 6º , dentro do proxecto Voz Natura "Coida a vida, protexe os nosos ecosistemas", explicaron aos seus compañeiros e compañeiras  os elementos dun ecosistema. Para a presentación empregaron un "impress" elaborado por eles mesmos, como produto final  da busca e selección de información.

Momento  da presentación.

Distribuir contido