Día Mundial do Medio Ambiente
Celébrase o día 5 de xuño, e este ano está adicado a biodiversidade.
Neste curso, dentro do proxecto de Voz Natura “Un mundo sen plásticos”, todo o centro estivemos traballando no coidado e protección da Terra. Polo cal vos retamos a que nos enviedes un audio contando o que facedes vós e a vosa familia para coidar o planeta, sexa na casa, cando saídes ao monte, a praia, ao río...
Quen se anima??? Enviádeo a ceiprebordanstui@gmail.com
Porque pequenas accións poden cambiar o mundo e como xa sabemos todos...
“MOITOS POUCOS, FAN UN MOITO”
