Bo día familias, dende 1974 cada 5 de xuño celébrase o día do medio ambiente ca finalidade de aumentar a conciencia medioambiental e fomentar a acción global na protección do medio ambiente. Este ano, dentro do proxecto de Voz Natura, estivemos traballando moito acerca da protección e o coidado do noso planeta. Para a súa conmemoración, contamos ca colaboración da nosa xentiña, a cal nos conta algunha desas accións que levan a cabo diariamente para favorecer ao noso planeta. Moitas grazas a todos e a todas, e recordade: "moitos pouco, fan un moito".
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Medio-ambiente.mp4.mp4 | 45.95 MB |