O alumnado de 4º, 5º e 6º de EP realizou unha visita guiada ás instalacións da EDAR ( Estación Depuradora de Augas Residuais ) de Guillarei.
Durante o percorrido polas instalacións ,o alumnado puido observar o alto poder contaminante das augas residuais que necesitan ser depuradas ,a través de diferentes procesos, antes de ser vertidas ao cauce do Miño.
O destino final dos lodos resultantes é a reutilización agrícola.
A visita resultou moi interesante, xa que rematou coa observación ao microscopio de protozoos.

O alumnado nas instalacións da EDAR.
