try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

ENTREVISTAMOS EN GALEGO... ESPECIAL REBORRADIO 4º PRIMARIA

Como non podía ser doutro xeito, na semana cultural das letras galegas, os nenos e nenas de 4º primaria queren ofrecernos unhas entrevistas en galego moi orixinais.

Tepo e Tepa aínda non conseguiron parar de rir!

Clicade na imaxe e gozade coa súa proposta.

Parabéns, rapazada!

 

 

MALETA: BANDA DESEÑADA DO CFR

Ola a todos e todas!

Durante uns días puidemos gozar coa maleta do CFR que estaba repleta de boas lecturas de banda deseñada.

 

REBORRADIO EN 6º INFANTIL

Ola, familias!

Como pasa o tempo... Os de 6º de infantil queren deixar a etapa co bo sabor de boca e mostrarnos que están de sobra preparad@s para entrar en Primaria.

A pasada semana pasaron pola Reborradio e nos deron unha clase maxistral sobre os indios. Iso si, dun xeito moi animado!

Escoitade, escoitade...

 

 

RECOMENDACIÓNS DAS FAMILIAS.

Ola, familias!

Aquí tedes algunhas das vosas recomendacións de libros e películas

Estamos supercontent@s da gran participación. 

Non perdades detalle. 

Clicade na imaxe para ver o vídeo.

BOOKTUBERS

Temos novas recomendacións dos nosos booktubers.

Clicade nas imaxes para velas.

 

SABELA GAGO VISITOU A TEPOTECA

Sabela Gago acudiu á Tepoteca e compartiu con nós unha xornada moi especial, chea de historias, emocións, risas e fantásticos contos.

Moitísimas grazas!

 

SEGUIDE O CAMIÑO DAS BALDOSAS AMARELAS

Durante a semana de conmemoracións do Día do libro, unha mensaxe apareceu nas clases. Esta mensaxe pertencía á película "El mago de Oz" e poñía... 

"seguide o camiño das baldosas amarelas..."

E así o fixemos!

Clicade no vídeo e mirade o que atopamos.

 

APADRIÑAMENTO LECTOR: CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO

O apadriñamento lector é sempre un éxito.

Ao compartir lecturas cos cativ@s, medran tod@s... grandes e pequen@s!

Distribuir contido