try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Circulares

AMPLIACIÓN AXUDA PARA ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR

Prezadas familias:

No DOG do día 14 de outubro, publícase a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022. Máis información na web do colexio.

Todas aquelas familias que foron beneficiarias do vale de 50€ para a adquisición de material escolar poderán vir recoller outro vale de 25€.

O horario de secretaría é de luns a xoves de 13:30 a 14:10 e os venres de 10:55 a 11:45.

Os vales deben utilizarse preferentemente antes do 1 de decembro, aínda que a súa valided é ata o 10 de abril de 2023.

 

RESOLUCIÓN de 5 de octubre de 2022 de concesión directa de la ampliación de la ayuda para adquirir material escolar, regulada en la Orden de 29 de abril de 2022.

MATERIAL ESCOLAR DO ALUMNADO DE 5º E 6º EP. CURSO 2022-23

INICIO CURSO 2022-2023

                   

FONDOLIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS. CURSO 2022/23

Aberto o prazo para solicitar o FONDOLIBROS e as axudas para adquirir libros e material escolar.

O PRAZO REMATA O DÍA 22 DE XUÑO.

Para máis información clicar nos seguintes arquivos:

FONDOLIBROS FAMILIAS

ORDE FONDOLIBROS 22-23

PERÍODO DE ADMISIÓN CURSO 22-23

PRAZAS VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2022-23

NIVEL                        

Nº DE PRAZAS VACANTES 2022-2023
4º Ed, Infantil (3 anos) 22 prazas + 3 prazas ANEAE
5º Ed. Infantil (4 anos)  
19 prazas
6º Ed. Infantil (5 anos) 
16 prazas
   
1º Ed. Primaria 14 prazas + 3 prazas ANEAE
2º Ed. Primaria 7 prazas
3º Ed. Primaria 10 prazas
4º Ed. Primaria 10 prazas
5º Ed. Primaria 11 prazas
6º Ed. Primaria 10 prazas

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Segundo a ORDE do 28 de outubro de 2021, que regula a distribución de máscaras entre o alumnado de Ed. Primaria:

- O alumnado que foi beneficiario da axuda para adquirir material escolar, é beneficiario DIRECTO, polo que NON DEBE CUBRIR NINGUNHA SOLICITUDE.

- O alumnado que, por diversas circunstancias, non foi beneficiario da axuda para adquirir material escolar, pero que cumpra un dos seguintes requisitos:

            - Renda per cápita igual o inferior a 6000€.

            - Con discapacidade superior ao 65%.

            - Tutelado/a pola Xunta de Galicia.

   DEBE PRESENTAR A SOLICITUDE (Anexo I)

  do 15 ao 27 de novembro (ambos incluídos).

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021

 

 CALENDARIO ELECTORAL

- 27 outubro: Publícase o lugar e a hora na que se realizará o sorteo público para designar os membros da Xunta Electoral:

Será o venres 29 de outubro ás 12:30 na sala de profesorado.

- 29 outubro: Resultado do sorteo dos membros da Xunta Electoral.

- 5 novembro: Reunión de constitución da Xunta Electoral. 

Publícase a acta de constitución.

- 8 novembro: Publícase a convocatoria de eleccións e os censos electorais (que quedan na secretaría do centro á disposición das persoas que desexen consultalos).

- do 8 ao 15 novembro: Período de reclamacións ao censo.

- do 9 ao 16 novembro: Prazo de presentación de candidaturas. As persoas interesadas en presentar candidatura poden conseguir o impreso a cubrir na secretaría do colexio, por medio do seu fillo/a ou descargalo AQUÍ.

- 17 novembro: Reunión Xunta Electoral, proclamación das candidaturas presentadas, sorteo das mesas electorais de nais/pais e apertura do prazo de reclamacións á proclamación das candidaturas. Citacións. Publícase a acta.

 

 

- 18-19 novembro: Reclamacións á proclamación de candidaturas.

- 23 novembro:Votacións para todos os sectores. Horario: de 9:15 a 9:45, de 13:30 a 14:00 e de 15:30 a 17:30
- 30 novembro: Reunión Xunta Electoral e publicación de candidatos electos. Publícase a acta.

 

 

- 10 decembro: Reunión de constitución do novo Consello Escolar. Publícase a composición do novo Consello Escolar.

 

AULA MATINAL NO COLEXIO!

Podedes descargar a folla de inscripción neste arquivo ou solicitala no centro.

COMEZAMOS O CURSO 2021-22

Distribuir contido