try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Circulares

CONCURSO POSTAIS NAVIDEÑAS. CONCELLO DE TUI

O Concello de Tui organiza un Concurso de Postais de Nadal. 

Para participar deben ler as seguintes bases.

ACCEDER Á INFORMACIÓN SOBRE O CONCURSO. 

ACCEDER ÁS BASES REGULADORAS.

AVISO IMPORTANTE (17-11-20) CRITERIOS E DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS

A Xunta vén de publicar a ORDE do 6 de novembro pola que se regulan os criterios e distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria.

Todo o alumnado que recibiu as axudas de material escolar da Consellería de Educación no presente curso beneficiarase do reparto de máscaras de forma directa, sen ter que solicitalo.

O alumnado non beneficiario das axudas de material escolar tamén poderá solicitalas sempre que cumpra un dos seguintes requisitos:

- Familias cunha renda per capita igual ou inferior a 6000€ (no exercicio fiscal 2018).

- Alumnado cunha discapacidade igual ou superior a 65%.

IMPORTANTE: 

- Débese cubrir o ANEXO I e o ANEXO II  e presentar o Libro de Familia.

- Estes impresos deben entregarse no centro de forma PRESENCIAL.

- O prazo de presentación é do 16 ao 27 de novembro.

 

PECHE PERIMETRAL DO CONCELLO DE TUI

AVISO URXENTE

   A partires do venres, día 6 de novembro, producirase o peche perimetral do Concello de Tui.   

   As familias dos alumnos/as que vivan fóra do concello de TUI DEBEN SOLICITAR AO CENTRO un certificado de matrícula do neno/a, que lles servirá de xustificante (en caso de que as autoridades competentes llo requiran) á hora de desprazarse ao colexio. 

   TEÑEN TODO O DÍA DE MAÑÁ, XOVES 5 DE NOVEMBRO, para solicitalo no correo electrónico:

ceip.rebordans@edu.xunta.gal

IMPRESCINDIBLE:

DEBERÁN INDICAR O NOME E OS APELIDOS DO ALUMNO/A. 

 

Atentamente,

A Dirección.

MÁSCARAS: UNHA COR PARA CADA DÍA.

Distribución das máscaras da ANPA.

Unha cor para cada día.

PARA ABRIR O DOCUMENTO PREMA AQUÍ.

CIRCULAR 2- 2020/21. INFORMACIÓN IMPORTANTE DE INICIO DE CURSO

13 de outubro de 2020

PARA ABRIR O DOCUMENTO PREMA AQUÍ.

 

CIRCULAR 1- 2020/2021. NORMAS NAS ENTRADAS E SAÍDAS

23 de setembro de 2020

PARA ABRIR O DOCUMENTO PREMA AQUÍ.

POR FIN XUNTOS! COMEZAMOS O CURSO 2020-2021!

Dámosvos a benvida neste atípico curso que comeza con moitos cambios e novas normas para minimizar riscos e ter controlada a situación dentro do recinto escolar.

Un dos obxectivos principais no noso labor é axudar ao alumnado a tomar conciencia da responsabilidade individual e grupal que debemos ter todos/as nesta circunstancia. Sabemos que contamos coa colaboración da Comunidade Educativa, e queremos agradecer de antemán ás familias o cumprimento estrito das normas, que son a base para unha convivencia con responsabilidade.

Non dubidedes en preguntarnos calquera cuestión que vos inquiete, o Claustro somos coñecedores da intranquilidade que supón separarvos dos vosos fillos/as, e estamos á vosa disposición para proporcionarvos toda a información que precisedes. A seguridade dentro do colexio é unha prioridade para nós.

MOITO ÁNIMO E MOITA SAÚDE!

 

 

 

DATAS DAS REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO

DATA

HORA E GRUPO

 LUNS, 7 SETEMBRO

13:30--- 5º ED. INFANTIL

MARTES, 8 SETEMBRO

11:30--- 5º E 6º  ED. PRIMARIA

12:15--- 1º E 2º ED. PRIMARIA

13:15 ---6º ED. INFATIL

16:00--- 3º ED. PRIMARIA

17:00--- 4º ED. PRIMARIA

 *IMPORTANTE: - Como norma xeral soamente poderá asistir un adulto por alumno/a.

                        - Os adultos non deberán vir acompañados do alumnado.

ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS E SAÍDAS ESCALONADAS

Para acceder ao documento prema AQUÍ ou no documento adxunto.

 

INICIO DAS CLASES. CURSO 2020-2021

          Neste curso, e segundo as Instrucións do 1 de setembro, o

alumnado incorporarase ás clases nos seguintes días:

 

 

Xoves, día 10

Incorporarase o alumnado de:

4º e 5º  de Educación Infantil

1º, 2º e 3º de Educación Primaria

 

Venres, día 11

Incorporarase o alumnado de:

6º e Educación Infantil

4º, 5º e 6º de Educación Primaria

 

 

Distribuir contido