try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Día Mundial da Educación Ambiental

O 26 de xaneiro se celebra o Día Mundial da Educación Ambiental, que ten como obxectivo identificar a problemática ambiental tanto a nivel global como  local, e concienciar da necesidade de conservar e protexer o medio natural.

Na práctica, a educación ambiental é un proceso participativo, que busca espertar na poboación unha conciencia que lle permita identificarse coa problemática ambiental .

Non hai que esquecer que a educación ambiental máis aló de estar só na esfera gobernamental, parte desde as pequenas accións que podemos realizar a diario nos noso fogares, e do que podamos ensinar aos máis pequenos tendo en conta que só temos un planeta, e que si non o coidamos quizá non haxa un futuro para as próximas xeracións.