try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

EACE

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

De novo, no CEIP de Rebordáns celebramos esta data internacional , o Día da Muller. Para conmemorala levamos a cabo distintas actividades:

- Estreamos o noso "Paseo da fama" coas nosas mulleres máis importantes.
- Fixemos un mural con referencia ás nosas nais.
- Creamos distintas manualidades relacionadas coa temática.

E para finalizar, Tepo e Tepa presentáronnos no espazo de lectura do corredor, unha interesante exposición de libros, que nos axudan a entender e disfrutar que é iso da igualdade.


 Si queredes ver isto e moito máis, premede na foto para ver o vídeo:

SEMANA DA PRENSA

Foi o luns, 6 de marzo, cando os axudantes da biblioteca de 5º e 6º de primaria, puxéronse mans á obra.

Xa que atopábamonos na Semana da Prensa, decidiron montar o quiosco da Tepoteca.

E aquí tedes o resultado!

Tepo e Tepa están moi emocionados coa acollida. Os nenos e nenas do cole de Rebordáns achegáronse a gozar dos xornais e revistas.

Logo decidiron crear, xunto coas súas familias, novas noticias locas que tamén emitiron na Reborradio.

 

OBRADOIRO DE XADREZ

 O xadrez é unha disciplina que activa o pensamento matemático, a lóxica, a anticipación, a percepción espacial, a concentración e a memoria entre outras cousas. De novo, un ano máis tivemos o pracer de contar con Brais e o Clube de Xadrez de Mos. Ao longo dun mes fixo que os nenos e nenas lembrasen o aprendido o ano anterior, aprendesen novas xogadas e estratexias, disfrutasen e agardasen con ansia a seguinte sesión. Mil grazas Brais. Vémonos o vindeiro ano.

SAÍDA AO CINE

E nesta semana tan de "ponte", nada mellor que acabar a semana cunha saída ao cine en Vigo. Atentos á cartelera!

P.D Mochila pequena con mascarilla, bocata e auga. Dos flocos de millo encargámonos nós.

 

25 N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado 25 de novembro, conmemoramos o Día internacional contra a violencia ás mulleres con diferentes actividades, nas que participamos todas e todos con moita ilusión e convencemento. Para ver unha mostra do que fixemos, pinchade na foto para ver esta montaxe feita polo equipo de Extraescolares:

EDUCAMOS NA IGUALDADE - 25 N

Familias!

Dende a Tepoteca, neste 25 de novembro, día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, queremos recomendarvos algúns dos seguintes títulos. 

Premede na imaxe para ver.

Gozade da montaxe realizada polo equipo de actividades complementarias e extraescolares.

Poderedes ver as fotografías do noso alumnado que pretenden sensibilizar sobre a eliminación da violencia sobre as mulleres a toda a comunidade educativa do CEIP de Rebordáns.

Distribuir contido