try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Retos

Viaxamos!

Chegannos os primeiros murais con destinos moi interesante! Botádelle unha ollada e xa sabedes...a viaxar, polo momento, dende casa!

1º destino... Romanía!

Lucía elexiu Romanía porque llo recomendou unha amiga. Cóntanos que a comida típica é o "sarmalute"  (carne de vacuno con arroz envolto en repolo), a "sopa de tripas", a "ensalada de fiambres", o "telemea"(similar ao queixo feta) e o "cozonac" (unha masa doce con noces). Ademáis achéganos a lenda do "Lago Bâlea" e lugares de interese como o "Castelo de Peles". Sen dúbida un destino moi interesante.

De Romanía a... Madrid!

 Hugo e Carmen elixiron Madrid, a capital de España, como destino. Sobre Madrid cóntannos que o prato típico, por excelencia é o "cocido madrileño", aínda que teñen outro pratos coma os "callos á madrileña", os ovos estrelados ou o "bocadillo de calamares" (espectacular). Entre os lugares de interese da capital destacan: "O museo do Prado", "o parque do Retiro", a "Praza Maior" ou o "Palacio Real de Madrid". E os lugares que non se queren perder son: o estadio do Real Madrid "Santiago Bernabeu", o "Zoo de Madrid" e o "Parque Warner". A diversión en familia téñena asegurada!

E seguimos na capital coa información recopilada por Paula, de sexto de educación primaria.

Da capital de España marchamos cara Francia, en concreto a París, da man de Sheila e Simón:

 

De París a Italia! Neste caso con Daniella de guía.

E dende Italia, ca profe Luisa pomos rumbo a Xapón!

De Xapón a... Corea da man de Cloe!

Cloe déixanos ca súa irmá Alani, que nos leva ata Honolulu!

De Honolulu ata China! A Pedro e a Iago encántalles a peli de Mulán e por iso elexiron este destino, ademáis gústalles comer arroz e practicar cos palillos, e como non... os dragóns! A Muralla China tamén lles gusta, e aínda que xa estiveron nela non a recordan, pois todavía estaban na barriga da súa mamá. 

Cambiamos de guías, é o turno de Antía e Lucas que nos levan ata Australia!! Recabaron moitísima información moi interesante. Un país, sen dúbida, espectacular.

 

De Australia á preciosa Suiza con Nerea.

 

De Suiza marchamos rumbo a Islandia, abrigádevos que de seguro nos fará falta. De guía, Irene.

De Islandia saltamos o charco ata Perú con Iria.

Seguimos no outro lado do charco, facemos parada en Orlando, con Antón.

De Orlando ata Miami, aquí tedes a súper investigación que fixo Jairo.

E de Miami ata Hawai!

Voltamos ao noso país. Comezamos con Basilio, que nos leva ata a cidade condal: Barcelona!

Dende Barcelona Irene acompáñanos ata Tenerife.

De Tenerife a Fuerteventura con Ana e Alba.

Das illas voltamos á península e facémolo parando no gran Parque da Natureza, Cabárceno! Xián explícanolo con todo detalle:

E de Cabárceno voltamos a Galicia, cunha parada con Carla na Coruña.

Gran traballo xentiña! 

 

Reto 7!

Bo día familia, achégase o final de curso e polo tanto as vacacións de verán. Por este motivo, e dada a situación que seguimos vivindo, propómosvos un novo reto no cal vos invitamos a soñar. Non se sabe se poderemos ir moi lonxe pero... sempre podemos soñar con ir a ese lugar.

Invitámosvos a empregar "Google Earth" como ferramenta de viaxe e... se sodes indecisos ou todavía non o tedes claro facede click no dado que vos aparece a esquerda (en google earth) e deixádevos sorprender.

¿Aceptades o reto?  O gañador poida que sexa agasallado cunha viaxe...Inocente Non perdas a oportunidade!Risa

P.D.: Xa estamos a argallar no reto final.

 

Murais reto 6

Bo día familia!

Comezan a chegar os primeiros murais para Tepo e Tepa.

Animádevos a participar.

 

 

 

 

 

Rebor-reto 6!

Outro máis superado! agora...a polo seguinte!

Nesta ocasión a proposta é elaborar un mural, deste modo axudaremos a Tepo e Tepa coas normas e consellos que deben ter en conta á hora de saír á rúa.

Animádevos a participar!

Recomendacións reto 5

Bo día familias, aquí tendes algunhas das recomendacións que nos van chegando.

A medida que cheguen máis irémolas subindo, lembrade que tendes que enviar unha foto do libro e a recomendación, escrita ou en audio. 

 "A galiña azul" - Marta e Lucas din ..."nos gusta o seu escritor xa que os contos que relata son historias da nosa terra"

Hugo engade...

Sobre "A vaca que dixo mua" Carmen di...

Acerca de "Longa noite de pedra" a profe Elisa opina...
 
De "Memorias dun neno labrego" a profe Debo di...
 
Sobre "Lista de espera" Sheila opina...
 
De "Lobo grande" Pablo di...
 
De "Os bolechas doan sangue" Basilio dinos que...
 
 
 
 
De "Mosca chosca" Antón opina...
 
Sobre "Uxía Rosalía pequeniña" a profe Margot cóntanos que...
 
 De "Augusta e os seus medos" Iria dinos que...
 
Xiana, cóntanos sobre "A cousa que máis doe do mundo" que...
 
 
 
"Bruxa e familia" - Lía
De "A raíña de Turnedó" Ana dí que "é precioso".
Sobre "Os Bolechas van en caravana" Roque di que "me encantan"
De "Os Bolechas - O rato Pérez" Leyre recoméndao porque "me divierto mucho con ellos"
Nerea recomenda... "Os Bolechas coidamos a escola, coidamos o planeta"
 
Pedro elexiu "Corre cabaciña corre" que é "adaptación dun conto portugués e ademáis de contalo tamén o cantou".
Iago elexiu "Camiños" porque é "un libro disco precioso con cancións chulísimas e pequenos relatos de escritores galegos".
 
 
 
 
 
 Sobre "As pitas baixo a choiva" Carla opina...
 
 
 
  
Seguide enviando as vosas recomendacións!

Máis que chefs (Reto 4)

Aquí tedes o resultado do reto 4. Queda demostrado e patentado que somos grandes cociñeiras e cociñeiros. 

Telebicos!

A polo seguinte reto!

Álbum: Curso 2019-2020 -> Reto 4 - Chefs

Novo reto!!

Ola familias!!!

Unha semana maís achegámosvos o novo reto. A pesares de que se pospuxo a celebración das letras galegas ao mes de outrubro, nós adicamos este reto ás letras galegas!

Envía a foto do libro xunto a explicación da túa elección. A explicación pode ser escrita ou en audio.

E recorda, en GALEGO!

Rebor-reto 4!!!

Boas familias!!!

Co reto anterior máis que superado, achegámosvos un novo reto, neste caso imos experimentar na cociña, plasmade a vosa creatividade nos pratos. 

P.D.: ollo as cores dos diferentes cursos.

Envía foto da deliciosa creación.

Reto 3

Outro máis, e este xa é o terceiro reto superado!

Noraboa artistas!

Preme na imaxe e desfruta das diferentes creacións.

Álbum: Curso 2019-2020 -> Rebor-reto 3

Rebor-reto 3!!

Superado o 2º Rebor-reto... ahí vai o terceiro!!

Nesta ocasión teredes que sacar o artista que levades dentro e, debuxar, pintar, facer unha maqueta... todo o que se vos ocurra! A imaxinación non ten límites e nós non somos quen de marcalos. Así é que... inspírate e déixate levar. 

Como ás veces a inspiración non ven facendo "chss", podedes empregar as poesías do reto anterior como fonte de inspiración. E, por exemplo, facer un debuxo mentres escoitades o poema de Rosalía de Castro, ou pintar unha mandala ou, para os máis atrevidos, facer unha maqueta en relación ao que di o poema.

Non hai límites, déixate levar, e saca o/a artista que levas dentro!

Ao lío!

Envía foto do resultado, co nome da creación ;)

#quedanacasa

Distribuir contido