try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

PLANTAS MEDICINAIS PARA OS PEREGRINOS/AS.

  Onte fomos á Oficina de Turismo de Tui para entregar os sobres con plantas medicinais que preparamos para os peregrinos/as que visitan a nosa vila. Alí, explicámoslle a nosa iniciativa ao alcalde e o concelleiro de Turismo, que nos agradeceron a nosa achega.

Todo partiu do proxecto de Horto Escolar deste curso: Plantamos diversas herbas aromáticas e medicinais, regámolas, coidámolas con agarimo e... unha vez recollidas, ocurriusenos clasificalas en sobres para ofrecerllas aos peregrinos/as, desta maneira sentímonos parte activa do concello ao que pertencemos.

Nos sobres explicamos as propiedades curativas de cada herba, así coma o obxectivo desta actividade. Escribímolo en galego, castelán e inglés para que a nosa mensaxe chegara a todos.

 

 

Ata setembro!

Podcast Reboradio

CURSOS GRATUÍTOS NA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE TUI. ÚLTIMA SEMANA DE XUÑO

Máis información e matrícula en:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/481

ou chamando ao: 986 60 44 04 ou 687249957

XII TUI LE

O pasado venres, 14 de maio, uníronse unha vez máis os centros educativos de Tui e a Biblioteca Municipal para celebrar unha cita moi importante da nosa vila coa lectura: o TUI LE. Neste ano, ao igual que no 2020, debido ás restricións debidas ao COVID, realizouse unha proposta non presencial.

O alumnado das EEI, CEIP e IES recitaron e ilustraron poemas de Antonio García Teijeiro, recoñecido poeta galego, o cal tamén adicou fermosas palabras aos/ás estudantes.

Achegamos aquí dito video e tamén o traballo realizado polo CEIP de Rebordáns, xunto co CRA Mestra Clara Torres e o CEIP de Pazos de Reis. Pode visualizarse o traballo completo de todos os centros no facebook do Concello de Tui.

 

 

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2021-2022

Informámoslles de que tódalas solicitudes presentadas están admitidas. A listaxe do novo alumnado está publicado na cortiza da entrada principal ao centro.

Seguimos a ter prazas para as solicitudes que se presenten fóra de prazo.

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO.

Feliz Día do Libro!

Neste día tan especial, Tepo enviounos pola radio unha mensaxe misteriosa sobre unha sorpresa, baixamos por grupos á biblioteca e Tepo e Tepa agasalláronnos cunha morea de libros, fixemos as nosas recomendaci´´ons lectoras, houbo contacontos...

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS. ALUMNADO 6º ED. INFANTIL.DÍA DO LIBRO.

As nenas e os nenos de 6º de Ed. Infantil recomendan polo Día do Libro os seus libros favoritos para pasar un bo rato! Grazas!

DÍA DE ROSALÍA 2021

O pasado 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro. Unímonos á actividade proposta pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, así que, tras visualizar o vídeo do grupo "The Lelli Kelly´s" (no que lle poñen música a parte da poesía de RosalÍa de Castro " Vente rapasa"), convertimos as aulas en galiñeiros, e claro... as galiñas e os galos bailaron e cacarexaron coma nunca!

Por mil primaveras máis, Rosalía!

 

 

ANIMÁDEVOS FAMILIAS!

Distribuir contido