try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Normalización Lingüística

Normalización Lingúistica

PROGRAMA SAMAÍN 2022

ENTROIDO 2022!

Aquí están os mandatos de Tepo!

Este ano relacionados co proxecto ESCULTUIRÍZATE!

E lembrade... o venres, DISFRACE LIBRE!

Evitaremos caretas, maquillaxes e antifaces, para facilitar o uso da mascarilla.

 

  

 

 

DÍA DE ROSALÍA 2021

O pasado 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro. Unímonos á actividade proposta pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, así que, tras visualizar o vídeo do grupo "The Lelli Kelly´s" (no que lle poñen música a parte da poesía de RosalÍa de Castro " Vente rapasa"), convertimos as aulas en galiñeiros, e claro... as galiñas e os galos bailaron e cacarexaron coma nunca!

Por mil primaveras máis, Rosalía!

 

 

SAMAÍN 2020

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN 2020

PARA ACCEDER AO DOCUMENTO PREMA AQUÍ.

O TEU XACOBEO

     O pasado mes de novembro representamos á vila de Tui no proxecto "O TEU XACOBEO". A Asociación de Amigos do Camiño Portugués organizou unha serie de actividades que o alumnado de 4º e 5º de E.P. disfrutou motísimo:

     En primeiro lugar asistimos a unha charla sobre o Camiño Portugués da man de Tino, que, co seu inseparable sombreiro, mostrounos paraxes, arquitectura, lendas e un sinfín de cousas máis relacionadas co Camiño. Ata vestiu a Aitana de pelegrina!

4-8 novembro. SEMANA DA TRADICIÓN ORAL 2019

      Co gallo da Semana da Tradición Oral, o pasado 6 de novembro invitamos a avós e avoas a vir pasar con nós un ratiño. Contáronnos cousas do máis interesante: a que xogos xogaban de cativos, que costumes tiñan, como era o día a día nas súas casas... incluso como facían para desenvolverse sen empregar a cantidade de plásticos aos que estamos acostumados hoxe en día. Foi un día moi especial e ao final, entregámoslles un diploma a cada avó/a para que nos lembren con tanto cariño coma nós a eles. Grazas pola visita!

                               

                                                    

8 novembro. MAGOSTO 2019

     O pasado día 8 de novembro celebramos o Magosto. Pasámolo de medo e comimos unha morea de castañas. Tamén fixemos unha xincana moi divertida no pavillón. Moitas grazas á directiva da ANPA, que trouxo e asou a castañas. Mmmmm... que ricas!

  

Samaín

Xa chega o Samaín, aquí vos deixamos un avance da exposición que temos polos corredores do cole. Grazas pola vosa colaboración!

Non dubidedes en vir a vela!

Aproveitamos para recordarvos que o xoves, día do ensino, non hai clases. Vémonos o luns 4!

Distribuir contido