Skip to Content

REBORRADIO 

 

Samaín

LECTURAS ÁS ESCURAS

Un ano máis o espírito de Samaín chegou ao cole de Rebordáns.

E as lecturas ás escuras non podían faltar...

Premede na imaxe para ver o vídeo.

PROGRAMA SAMAÍN 2022

FIGURAS TERRORÍFICAS

O alumnado e as súas familias puxéronse máns á obra e realizaron a súa primeira creación do proxecto, unha figura terrórifica con material libre.

Aquí tedes o resultado, menudos artistas temos no cole de Rebordáns!

 Familias, grazas pola vosa implicación!

 

 

SAMAÍN 2021

No noso cole pasamos un Samaín terroríficamente divertido.

Tivemos exposións, obradoiros de máscaras, disfraces, merendas monstruosas, creación de figuras horripilantes… e non podían faltar as nosas lecturas ás escuras.

 O alumnado trouxo a súa lanterna e… os libros gañan misterio. Para moitos, a mellor Hora de Ler do curso!

  

  

 

E as máscaras terroríficas! Moi efectivas non serán... Pero chulas quedaron un rato!

Pasárono de medo!

  

QUE SE ESTÁ A ARGALLAR?

Bruxas, meigas, pantasmas, esqueletos, cabazas… inundan o noso cole.

 Non perdades detalle, Tepo e Tepa organizaron un Samaín para poder pasalo de medo!

 Pero… que se está a argallar neste Samaín?

SEMANA DO SAMAÍN

  Do día 27 ao 31 de outubro celebramos a Semana do Samaín, en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística e  de Radio, realizando as seguintes actividades:

  • Audición da "Danza Macabra" de Saint Saëns nas entradas e saídas.
  • Exposición de libros terroríficos baixo o título: "Bruxas,monstros,pantasmas...na Biblioteca".
  • Ornamentación e exposición de cabazas realizadas en colaboración coas familias.
  • Elaboración de relatos de medo.
  • Creación de personaxes monstrosos coa súa descrición.
  • Proxección dos curtos de Disney titulados: "Danza macabra", "La casa encantada" e "El club de los villanos".
  •  Dramatización do conto "A bruxa enrabechada".
  • Por último, entrega dos premios ás cabazas máis votadas polo alumnado así como diplomas a todos os participantes. 

      Se queredes mergullarvos neste mundo de conxuros, feitizos, magos, vampiros, monstros e demais personaxes terroríficos, no apartado de "Recomendámosche" tedes unha relación de libros clasificados por ciclos, que vos fará disfrutar de medo.

 

Nenos e nenas de 4º e 6º dramatizando "A BRUXA ENRABECHADA"

  Alumnado e profesorado na proxección dos curtos de "DISNEY"

 

 
 
 
 
Personaxes terroríficos e a súa descrición.
  
 
 
Mostra de cabazas realizadas polas familias de Infantil e 1º Ciclo.
 
   
Entrada da nosa biblioteca. 
  
 
 
 Cartel realizado polo alumnado de 4º de Primaria.
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut