try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

INFORMACIÓN DA AULA MATINAL 2022-23

CURSO DE FORMACIÓN PARA AS FAMILIAS- ABALAR E E-DIXGAL

Ola familias! Este ano comezamos con tantas ganas de ensinar que tamén vos propoñemos unha tarde de formación para vós. Será unha sesión moi sinxela, sobre o manexo de Abalar e para os de 5º e 6º unhas pinceladas do E-dixgal, para que podades botar unha man na casa aos vosos fill@s. Non vos asustedes, non fai falla saber nada de informática, só ter ganas de aprender e pasar un anaco con nós. E para os que tedes que conciliar, non vos preocupedes, haberá un servizo de atención no cole para os nenos e nenas. 

Lembrade anotarvos no whatsapp do cole:698120381

MATERIAL ESCOLAR DO ALUMNADO DE 5º E 6º EP. CURSO 2022-23

INICIO CURSO 2022-2023

                   

LISTAXES DE LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2022-23

Premer  AQUI PARA ACCEDER Á LISTAXE DE LIBROS 22-23

Premer  AQUÍ PARA ACCEDER Á LISTAXE DE MATERIAL 22-23

A listaxe de material de 5º EP e 6º EP proporcionarase no mes de setembro.

 

MÁIS LETRAS GALEGAS, DA MAN DAS TANXUGUEIRAS.

A derradeira actividade que levamos a cabo na Semana das Letras Galegas foi unha actividade colaborativa na que participou todo o alumnado do centro escolar. Despois de tantas restriccións...que ganiñas tiñamos de celebrar todos xuntos!

E para mostra...esta fantástica coreografía que preparou con moito agarimo e dedicación, dende o departamento de música. Eles e elas disfrutaron moito. Agora tócavos a vós.

RECITAL POÉTICO LETRAS GALEGAS 2022

O noso alumnado deu mostra da súa competencia lingüística e comunicativa a través do recitado en público dalgúns poemas da nosa literatura galega. Non perdades o vídeo que ven a continuación:

FONDOLIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS. CURSO 2022/23

Aberto o prazo para solicitar o FONDOLIBROS e as axudas para adquirir libros e material escolar.

O PRAZO REMATA O DÍA 22 DE XUÑO.

Para máis información clicar nos seguintes arquivos:

FONDOLIBROS FAMILIAS

ORDE FONDOLIBROS 22-23

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2022

Celebramos a Semana Cultural das Letras Galegas!

Teatro: A que sabe a Lúa?, a cargo de Margarita e Vanesa, dúas nais da anpa.

Exposición da biografía de Florencio Manuel Delgado Gurriarán polo alumnado de 6º.

Recital poético.

Charla didáctica e actuación de Pancho Álvarez.

Coreografía de Terra, Tanxugueiras.

Participación no Correlingua dos cursos de 1º, 2º e 5º de primaria.

Libro de lapelas.

 

 

PAULA CARBALLEIRA: CONTAR PARA O SÉCULO XXI

Ola, familias!

Enmarcado no programa Lectura e Familias o martes 10 de maio ás 16:30 horas recibimos na nosa biblioteca a Paula Carballeira.

Paula Carballeira é licenciada en Filoloxía Hispánica e dedícase profesionalmente ao teatro e a narración oral.

Vainos ofrecer o obradoiro "Contar para o século XXI" e mostraranos estratexias para que contar contos sexa unha actividade en familia do máis pracentera.

Non podedes faltar!

 

 

Distribuir contido