try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

Calendario 2014

"A escola dos nosos avós" é o título do  calendario que publicou o EDLG xunto coa biblioteca do Ceip Rebordáns. As fotografías corresponden a estudante de fotografía, María Correa Iglesias, ex alumna do noso centro.

Clicar, visualizar e descargar o calendario.

 

A escola dos nosos avós

Exposición " A escola dos nosos avós" on PhotoPeach

10 de decembro, Día dos dereitos humáns

Esta data lembra a data na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humáns para ter en conta a grupos con ameazas específicas: os pobos indíxenas,as minorías, os nenos e as mulleres.

 

 

 

 

Morre Nelson Mandela, un gran amigo da humanidade

Nelson Mandela faleceu este xoves pola noite aos 95 anos na súa vivenda de Johannesburgo despois dunha vida adicada á defensa dos dereitos civís e políticos de Sudáfrica.

 

 

23 de novembro: Día dos Bosques Autóctonos

O día dos Bosques Autóctonos xorde como unha iniciativa de diversas ONGs españolas e vénse celebrando desde fai máis de 10 anos. Esta iniciativa persegue, entre outros moitos obxectivos, potenciar a recuperación dos nosos bosques e evitar a súa desaparición, facer ver a importancia das especies autóctonas nos nosos bosques, suscitar a necesidade de recuperar espazos degradados da nosa península, incrementar a educación ambiental, e desvelar a problemática da propagación de especies alóctonas (non propias da Penísula Ibérica).

Rematada a campaña: Un alimento, un libro

Rematada a campaña " Un alimento, un libro " que a biblioteca escolar do noso centro organizou xunto coa Asociación SOS Baixo Miño.

Nesta campaña solidaria no noso centro se recolleron 203 unidades de productos variados dun total de 1.434,5 en todos os centros escolares de Tui.

 

 

Miguelanxo Prado: Premio Nacional do Cómic 2013

                     O galego Miguelanxo Prado, gañador do premio nacional do cómic 2103.

                                                                      Miguelanxo Prado, recibe o premio polo seu libro Ardalén.

 

 

Distribuir contido