
O martes, 7 de marzo, organizouse unha xornada informativa para as familias sobre “ Os riscos en internet e nas redes sociais”, a cargo dun membro da Garda Civil.
As familias teñen que saber os riscos e problemas que os seus fillos poden atopar na rede, porque as novas tecnoloxías poden ser fonte de perigos para os menores, si non se está ben informado: ciberacoso, grooming, sexting, tecnoadicciones, suplantación de identidade, privacidade, etc.
A seguridade e o uso responsable de Internet e as redes sociais por parte dos menores debe ser, unha prioridade para as familias e educadores.