try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Charla para as familias

O martes, 7 de marzo, organizouse unha xornada informativa para as familias sobre “ Os riscos en internet e nas redes sociais”, a cargo dun membro da Garda Civil.

As familias teñen que saber os riscos e problemas que os seus fillos poden atopar na rede,  porque as novas tecnoloxías poden ser fonte de perigos para os menores, si non se está ben informado: ciberacoso, grooming, sexting, tecnoadicciones, suplantación de identidade, privacidade, etc.

A seguridade e o uso responsable de Internet e as redes sociais por parte dos menores debe ser, unha prioridade para as familias e educadores.