try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Novas medidas COVID-19

Bo día familas, 

En primeiro lugar, o Equipo Directivo do CEIP de Rebordáns prega calma e tranquilidade xa que está a ser moi complicado dar indicacións firmes e oficiais á Comunidade Educativa. As informacións da Consellería estannos a chegar despois do anunciado nos medios de comunicación e con directrices provisionais, polo tanto son susceptibles de modificarse segundo avanzan as horas en función das indicacións das nosas instancias superiores. Agradecemos a vosa comprensión e  colaboración que sempre amosades.

 

Tal e como marcan as medidas a tomar indicadas polo Goberno Central e a espensas de novas directrices por parte da Xunta de Galicia, os/as mestres/as manteranse en contacto coas familias.  A información farase chegar a través da páxina web do centro, así como por Abalar. As dúbidas que vos poidan xurdir aclararanse únicamente por vía telefónica (10:00 - 13:00) e por correo electrónico.

 

O Equipo Docente, así mesmo,  quere salientar as seguintes orientacións:

 

É importante que lle expliquedes ao alumnado que esta situación non corresponde a un período vacacional por iso pregamos que, na medida do posible, tentedes manter hábitos e rutinas propias do período escolar:

1. Erguerse e deitarse no horario habitual.

2. Establecer un horario de traballo para desenvolver as actividades propostas seguindo as indicacións do profesorado. Preferentemente de mañá.

3. Realizar un breve descanso entre tarefas onde o neno/a poida moverse libremente.

4. Horarios estables nos hábitos diarios: comidas, tempo de lecer…

5. Limitar e controlar o uso e contidos  de pantallas e buscar alternativas a estas coma xogos de mesa, manualidades, cociña, escoitar música, facer contos, ler…

6. Pódense establecer rutinas de axuda nas actividades da casa: poñer a mesa, recoller, regar as plantas, colocar e ordenar a habitación, decorar…

7. Falade coas vosas fillas e fillos con tranquilidade sobre a situación, facendo que expresen as súas inquedanzas e sentimentos.

 

AMPLIACIÓN PERÍODO MATRICULACIÓN

 

Segundo as novas instrucións en relación co COVID-19, amplíase provisionalmente o prazo de presentación, telemática e presencial, de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

 

Aproveitamos para enviarvos un saúdo, así como o noso apoio e agarimo ante tal situación.

 

#quedanacasa

 

Día de homenaxes

A de cousas que nos pasaron o venres no cole!!

Fixemos unha homenaxe a Rosalía de Castro, pois o pasado 24 de febreiro celebrouse o seu aniversario. Entre todos recitamos unha das súas obras.

Ademáis Tepo tiña unha gran nova, co gallo do día da muller, sorprendeunos ca presentación da súa irmá: Tepa!

E, finalmente, os diferentes cursos deron a coñecer as mulleres que van investigar no club de letras.

Foi un día cargado de novas!

Co motivo da conmemoración do 8 de marzo facilitámosvos o enlace á declaración institucional da Xunta de Galicia: Día Internacional da Muller.

"Chanzo a chanzo ata a igualdade"

Visita de Gloria Sánchez

O outro día recibimos a visita da escritora Gloria Sánchez, autora de “A vaca dixo mua”. Gloria Sánchez contounos cousas moi interesantes : como era a súa escola cando ela era pequena, por que se fixo escritora ou como naceu o libro “A vaca dixo mua”. Estivo moi amable e ata firmou os nosos exemplares desta historia.

Grazas Gloria por compartir un anaco do teu tempo connosco!!!

 

Admisión alumnado

PERÍODO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021

PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA: DO 1 AO 20 DE MARZO
  • NO CENTRO: DO 1 AO 23 DE MARZO

PRAZAS VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO

2020-2021

 

 

A.N.E.A.E.

(Alumnado con discapacidade)

4º E.I.

22

3

5º E.I.

16

 

6º E.I.

11

 

1º E.P.

11

2

2º E.P.

10

 

3º E.P.

10

 

4º E.P.

11

 

5º E.P.

9

 

6º E.P.

6

 

Entroido!!

ENTROIDO EN REBORDÁNS

Benvida xentiña ao noso ENTROIDO 2020!

Este ano convidamos a baleas, tiburóns, medusas, polbos e outros animais mariños en perigo de extinción, para que nos acompañasen nesta festa!

Todos foron feitos con material de refugallo, para lembrarnos, unha vez máis, que temos que coidar os nosos mares.

Tepo abriu o desfile, que foi presentado por nen@s de todos os cursos, e deunos a benvida cunha chea de parabéns para as familias, polo traballo fabuloso na elaboración dos disfraces e dos postres de entroido que degustamos ao remate, xunto coa chocolatada, agasallo da ANPA.

GRAZAS pola vosa colaboración. Así da gusto celebrar!!

Aquí deixámosvos unha mostra do acontecido o pasado venres, 21 de febrero!

E...se queredes ver todas as fotos, fai click!

UNHA GRAN MELLORA

Xa está rematada a tan esperada praza de aparcamento para persoas con discapacidade. É unha gran nova para o nós, xa que todo o que signifique facilitarlle o acceso ao centro ás persoas que así o precisen é motivo para sorrir un pouco máis cada mañá, e seguir traballando para mellorar o noso colexio.

Visita dos compoñentes da Banda de Música Municipal de Tui

Non puidemos comezar mellor a semana: Varios compoñentes da Banda Municipal de Tui viñeron visitarnos o luns, día 10 de febreiro. Fixeron varios pases, adaptados ás idades do alumnado e... foi toda unha festa! Presentaron instrumentos coma a trompeta, o trombón, a batería... e incluso Maia de 2º E.P. tocou unha pequena peza coa frauta travesa!
Interpretaron música de diferentes estilos e tamén fixemos unha pequena coreografía.

Grazas pola vosa música!

Podedes ver as fotos facendo click!

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

No CEIP de Rebordáns chegou a Paz en forma de SUPERHEROES e SUPERHEROÍNAS!!

Ao longo de toda a semana estivemos a descubrir cales eran os nosos SUPERPODERES para construir un mundo mellor. Fomos  os protagonistas dun conto que nos animou a poñelos en práctica e a compartilos cos demáis. E para poñer a búsqueda da paz  en práctica, nada mellor que engalanar o día coa creación dun conflicto simulado e buscar a solución entre tod@s.

Noraboa ao alumnado e ao profesorado que aportastes o mellor de vós para a súa resolución!! 

 

Velaquí unha pequena mostra do vivido!!

I Convivencia Científica

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria convertémonos por uns días en científicos e científicas. Cada un de nós preparou un experimento que despois expuxo aos demais compañeiros. Ademáis, sabíamos que no CEE de Panxón teñen un proxecto chamado CienCEE, no cal abordan a ciencia dun xeito máis experimental e, xa que nós estabamos a facer algo semellante pensamos... por que non compartir os experimentos entre os dous centros? Escribímoslle para convidalos e así foi como naceu a I Convivencia Científica!

Onte foi o gran día, resultaron unhas xornadas moi interesantes e entretidas nas que aprendimos un montón. Pero non todo ían ser experimentos! ademáis compartimos teatro, xogos, aprendizaxe, algún petisco... pero sobre todo, e o máis importante, convivimos!

  

Grazas CEE de Panxón por facer este día taaaaan especial!! 

Seguro que repetiremos.

Visita ao centro "San Xerome"

O luns 10 de febrero tivemos unha saída para coñecer o "PROXECTO XEROME".

O alumnado de 6º de E Infantil e 1º de E Primaria, xunto co alumnado do centro San Xerome, participamos en tres obradoiros preparados por eles de: cociña, arte e sala multisensorialNestes obradoiros puxemos a funcionar todos os nosos sentidos xogando coa escuma, as luces de cores, a pintura, as texturas e incluso fixemos a nosa primeira pizza!

collage

Foi unha experiencia moi enriquecedora e divertida para todos/as nós.

GRAZAS XEROME polo voso traballo, ofertando experiencias tan diversas e chulas como as que estades a facer!!

Foto grupo

 

Distribuir contido