try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Comisión de Coordinación Pedagóxica

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

No CEIP de Rebordáns chegou a Paz en forma de SUPERHEROES e SUPERHEROÍNAS!!

Ao longo de toda a semana estivemos a descubrir cales eran os nosos SUPERPODERES para construir un mundo mellor. Fomos  os protagonistas dun conto que nos animou a poñelos en práctica e a compartilos cos demáis. E para poñer a búsqueda da paz  en práctica, nada mellor que engalanar o día coa creación dun conflicto simulado e buscar a solución entre tod@s.

Noraboa ao alumnado e ao profesorado que aportastes o mellor de vós para a súa resolución!! 

 

Velaquí unha pequena mostra do vivido!!

Comisión de Coordinación Pedagóxica

00/00/

A Comisión de Coordinación Pedagóxica é o órgano encargado da toma de  decisións no centro referidas aos aspectos pedagóxicos e didácticos.   

Compoñentes:

                        Dirección do Centro

                        Xefatura de estudos.

                        Profesorado coordinador de ciclo.

                        Responsable orientación do centro.

                        Responsable PT.

                        Responsable EDLG.

Funcións:   

Revisar o Plan  de convivencia.

Revisión periódica da consecución dos obxectivos do PEC.

Reunións e discusión contínua por parte da Comisión de Coordinación Pedagóxica    para posibles variacións ou non destes obxectivos. 

Establecer as directrices xerais para a elaboración e  posible  modificación  de:          

  • Documentos xerais do PEC 
  • Concrecións Curriculares e Programacións didácticas.
  • Desempeñar e asumir as funcións do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.

Reunións:  

Esta comisión reunirase unha vez ao mes .

    

Distribuir contido