Skip to Content

Springweek

O noso centro foi seleccionado para participar na semana de inmersión lingüística (Springweek) que será levada a cabo nos Peares durante o mes de xuño.

Podedes consultar a información no seguinte enlace : Springweek.

A páxina web do centro onde se vai levar a cabo a actividade é a seguinte: https://centropeares.es/springweek/.

MENÚ XUÑO

OBRADOIRO DE CESTERÍA

O alumnado de 5º Educación Primaria levou a cabo un obradoiro de cestería con Julia de la Cal. 

Disfrutarono moito!!!!!!!

 

Aquí tedes un pequeno vídeo da actividade para que vexades o resultado.

 

 

BIBLIOTECA EDUARDO DÍAZ FIDALGO

Hai xa tempo, cando estabamos no confinamento, unha alumna que se chama Carla e que hoxe está en sexto A, contounos aos profes e compañeiros que tiña un familiar chamado Eduardo Díaz Fidalgo, de Loñoá, e que escribira uns libros moi bonitos e interesantes. Logo Carla fixo un traballo sobre el, e puidemos ler as súas historias, que a familia nos cedeu para a biblioteca. Quedamos tan marabillados coa beleza destes libros, que quixemos poñerlle o nome do autor á biblioteca do colexio. O día 19 de maio, e  co gallo das Letras Galegas, fixemos un emotivo acto, tendo a sorte de contar coa presencia dos familiares. Moitas gracias!

Álbum: CURSO 2022-2023 -> BIBLIOTECA EDUARDO DÍAZ FIDALGO

III MUNDIAL BEN CHO SHEY: 2ª XORNADA

III MUNDIAL BEN CHO SHEY: INAUGURACIÓN E RESUMO PARTIDOS 1ª XORNADA

Bo día.

Ao longo deste curso vaise celebrar  o III Mundial Ben Cho Shey . Os equipos están formados por o alumnado de cuarto,quinto e sexto de educación primaria. Os nenos e nenas de terceiro de primaria farán as funcións de árbitros/as e de cámaras, reporteiros/as e periodistas de Bencho-radio . 

O 16 de marzo foi a cerimonia de inauguración e comezou a rodar a competición.

Aquí vos deixo un resumo do desfile inaugural e as mellores xogadas dos primeiros partidos.

A xogarrrr!!!!

 

 

O NOME DA NOSA BIBLIOTECA

O venres día 19 de maio, e no contexto da semana das Letras Galegas, imos chamar a nosa biblioteca  co nome dun escritor de Loñoá, chamado Eduardo Díaz Fidalgo. Ollade esta presentación para coñecer mais a súa obra.

Descubrídeo con nós, xa veredes o que fan os magos da literatura!

DÍA INTERNACIONAL DE HIXIENE DE MANS

Bo día.

O 5 de maio celebrase o Día da hixiene de mans , para movilizar as persoas de todo o mundo para aumentar a adherencia a hixiene das mans nos centros de saúde , protexendo así das infeccións a traballadores da saúde e a pacientes.

No noso centro,  a enfermeira do colexio Isabel Miguel Dougoud en colaboración co persoal sanitario do centro de saúde do Pereiro , representadao por Ana Isabel Parada Folgoso , levamos a cabo o 8 de maio unha actividade de sensibilización co alumnado de Educación Infantil e de 4º de Educación Primaria.

O pasaron xenial e sabemos asearnos mellor!!!!

Álbum: CURSO 2022-2023 -> DÍA INTERNACIONAL DE LIMPEZA DE MANS

OBRADOIRO DE RADIO

O xoves 4 de maio tivemos unha visita moi especial en Bencho -Radio. Damián , de Ponte nas Ondas , veu  explicarnos como emitir un programa en streaming. A rapazada de 5º E.P. o pasou moi ben e ademáis fixeron un programa en streaming.

 

 

Pincha na imaxe para escoitar o programa.

 

MENÚ MAIO

Distribuir contido


by Dr. Radut