Skip to Content

SORTEO DE ENTROIDO

Bo día,

Mañá , durante o desfile de Entroido, vaise sortear unha cesta con produtos para facer un supercocido.

Ollade...

Moita sorte!!!

ORDES DO MECO

Bo día familias,

Comeza o ENTROIDO !!!!!  e para iniciar con forza as actividades deixamos aquí AS ORDES DO MECO e que ninguén se esqueza!!!!!

A disfrutar !!!!

 

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA 2023

MENÚ FEBREIRO

O 23 de febreiro é o DÍA DE ROSALÍA no cole ímolo celebrar degustando no comedor o CALDO DE GLORIA seguindo a receita que Rosalía describe no seu poema “MIÑA CASIÑA MEU LAR”  que acompañamos.

 

Leeremos poemas antes de xantar e desfrutaremos dese caldo entre todos e todas.

VISITA A MENDE

O martes 25 de xaneiro o alumnado de sexto de primaria fixo unha visita ao CPI de Mende. 

Álbum: CURSO 2022-2023 -> VISITA A MENDE

MENÚ XANEIRO

Nadal 2023

Aquí vos deixamos un resumo da festa de Nadal no Bencho. Esperamos que vos gustaran as actuacións, temos uns /unhas artistas na escola!!. Á volta de Nadal subiremos os vídeos .    FELICES FESTAS !!!!

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Nadal 2023

XOGADE : CAMPO A TRAVÉS

Bo día:

O venres 16 de decembro disputouse no Complexo Deportivo Monterrey a fase comarcal de campo a través. Dentro da Asociación Alta Limia do deporte escolar participaron os seguintes colexios: Ceip de Maceda, Ceip de Molgas, Ceip Xunqueira de Ambía, Colexio Miraflores, Ceip de Castro Caldelas, Ceip Ben-Cho-Shey e os institutos de Maceda e Allariz.

A actividade desenvolveuse con moita expectativa e cun ambente moi familiar. 

As categorías foron: benxamín , alevín , infantil e cadete feminino e masculino.

Algúns dos alumnos/as do noso colexio acadaron o podium e incluso gañaron a súa carreira e todos/as foron unhas e uns campións por rematar cadansúas carreiras con moito esforzo.

Un aplauso para todos e todas as participantes.

MENÚ DECEMBRO

25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Distribuir contido


by Dr. Radut