Gallego

G2202026 - Xornadas Olladas no pasado

Summary: 

Ramón Piñeiro e o seu tempo (1915 – 1990)
Gallego

Queres coñecer máis polo miúdo a figura de Ramón Piñeiro e o tempo que lle tocou vivir? Daquela debe interesarche esta actividade formativa que se desenvolverá durante 8 días.

  • Mércores 2 de novembro. Acto de inauguración. Valentín García Gómez. Anos 1920. Ramón Villares.
  • Xoves 3 de novembro. Anos 1930. Emilio Grandío Seoane.
  • Luns 7 de novembro. Anos 1940. Xosé Luís Pastoriza Rozas.
  • Venres 11 de novembro. Anos 1950. José Ramón Rodríguez Lago.
  • Luns 14 de novembro. Anos 1960. Miguel Barros Puente.
  • Martes 15 de novembro. Anos 1970. Daniel Lañero Táboas.
  • Mércores 23 de novembro. Anos 1980. Alba Díaz Geada.
  • Xoves 24 de novembro. Presentación do libro A Galicia do século XX. Justo Beramendi.

Lugar de celebración: Centro Ramón Piñeiro

Horario: de 19:00 a 21:00h

Xornadas Olladas no pasado
Ramón Piñeiro

G2203007 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Teixeira de Pascoaes

Summary: 

O poeta saudosista de Portugal
Gallego

Neste itinerario propoñemos un paseo visitando catro localidades (Amarante, Gatão, Travanca e Serra de Marão) con diversos puntos significativos  que están, dun xeito ou doutro, asociados á vida do escritor falecido hai 70 anos (casa natal e vivencial, escola, ponte sobre o río Támega, Café São Gonçalo, cemiterio...) da vida e da obra deste persoeiro destacado da literatura portuguesa e pioneiro na renovación poética e na instauración do saudosismo.

Coñecer a figura de Teixeira de Pascoaes axudará os participantes a entender os acontecementos políticos, sociais e culturais do século XX, época de cambios significativos na literatura lusa.

Esta actividade realizarse o sábado 10 de decembro e acompañarano Stay to Talk – Instituto de Imersão Cultural.

.

Roteiro polos espazos vitais e literarios de Teixeira de Pascoaes
Teixeira de Pascoaes

G2203006 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Manuel Antonio

Summary: 

O poeta do mar
Gallego

Neste itinerario propoñemos un paseo visitando catro localidades (Santiago de Compostela, Padrón, Asados e Rianxo) con diversos puntos significativos (casa natal e vivencial, cemiterio...) da vida e da obra deste persoeiro senlleiro da literatura galega e pioneiro na renovación poética e na dignificación de Galiza e da súa lingua.

Coñecer a figura de Manuel Antonio axudará os participantes a entender os acontecementos políticos, sociais e culturais do século XX, época de cambios significativos na nosa literatura.

Esta actividade realizarase o sábado 3 de decembro e acompañaranos o especialista en Manuel Antonio, Xosé Luís Axeitos.

Roteiro polos espazos vitais e literarios de Manuel Antonio
Manuel Antonio

S2202024 Formación para persoas coordinadoras E-Dixgal

Summary: 

Formación presencial para persoas coordinadoras de E-Dixgal
Gallego

Curso presencial destinado a todos os coordinadores/as do plan E-Dixgal nos centros educativos de Santiago de Compostela e comarca.

Obxectivos del curso:

1.Formar as persoas coordinadoras sobre cuestións técnicas do proxecto E-Dixgal.

2.Crear un espazo vivo de encontro e co-formación coas persoas coordinadoras E-Dixgal dos centros participantes neste proxecto.

3.Formar ás persoas coordinadoras na xestión de grupos e materias no entorno EVA.

 

Datas:

5, 24 e 26  de outubro.

Horario:

De 17.00 a 21.00 horas.

Duración:

12 horas

Localización:

Aula 1.9 Centro Autonómico de Formación e Innovación (Santiago de Compostela)

Sesiones de la formación y fechas:

  • Sesión 1: presencial Aula 1.9 CAFI. Coordinación E-Dixgal. Aula E-Dixgal. Infraestrutura tecnolóxica E-Dixgal. Mantemento dos equipos. Aspectos xerais de E-Dixgal.
  • Sesión 2: presencial Aula 1.9 CAFI. Libros dixitais: os contidos dixitais en E-Dixgal (Aula Planeta, SmartClassroom, Edebé On Plus, Pearson)
  • Sesión 3: presencial Aula 1.9 CAFI. Funcionalidades no EVA: Modo edición, recursos, creación de tarefas, actividades H5P, avaliación, etc.

Relatores:

Jesús Corredoira López

Gadea del Rocío González Iglesias

Más información en FProfe co código da actividade.

S2202024 Formación para persoas coordinadoras E-Dixgal
S2202024 Formación para persoas coordinadoras E-Dixgal

G2214002 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Miguel de Unamuno en Salamanca

Summary: 

Tras os pasos de Unamuno.
Gallego

Dicía Miguel de Unamuno de Salamanca:

Del corazón en las honduras guardo
tu alma robusta; cuando yo me muera
guarda, dorada Salamanca mía,
tú mi recuerdo.
Y cuando el sol al acostarse encienda
el oro secular que te recama,
con tu lenguaje, de lo eterno heraldo,
di tú que he sido.

O escritor naceu e pasou os seus primeiros anos en Bilbao, pero Salamanca foi a cidade donde viviu a maior parte da súa vida e onde desenvolveu unha intensa actividade docente, intelectual e política. Miguel de Unamuno foi unha das personalidades máis destacadas da literatura española do século XX, un pensador auténtico, poeta, dramaturgo, novelista, filósofo e ensaísta. Son moitos os espazos vinculados á súa figura que hoxe se poden visitar na cidade: a casa na que viviu, a Universidade na que foi reitor, os lugares que frecuentaba... Estes mesmos lugares son os escenarios nos que o director Alejandro Amenábar rodou a película Mientres dure la guerra, unha obra de ficción baseada en feitos reais, froito dun rigoroso labor de documentación. 

Da man de Francisco Blanco Prieto o vindeiro 22 de outubro percorreremos os lugares máis relevantes cos que seguir a pegada de Unamuno en Salamanca:

  1. Medallón de Miguel de Unamuno, na Praza Maior
  2. Unamuno no Concello de Salamanca.
  3. Na súa casa de Bordadores.
  4. Fronte á escultura de Unamuno.
  5. Universidade de Salamanca.
  6. Paraninfo da Universidade de Salamanca.
  7. Casa Museo Unamuno: residencia do reitor.
  8. Rúa Calderón de la Barca.
  9. Facultade de Letras.
  10. Convento de San Esteban.
G2214002  Roteiro polos espazos vitais e literarios de Miguel de Unamuno en Salamanca
Roteiro unamuniano.

G2203002 - Il gioco delle lingue

Summary: 

Curso de italiano.
Gallego

Mediante esta actividade ofertada para o profesorado de italiano pretendemos proporcionar estratexias e recursos para desenvolver dramatizacións na aula, fomentar a aprendizaxe activa das linguas poñendo o foco na competencia comunicativa e favorecer a comunicación a través da conversa, da dramatización, da música e da reflexión en equipo todo en italiano. 

Para isto traballaremos estratexias e recursos dramáticos que promovan a competencia comunicativa, os xogos dramáticos aplicados ao ensino de linguas (comunicación non verbal, role play e improvisación), a oralidade a través da dramatización dos contos e o traballo grupal e individual para fomentar a cooperación, a creatividade, a escoita, a observación e a espontaneidade.

 

Datos importantes:

  • Data: 22 de outubro de 2022.
  • Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
  • Lugar: CAFI (Santiago de Compostela)
Il gioco delle lingue
Il gioco delle lingue

S2201090 - Museos e itinerarios histórico-artísticos. Ensinar e aprender noutros contextos

Summary: 

Ensinar e aprender noutros contextos
Gallego

O curso Museos e itinerarios histórico-artísticos. Ensinar e aprender noutros contextos ten como obxectivo achegarlle ao profesorado de xeografía e historia galego as posibilidades e recursos didácticos existentes nos diferentes espazos da cidade de Compostela patrimonio histórico-artístico da humanidade.

A actividade inclúe varias visitas guiadas e distintos roteiros pola cidade co fin de explorar as súas posibilidades didácticas e a súa aplicación nas aulas. Neste caso imos apartarnos dos espazos máis emblemáticos, dígase Catedral, San Martiño Pinario ou San Francisco..., de Compostela xa que esta cidade oferta múltiples recursos menos coñecidos.

Malia centrarse en aspectos históricos e artísticos, tamén achegaremos algunhas pinceladas doutras materias (lingua galega, lengua española, ciencias...) que van complementar os distintos percorridos e que nos fornecen de aliados cando queiramos aplicar esta actividade nas nosas aulas.

Datos importantes:

  • Código en fprofe: S2201090
  • Data: entre o 19 de outubro ao 30 de novembro
  • Relatores: 
    • Luis Leclerce e Pablo Sanmartín (Colectivo A Rula),  Xesús Borrageros, Manuel Gago,Eduardo Sánchez Novais e Mercedes Espiño

Programa:

  • 19 de outubro - Luis Leclerce e Pablo Sanmartín (Colectivo A Rula): "Visita guiada ao Castriño de Conxo"
  • 26 de outubro - Luis Leclerce e Pablo Sanmartín (Colectivo A Rula): "Os taboleiros de xogo da Compostela barroca"
  • 2 de novembro - Xesús Borrageros: "Visita guiada ao Castelo da Rocha"
  • 9 de novembro - Xesús Borrageros: "A muralla da Compostela medieval"
  • 17 de novembro - Manuel Gago: "Compostela negra: escenarios de violencia, crime e castigo na cidade"
  • 23 de novembro - Eduardo Sánchez Novais: "Compostela laboratorio de Arte"
  • 30 de novembro - Mercedes Espiño: "As pegadas de Francisco Asorey en Compostela"

 

Museos e itinerarios histórico-artísticos.
Ensinar e aprender noutros contextos

S2202026 - Introdución á protección de datos

Summary: 

De quen son os datos de carácter persoal?
Que é un ficheiro?
Gallego
  • Que é un dato persoal?
  • Que tratamento de datos existen?
  • Cales son as principais figuras implicadas?
  • Por que principios e dereitos se rexe a protección de datos?
  • De onde vén a necesidade e o interese en protexer os nosos datos?
  • Por que se considera a protección de datos un dereito fundamental?
  • Cales son as normas que a regulan?

Estas e outras moitas preguntas son as que se desenvolverán nesta actividade formativa.

  • Código en fprofe: S2202026
  • Fechas: 24 de novembro e 1 de decembro

 

  • Programa:
    • 24/11/2022 - 17:00 - 21:00h

Vïctor Salgado Seguín - "LOPD e cuestións normativas"

  • 01/12/2022 - 17:00 - 21:00h

Mónica Santiso e Fátima García Doval - "Protocolo de protección de datos"

Introdución á protección de datos
Introdución á protección de datos

S2202029 Laboratorio creativo STEAM en infantil

Summary: 

Curso presencial para desenvolver proxectos STEAM nas aulas de infantil.
Gallego

Curso presencial de 12 horas de duración destinado a docentes de Educación Infantil que desexen coñecer a cultura maker e implementar proxectos STEAM nas súas aulas.

Datas:

17, 20, 24, 27 de outubro

Horario:

De 17.00 a 20.00 horas

Localización:

Aula Nova do Centro Autonómico de Formación e Innovación de Santiago de Compostela

 

Sesións da formación:

Sesión 1: Cultura maker en Educación Infantil. Presentación e manexo de diferentes robots para o traballo da robótica. Presentación e uso de diferentes xogos de mesa para traballar conceptos de programación.

Sesión 2: Emprego do Ozobot. Inicio da programación por bloques en Scratch.

Sesión 3: Emprego da placa Makey Makey e busca de xogos.

Sesión 4: Creación dun proxecto de aula para esta etapa educativa.

 

Relator:

Santiago Gil Castro

Máis información en FProfe co código da actividade.

S2202029 Laboratorio creativo STEAM en infantil
S2202029 Laboratorio creativo STEAM en infantil

G2203009 - Rutas matemáticas por Compostela

Summary: 

Rutas matemáticas por Compostela
Gallego

Que é un paseo “matemático”?, é necesario saber moito de matemáticas para poder seguir un percorrido polas rúas e prazas de Compostela?

Non é iso, senón que podamos engadir aos moitos atractivos que ten a cidade, a de atopar elementos e propiedades matemáticas onde menos se espera. Deste xeito comprenderemos a beleza que se pode xerar cun adecuado emprego de formas e propiedades xeométricas, e adestraremos a nosa mirada para captar as relacións matemáticas que ás veces se esconden nos obxectos máis inesperados.

Guiarannos por estes estupendos paseos matemáticos os profesores e profesoras:

  • Julio Rodríguez Taboada - CPI dous Dis - Rois (A Coruña)
  • José Mª Barca López - IES Laxeiro - Lalín (Pontevedra)
  • Maruxa Barca López - IES A Sangriña - A Guarda (Pontevedra)
  • Pilar García Agra - IES nº1 - Ordes (A Coruña)

Todos eles son profesores de matemáticas e membros da sección de Santiago da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática "AGAPEMA".

Antes de comezar os paseos matemáticos, tivemos unha pequena sesión na que se nos mostrou o obxectivo dos mesmos e os itinerarios para os diversos grupos, como podedes lembrar neste vídeo do momento.

  • Data: 19 de novembro de 2022
Rutas matemáticas por Compostela
Rutas matemáticas por Compostela