Gallego

G2303005 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Carmen Martín Gaite en Piñor

Summary: 

A vida e a obra de Carmen Martín Gaite
Gallego

Carmen Martin Gaite escribiu e viviu ao redor de San Lourenzo de Piñor durante os seus veráns. Os seus avós maternos eran de Allariz e tiñan unha propiedade neste núcleo de Barbadás onde pasaban varios meses ao ano. O sinal que deixou esta terra está moi presente na súa obra. E polos espazos vinculados á súa memoria e ás lembranzas daqueles veráns da súa infancia discorrerá o recorrido do roteiro literario.

  • Relator: David González Couso
  • Data: 1 de xuño de 2024
  • Lugar: Piñor
  • Código en fprofe: G2303005

 

Roteiro polos espazos vitais e literarios de Carmen Martín Gaite en Piñor

G2301141 - Introdución á identidade dixital. Privacidade e a seguridade na Rede

Summary: 

Introdución á identidade dixital
Privacidade e a seguridade
Gallego

Os centros educativos desenvolven actividades en contornas dixitais nos que participan menores. Esta situación, e a súa conexión ca garantía dos dereitos fundamentais, esixe que profesorado e alumnado estean formados no eido da protección de datos persoais, privacidade e seguridade xa que estes elementos están relacionados directamente co benestar dixital. A evolución democrática da nosa sociedade depende tamén destes elementos e os poderes públicos autonómicos deben traballar a prol desta específica formación.

  • Relatores: Lorena Casal Otero e José Julio Fernández Rodríguez
  • Datas: 15 de abril, 2-8-15 de maio
  • Horario: 17:00 a 20:00
  • Duración: 20 horas (12+8)⏳
  • Podes asistir por videoconferencia ou presencialmente

 

Introdución á identidade dixital
Privacidade e a seguridade na Rede

S2301101 Regulación da aprendizaxe a través da avaliación formativa

Summary: 

Estratexias eficaces para regular a aprendizaxe
Gallego

Avaliar convértese, a miúdo, nunha carreira de obstáculos que o alumno supera e o docente certifica, pero que non responde á finalidade de mellorar a aprendizaxe nin en cantidade nin en calidade. Nesta actividade propoñémosche realizar unha avaliación formativa que permita realmente o crecemento do alumnado. Por iso convídannos a reflexionar sobre algunhas prácticas de avaliación que quizais repetísemos sen expornos a fondo se funcionan ou non. Por que facemos o que facemos? Que sustento teórico ten? Recollemos evidencias cuxa análise dá lugar a unha acción inmediata posterior capaz de mellorar o proceso de aprendizaxe? A avaliación formativa non é algo trimestral, mensual ou semanal. Debe suceder á vez que a aprendizaxe, é dicir, dentro das nosas aulas. E, ademais, é posible lograr que os estudantes participen nela de maneira moi activa. Trátase dun labor gratificante para o docente, que comproba como os seus alumnos aprenden máis.

  • Relatora: Mariana Morales
  • Datas: 8 e 9 de maio e 10 de xuño
  • Horario: de 17:00 a 20:00
  • Código en fprofe: S2301101
Regulación da aprendizaxe a través da avaliación formativa
Mariana Morales

G2301120 Coidando as persoas e o planeta. A construción de centros educativos transformadores. Plan Proxecta

Summary: 

Para a construción de centros educativos transformadores e comprometidos cos ODS
Plan Proxecta
Gallego

Estás interesado/a en adquirir coñecementos para traballar a construción de centros educativos transformadores e comprometidos cos ODS?

Daquela, este é a túa actividade!

  • Datas: 18 e 25 de abril, e 2 de maio (videoconferencia) e 8 de maio
  • Horario: 17:00 a 20:00h
  • Código do curso: G2301120

Tes máis información en www.edu.xunta.gal/fprofe 

A construción de centros educativos transformadores. Plan Proxecta

G2302011 - Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado

Summary: 

Actividade para lograr unha mellora da competencia comunicativa do alumnado
Gallego

Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado 

Quen dixo que o de comunicarse ben é dos de linguas?

Contamos con todo o profesorado de Galicia que queira mellorar a súa competencia comunicativa nesta xornada práctica.

Quererás repetir!!  

Data: sábado 4 de mayo de 2024

Lugar de celebración: Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela

Código G2302011

Xa podes consultar o programa en www.edu.xunta.gal/fprofe

 

 

Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado

G2302011 - Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado

Summary: 

Actividade para lograr unha mellora da competencia comunicativa do alumnado
Undefined

Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado 

Quen dixo que o de comunicarse ben é dos de Linguas?

Contamos con todo o profesorado de Galicia que queira mellorar a súa competencia comunicativa nesta xornada práctica.

Quererás repetir!!  

Data: sábado 4 de mao de 2024

Lugar de celebración: Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela

Inscripción:  en Fprofe co código G2302011

 

 

Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado 

Concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Summary: 

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 8 de abril de 2024 ata o día 26 de abril de 2024.
Gallego

Xúntase a Orde do 22 de marzo de 2024 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº67, do 5 de abril).

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 8 de abril de 2024 ata o día 26 de abril de 2024.

A solicitude de participación xerada previamente na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt, xunto coa documentación precisa, presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, mediante a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A), e dirixirase á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da provincia correspondente.

imaxe

G2302034 Xornada do Día das Letras Galegas. Luísa Villalta

Summary: 

A Xornada do Día das Letras reunirá na Rede docentes de toda Galicia arredor de Luísa Villalta
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e o CAFI organizan este encontro que inclúe conferencias e presentación de experiencias de centros educativos
Gallego

Docentes das catro provincias galegas reuniranse para se formar, reflexionar e debater arredor da figura de Luísa Villalta na Xornada do Día das Letras Galegas. Luísa Villalta organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).

Literatura, poesía, tradución, xornalismo, compromiso e universalismo

Logo da presentación oficial que contará coa presenza de Valentín García, secretario Xeral de Política Lingúística, Susana Villalta, irmá de Luísa Villalta, desenvolveranse as conferencias da man de estudosos/as de recoñecido prestixio (Marga do Val, Inma López Silva, Henrique Rabuñal, Manuel Naveira, Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut ) que abordarán desde diferentes perspectivas a figura de Luísa Villalta (biografía, poesía, narrativa, teatro, compromiso...) así como unha mostra de boas prácticas e experiencias dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) dos centros educativos relativas á difusión da obra da escritora.

Xornada do Día das Letras Galegas organízaa a Consellería de Cultura, Educación e  Universidade a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Subdirección Xeral de Innovación, Orientación e Formación de Recursos Humanos, á que pertence o CAFI, no marco da programación que a Xunta de Galicia destina a conmemorar o 17 de maio e a difundir a vida e a obra do autor homenaxeado en tal data.

Poden consultarse máis iniciativas e materiais relacionados con esta celebración no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal/letras-galegas) e quen queira asistir deberá apuntarse na seguinte ligazón através de fprofe (www.lingua.gal/fprofe).

Xornada do Día das Letras Galegas.
Luísa Villalta

G2301040 - Equipos directivos. Marco normativo aplicable para o desempeño das súas funcións no centro educativo

Summary: 

Actividade formativa de 20 horas de duración. Terá lugar o 6, 12, 17, 24 e 27 de abril na Escola Galega de Administración Pública (Santiago de Compostela).
Gallego
  • Obxectivos: 
  1. Manexar con fluidez a normativa vixente segundo as necesidades.
  2. Ser quen de aplicar de forma axeitada a normativa vixente.
  3. Actuar como referente resolvendo dúbidas normativas entre os compañeiros.
  • Contidos: 
  1. Procedemento administrativo común.
  2. Réxime xurídico aplicable aos centros e aos órganos colexiados.
  3. Normativa aplicable ao persoal funcionario e laboral.
  4. Normativa financeira.
  5. Normativa relativa ao menor.
  6. Protección de datos.
  7. Permisos e licenzas.
  8. Tramitación de seguros.
  • Competencias profesionais:
    • Competencia en organización escolar e colaboración.
    • Coñecemento da normativa actualizada. 
  • Detalle da actividade (Fprofe).

Inscrición aberta en Fprofe: G2301040.

G2301040 - imaxe

G2303004 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Ánxel Fole en Lugo

Summary: 

O Lugo de Fole
Gallego

Temos unha proposta para vós. Non vos apetece percorrer Lugo seguindo a escrita do grande Ánxel Fole? Os seus contos, personaxes e anécdotas vitais relatados nun ameno paseo. Se vos animades, estaremos encantados de vos acompañar:

- Código en fprofe: G2303004 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Ánxel Fole en Lugo

- Data: 6 de abril de 2024

- Relator: Armando Requeixo

- Lugar: Lugo

Roteiro Ánxel Fole