Gallego

S2203001 - A poesía na aula de educación infantil e primaria

Summary: 

Queres ter recursos para traballar a poesía co alumnado de primaria e infantil?
Gallego
  • Data: 5 de novembro de 2022
  • Lugar: Aula11 del CAFI
  • Relatores: Raúl Vacas Polo e Tamara Andrés

Moitos nenos prefiren os clásicos contos infantís pero a poesía tamén é unha excelente ferramenta para estimular a aprendizaxe, mellorar o vocabulario e fortalecer os vínculos afectivos. De feito, a poesía infantil é moito máis que un entretemento, é un recurso educativo que estimula o desenvolvemento emocional, cognitivo e comunicativo, á vez que potencia a adquisición de novos coñecementos e valores estéticos.

Púidose apreciar que, en comparación cos nenos que crecen escoitando só contos infantís, aqueles que gozan da poesía desenvolven mellores habilidades lingüísticas e cognitivas e teñen unha expresión corporal máis espontánea. Con todo, estas non son as únicas vantaxes da poesía para os nenos, hai moitas máis.

Por que é tan importante a poesía infantil?

Moitos pais pensan que a poesía é simplemente unha forma de expresión máis bonita pero en realidade é moito máis que iso. A poesía tamén é estética, ritmo, creatividade, imaxinación e coñecemento. A poesía non só entretén aos nenos senón que estimula o seu desenvolvemento. Algunhas das vantaxes de lerlles poemas  aos nenos son:

  • Favorece o desenvolvemento da linguaxe xa que adoita utilizar frases máis complexas e elaboradas que os contos.
  • Desenvolve novas habilidades comunicativas e potencia a expresión verbal, fundamentalmente a través das rimas.
  • Enriquece a asimilación e o uso de novas palabras que amplían considerablemente o vocabulario infantil.
  • Permite apreciar a musicalidade e as imaxes da linguaxe con maior facilidade.
  • Favorece a comprensión de conceptos cada vez máis complexos que estimulan o desenvolvemento do pensamento e a linguaxe.
  • Estimula o gusto pola lectura, o que favorece a formación do hábito de ler desde idades temperás.
  • Fortalece o vínculo afectivo do neno cos seus pais, á vez que lle axuda a expresar libremente as súas emocións.
  • Fomenta a creatividade, a imaxinación e a comprensión, o cal é moi importante á hora de resolver os conflitos que poden aparecer na etapa infantil.
  • Estimula a memoria auditiva e rítmica dos nenos, así como a memoria visual.
  • Promove a formación de valores estéticos xa que a poesía sempre é unha expresión da cultura e a sociedade na que o neno se debe inserir.
  • Potencia a aprendizaxe artística a través do ritmo e a musicalidade.
  • Favorece a aprendizaxe significativa de novos coñecementos que axudan a formarse unha visión do mundo máis integradora.
A poesía na aula de educación infantil e primaria
Recursos para traballar a poesía na aula

G2202012 - Didáctica do portugués no ensino secundario

Summary: 

Didáctica do portugués no ensino secundario
Actividade para o profesorado de portugués
Gallego

O Dándolle continuidade á actividade que desenvolvemos o curso pasado co profesorado de portugués, este ano desenvolveremos a actividade G2202012 - Didáctica do portugués no ensino secundario na que queremos avanzar na innovación e solidez didáctica do portugués como segunda lingua estranxeira, abordar as dificultades e solucións para o traballo de expresión, recepción e produción oral e escrita do alumnado e propoñer exemplos de boas prácticas para fomentar e facilitar a aprendizaxe do alumnado para o cal abordaremos os coñecementos contextuais das comunidades de lingua portuguesa, a produción e recepción escritas e orais.

 

  • Data: 5 de novembro de 2022
  • Lugar: Biblioteca do CAFI
  • Relator: Elías Feijó Torres
Didáctica do portugués no ensino secundario
Actividades para o profesorado de portugués

S2203010 - Spiele unterrichten

Summary: 

Spiele unterrichten
Actividades para o profesorado de alemán
Gallego

Comezamos este ano, en colaboración co Goethe Institut unha nova actividade formativa para o profesorado de alemán. 

Os estudantes, independentemente da súa idade, teñen unha cousa en común: teñen períodos de atención breves e non poden quedar sentados e estudar durante moito tempo. Apenas 30 minutos despois dunha charla teórica, é posible que os atopemos inquietos, mirando ao teito sen comprender ou facendo preguntas triviais. Para manter alto o interese dos estudantes e evitar os libros de texto imos achegar unha serie de xogos divertidos para a aula. Son versátiles, excelentes para a aprendizaxe en liña e fóra de liña, e non requiren moito esforzo para preparalos.
 

  • Data: 5 de novembro de 2022.
  • Lugar: Aula 10 do CAFI (Santiago de Compostela)
  • Relatora: Virginia Gil

Recordámosvos os obxectivos e contidos que buscamos nesta formación:

Obxectivos

  1. Coñecer o emprego de xogos significativos para mellorar a competencia lingüística.
  2. Probar formas de xogo para axudar na mediación lingüística.
  3. Aprender xogos que fomenten a convivencia e a creatividade na aula.

Contidos

  1. Preparación didáctica para a elaboración de xogos.
  2. Fomento da creatividade e transversalidade a través do xogo.
  3. Valores educativos do xogo: o xogo como concepto e práctica educativa.
Spiele unterrichten
Actividade para o profesorado de alemán

G2203004 Roteiro literario da Esmorga de Eduardo Blanco Amor

Summary: 

'A Esmorga' de Eduardo Blanco Amor
Gallego

Ourense é unha cidade fortemente literaturizada e moitos son os autores que fixeron dela o seu espazo literario. Entre eles, destaca Eduardo Blanco Amor, quen fixo que a cidade tomase vida en varias das súas obras, sendo especialmente lembrada A Esmorga. Esta novela innovadora, crónica de fortes tensións humanas marcada polo pesimismo, relata a esmorga dos seus tres protagonistas no Ourense da posguerra. Foi levada ao cinema en dúas ocasións, a última en 2014 da man de Ignacio Vilar.

O vindeiro sábado 1 de outubro de 2022, da man do profesor Afonso Monxardín poderás facer o mesmo percorrido que o Cibrán o Castizo, Xanciño o Bocas, e Aladio Milhomes realizaron aquela noite de emorga. Descubrirás onde se atopaba o mesón da Cristalina, a taberna da tía Esquilacha, o xardín dos Andrada, a casa da Nonó, o mesón do Roxo... ben, case todo xa que algunhas das localizacións, coma o Campo das Bestas, aínda non puido ser ben localizado.

A Esmorga
Eduardo Blanco Amor

S2301106 Traballando coas técnicas para o coidado e a hixiene da voz. Foniatría e ortofonía

Summary: 

Traballando coas técnicas para o coidado e a hixiene da voz
Foniatría e ortofonía
Gallego

O profesorado somos un colectivo que temos a voz como a principal ferramenta de traballo. É moi frecuente que o seu uso diario durante longas horas obrigue a un esforzo que vaia deteriorando pouco a pouco a súa calidade e é moi complicado recuperala sen someterse a tempadas de repouso. Malos hábitos de vida, acompañados dun mal uso desta pode provocar longas tempadas de afonía.

Este problema pode agravarse ata impedir o exercicio da nosa profesión. Por este motivo, o coidado da voz e a aprendizaxe de técnica vocal que fomenten o seu bo uso e eviten a aparición de alteracións gañan especial relevancia na nosa profesión. Neste curso imos achegarche esa información básica para o bo coidado e hixiene da voz.

 

Datas de realización: setembro (21-28), outubro (5-19-26) e novembro (2-9).

Horario: de 17:00 a 20:00H.

Lugar: Aula 9 do CAFI en Santiago de Compostela

Relator: Pablo García Ferradas

Código en fprofe: S2301106

 

Traballando coas técnicas para o coidado e a hixiene da voz
Foniatría e ortofonía

G2202001 Roberto Vidal Bolaño fálanos sempre

Summary: 

Congreso sobre Roberto Vidal Bolaño
Gallego

Co título Roberto Vidal Bolaño, fálanos sempre, o Centro de Investigación en Humanidades Ramón Piñeiro en colaboración co Servizo de Formación do Profesorado celebra este dez de setembro unha xornada para rememorar o coñecido dramaturgo. O pazo de San Roque en Santiago de Compostela acolle esta iniciativa que contará con relatorios de Inma López Silva, Camilo Franco e Roi Vidal Ponte.

Canda a eles, o programa inclúe a celebración dunha mesa redonda que contará coa presenza de Cristina Domínguez, Manuel Guede e Roberto Pascual, outra que reunirá a Mónica Caamaño, Quico Cadaval e Laura Ponte, e unha terceira con Francisco Macías, Xosé M. Fernández Castro e Alberto Escudero.

O evento inclúe tamén un coloquio sobre as dúas montaxes da obra Rastros, que contará con Luís Iglesia, Pablo Carrera, Mateo Franco e Luís Blanco. Unha intervención da familia do homenaxeado fechará o encontro.

 

Velaquí tes o programa máis polo miúdo:

- 9.00: Recollida de material.

- 9.30: Apertura oficial da Xornada.

- 10.00 – 10.45: Conferencia inaugural de Inmaculada L. Silva.

- 10.45 – 11.45: Mesa redonda moderada por Inmaculada L. Silva, coa participación de Manuel Guede, Cristina Domínguez e Roberto Pascual.

- 11.45 – 12.15: Pausa.

- 12.15 – 13.15: Mesa redonda moderada por Roi Vidal Ponte, coa participación de Mónica Camaño, Quico Cadaval e Laura Ponte.

Pausa xantar

- 16.00 – 17.00: Mesa redonda moderada por Nuria Araúxo, coa participación de Francisco Macías, Xosé M. Fernández Castro e Alberto Escudero.

- 17.00 – 17.30: Relatorio de Camilo Franco.

- 17.30 – 18.00: Pausa.

- 18.00 – 18.45: Coloquio sobre a montaxe orixinal de Rastros de 1998 e a de 2022 dirixida por Lois Blanco, en coprodución co Centro Dramático Galego. Modera Camilo Franco, coa participación de Luís Iglesia, Pablo Carrera, Mateo Franco e Lois Blanco.

- 18.45 – 19.15: Relatorio de Roi Vidal Ponte.

- 19.15 – 20.00: Acto de clausura da Xornada.

Xornada sobre Roberto Vidal BOlaño
Roberto Vidal Bolaño fálanos sempre

O desenvolvemento de competencias na lingua oral e escrita en inglés

Summary: 

O desenvolvemento de competencias na lingua oral e escrita en inglés ademais de recursos para a aula de secundaria e primaria.
Gallego

S2103013 O desenvolvemento de competencias n alingua oral e escrita en inglés

Datas e horario:

Martes, 28 de xuño de 16 a 20 horas

Mércores, 29 de xuño de 16 a 20 horas

Martes, 5 de xullo de 9:30 a 13:30

Inscrición: ata o 21 de xuño en Fprofe

Imparten:

María Fernández (EOI de Pontevedra)

Isabel Blanco (CEIP P. de Maceda)

Desenvolvemento de competencias en inglés
Desenvolvemento de competencias en inglés

G2103023 O teatro infantoxuvenil

Summary: 

O Servizo de Formación do Profesorado por medio do CAFI colabora con GALIX, a Asociación galega do libro infantil e xuvenil nesta iniciativa formativa destinada a docentes en activo
As sesións desaenvolveranse os días 14, 15, e 16 de xuño en Santiago de Compostela e poderán seguirse de xeito presencial ou ben por videoconferencia
Gallego

 

O teatro infantoxuvenil, é unha iniciativa formativa de Galix (Asociación galega do libro infantil e xuvenil) coa que colabora o Servizo de Formación do Profesorado por medio do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) e afondará no teatro e nas súas potencialidades na educación infantil, primaria e secundaria ao longo de tres sesións formativas.

Esta actividadel -que se desenvolverá do 14 ao 16 de xuño- xira arrededor do teatro e as súas potencialidades na educación. Entre os seus obxectivos figuran dar a coñecer estratexias, recursos e ferramentas para achegar o teatro e a dramatización a infantes e adolescentes; divulgar experiencias e producións de literatura infantil e xuvenil galega da man dos/as propios/as creadores/as ou valorar o papel do profesorado e da escola como axentes dinamizadores, programadores e normalizadores culturais.

  • Código en fprofe: G2103023
  • Horario:
    • 14 de xuño de 18:00 a 20:00h
    • 15 de xuño de 17:00 a 20:00h
    • 16 de xuño de 17:00 a 20:00h
  • Modo de seguir a actividade:
    • Presencialmente na aula 9 d CAFI en Santiago de Compostela
    • Videoconferencia por Webex

Máis información en www.edu.xunta.gal/fprofe

Unha aproximación ao teatro galego
O teatro infantoxuvenil

G2103015 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Yolanda Castaño

Summary: 

Paseo pola Coruña literaria con Yolanda Castaño
A poesía tamén se vive
Gallego

 

Porque a poesia non só se le, tamén se vive. Porque as poetas son animaliños que poden saír tanto nos libros de texto coma nos bares de noite.

Alguén que se sente acompañada polo luxo canalla de toda unha cuadrilla tan humana como divina prepáranos un percorrido polos seus espazos vitais máis importantes así como polas súas autoras contemporáneas, e antes que nada compañeiras.

 

O percorrido está deseñado en dúas partes:

  • Pola mañá un percorrido máis vital centrado en Yolanda Castaño no que percorreremos o IES Rafael Puga Ramón, A Zapateira, O Portiño, Centro Ágora, Playa CLub, Casa da Cultura Salvador de Madariaga, Sargadelos e a Residencia 1863.
  • Pola tarde, a andaina céntrase na propia autora e nas súas compañeiras de xeración, así viistaremos o Pub Puticlú - María Lado, Bar de Juan - Lucía Aldao, Mardigras - Emma Couceiro, Antiga Casa Ocupa das Atochas - María do Cebreiro, Antigo Centro Social Atreu - Alicia Fernández, Jazz Café - Emma Pedreira, Buzón de correos - Lupe Gómez, O Alfaiate - Estíbaliz Espinosa, Rúa Orillamar - Olga Novo e o Patachín - Yolanda Castaño.

Agardámoste!

 

  • Título da actividade:  Roteiro polos espazos vitais e literarios de Yolanda Castaño 
  • Código en fprofe: G2103015
  • Lugar: A Coruña
  • Data: domingo 12 de xuño 

 

Yolanda Castaño Pereira naceu en Santiago de Compostela pero moi pronto, 1990, se trasladou á Coruña onde se licenciou en Filoloxía Hispánica e cursou estudos audiovisuais. Deuse a coñecer xa na adolescencia, a través de diversos premios de poesía. Con 17 anos, gaña o Premio Fermín Bouza Brey de 1994 e publica o seu primeiro libro, Elevar as pálpebras (1995) ao que seguirán Delicia (Espiral Maior, 1998), Vivimos no ciclo das Erofanías (Premio Johán Carballeira 1998 que recibirá o Premio Johán Carballeira en 1998 e o Premio da Crítica española no mesmo ano 1998 cando tiña 21 años); Edénica (Espiral Maior, 2000) que inclúye un CD con poemas musicados, algúns cantados pola autora; O libro da egoísta (Editorial Galaxia, 2003); Profundidade de campo (Espiral Maior, 2007) que recibiu o XV Premio Espiral Maior de Poesía; Erofanía (Espiral Maior, 2009); A segunda lingua (PEN Clube de Galicia, 2014) que recibiu o Premio de poesía Novacaixagalicia no 2013 e coa que foi Finalista do Premio Nacional de Poesía; O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético (Xerais, 2018) e  Idioma de tinta. Lingua dell'inchiostro (2018, Squiliibri). 

 

Foi Secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e formou parte do equipo directivo de Letras de Cal e xunto a Olga Novo, codirixiu a revista de artes Valdeleite.

Está interesada en proxectos interxenéricos en que a poesía dialoga con outras artes. Ten desenvolvido distintas experiencias que fusionan a poesía coa plástica, a música ou o audiovisual.

A poesía tamén se vive
Roteiro polos espazos vitais e literarios de Yolanda Castaño

Emisión en directo I Congreso de innovación educativa e dixital

Summary: 

Información da emisión en directo do congreso.
Gallego

 

O I Congreso de innovación educativa e dixital  (DixInnova 2022) celebrarase na Cidade da Cultura os día 10 e 11 de maio.

Pode seguir a emisión en directo da xornada do martes pola canle de Youtube da Consellería de Cultura, Educación e Uiversidade premendo na seguinte ligazón.

Ligazón á emisión

 

 

DixInnova
Emisión en directo DixInnova