Gallego

G2202133 - Xornada do Día das Letras Galegas. Francisco Fernández del Riego

Summary: 

O ano de Francisco Fernández del Riego
Unha das figuras máis destacadas da cultura galega do século XX e principios do XXI
Gallego

O salón de actos do Pazo de San Roque acollerá unha xornada formativa sobre Francisco Fernández del Riego. Esta actividade que se realiza en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, consta de dous elos importantes para o noso profesorado. Por un lado intervirán grandes coñecedores da vida e da obra do escritor laurentino: Víctor Freixanes (presidente da Real Academia Galega), Malores Villanueva (IES Álvaro Cunqueiro de Vigo), Armando Requeixo (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades), Ramón Nicolás (IES Castelao de Vigo), Héctor Cajaraville (IES A Pontepedriña de Santiago de Compostela), Patricia Arias Chachero (IES de Sar de Santiago de Compostela), Amancio Liñares (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades)... e, por outro lado, participarán os centros gañadores dos concursos-exposicións das Letras galegas nas categorías A e B, así como un amplo abano doutro tipo de experiencias educativas de centros que traballaron o autor homenaxeado.

  • Código en fprofe para a inscrición: G2202133
  • Datas: 20 e 27 de abril e 4 de maio
  • Horario: de 17:30 a 20:30
  • Lugar de celebración: podese participar presencialmente no Pazo de San Roque ou ben por videoconferencia

 

 

 

Xornada do Día das Letras Galegas. Francisco Fernández del Riego

S2201052 Aproximación ao tratamento integrado de linguas

Summary: 

Curso sobre os aspectos básicos do tratamento integrado das linguas.
Gallego

Este curso pretende servir de guía para o tratamento integrado das linguas entendido como enfoque metodolóxico. Aproximarémonos, en primeiro lugar, aos referentes legais e aos aspectos básicos que hai que ter en conta na súa planificación. Observaremos o papel fundamental que teñen os equipos de dinamización da lingua no seu desenvolvemento, coñeceremos tamén algúns exemplos e experiencias de traballo interdisciplinario e, para finalizar, aprenderemos a desenvolver a competencia lingüística a través da dramatización.

  • Datas de realización: 30 de marzo, 13, 19 e 26 de abril e 3 de maio.
  • Lugar: CAFI
  • Horario: das 17 ás 21 horas
  • Duración: 20 horas
  • Máis información en fprofe: S2201052
Tratamento integrado das linguas
Tratamento integrado das linguas

G2203012 - Roteiro polos espazos reais e imaxinarios de Misarela de Rodrigo Costoya

Summary: 

IX Premio de Novela Histórica «Ciudad de Úbeda»
Gallego

Xa só as tempestades visitan os cumios esgrevios da vella Misarela. Ao pequeno eremitorio chega un día un perigoso cargamento que foxe dun destino tráxico. Xa nada será igual. Dende ese intre, a paz dos cenobitas transfórmase nun día a día convulso e incerto, igual que a nova orde instaurada no Reino de Castela ou os cambios que está a sufrir a vella Europa. Xa nada lles será alleo. Avecíñanse novos tempos. É a fin dunha Era. Chega a invención do artiluxio máis revolucionario da Historia. Tamén o descubrimento dun novo mundo, alén do mar océano. Mesmo a opción máis desesperada pode servirlle ao custodio dos libros para salvar o seu legado ancestral. Para estender a luz sobre as tebras. Cambiar o mundo para sempre. Porque alí onde queimen libros, rematarán por queimar persoas. Queres acompañarnos coñecendo os principais espazos nos que se desenvolve a obra de Rodrigo Costoya, queres ver como estes se mesturan coa realidade e a arqueoloxía? Agardámoste.

  • Código en fprofe: G2203012
  • Relator: Rodrigo Costoya
  • Data: 6 de maio de 20223
Roteiro polos espazos reais e imaxinarios de Misarela de Rodrigo Costoya
IX Premio de Novela Histórica «Ciudad de Úbeda»

G2203012 - Roteiro polos espazos reais e imaxinarios de Misarela de Rodrigo Costoya

Summary: 

Undefined

Xa só as tempestades visitan os cumios esgrevios da vella Misarela. Ao pequeno eremitorio chega un día un perigoso cargamento que foxe dun destino tráxico. Xa nada será igual. Dende ese intre, a paz dos cenobitas transfórmase nun día a día convulso e incerto, igual que a nova orde instaurada no Reino de Castela ou os cambios que está a sufrir a vella Europa. Xa nada lles será alleo. Avecíñanse novos tempos. É a fin dunha Era. Chega a invención do artiluxio máis revolucionario da Historia. Tamén o descubrimento dun novo mundo, alén do mar océano. Mesmo a opción máis desesperada pode servirlle ao custodio dos libros para salvar o seu legado ancestral. Para estender a luz sobre as tebras. Cambiar o mundo para sempre. Porque alí onde queimen libros, rematarán por queimar persoas. Queres acompañarnos coñecendo os principais espazos nos que se desenvolve a obra de Rodrigo Costoya, queres ver como estes se mesturan coa realidade e a arqueoloxía? Agardámoste.

  • - Código en fprofe: G2203012
  • - Relator: Rodrigo Costoya
  • - Data: 6 de maio de 20223
Roteiro polos espazos reais e imaxinarios de Misarela de Rodrigo Costoya
Misarela

G2203011 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo

Summary: 

Viaxar a Mondoñedo, da man de Álvaro Cunqueiro, é entrar noutra dimensión na que o espírito de Merlín, Sinbad e Ulises pode percibirse en cada un dos espazos vitais do escritor da vella capital do Reino de Galiza.
Gallego

Que Mondoñedo era unha cidade culturalmente sobranceira antes de Cunqueiro vir ao mundo é algo ben sabido. Mais tamén o é que dende que este xenial escritor andou as súas rúas nada foi para a vella capital do Reino de Galicia como ata entón fora, ata o punto de que hoxe non se poden percorrer cabalmente as paisaxes mindonienses sen o guieiro do mundo literario que este soñou para elas. Falar de Mondoñedo é, en moitos sentidos, falar dese extraordinario señor das palabras que se chamou Álvaro Cunqueiro e que, dalgunha maneira, acabou por refundar a xeografía dunha terra sempre pródiga en artistas.

Non se pode comprender ao escritor Álvaro Cunqueiro sen Mondoñedo e a súa comarca. Este roteiro camiña, da man da biografía e os textos literarios, polos territorios que fecundaron a imaxinación do autor.

  • Código en fprofe: G2203011
  • Relator: Armando Requeixo Cuba
  • Lugar: Mondoñedo
  • Data: 22 de abril de 2023
Roteiro Álvaro Cunqueiro
O territorio mindoniense de Cunqueiro

G2203016 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Emilia Pardo Bazán en Ourense

Summary: 

Unha muller libre e adiantada ao seu tempo
Gallego

Este percorrido reúne todos os elementos para ser un roteiro interdisciplinar: paisaxes preciosas, arquitectura palaciana; igrexas románicas e barrocas, cruceiros dignos de ver... e, por se fora pouco, o roteiro percorre  os lugares que foron escenarios da vida e da obra dunha das grandes escritoras da literatura española, Emilia Pardo Bazán; escritora, xornalista, tradutora, editora, condesa, feminista… O que vén sendo unha muller libre e adiantada ao seu tempo.

O seu paso pola comarca do Carballiño debeuse ao seu casamento temperá, con só dezaseis anos, co carballiñés José Quiroga Pérez de Deza; un fidalgo pertencente a unha familia sen títulos nobiliarios pero cun inmenso patrimonio difícil de cuantificar … A partir dese momento, a escritora vai pasar longas tempadas nas propiedades que os Quiroga posúen na comarca; na casa familiar dos Quiroga no centro urbano, que case parece estar presidindo a praza maior da vila que foi escenario da súa obra El cisne de Vilamorta, e tamén no Pazo de Banga, que Emilia denominou o Balcón do Ribeiro, a onde acudían a finais do verán co gallo das festas da vendima…

  • Código en fprofe: G2203016
  • Relator: Xosé Luís Sobrado
  • Lugar: O Carballiño
  • Data: 03 de xuño de 2023
Roteiro Emilia Pardo Bazán
Unha muller adiantada ao seu tempo

S2202030 Laboratorios innovadores para as ciencias e a tecnoloxía

Summary: 

Curso presencial no CAFI de 12 horas de duración
Datas: 16 e 23 de Febreiro 16-19h e 2 e 23 de Marzo 16-19h
Gallego

1. Introducción aos laboratorios en liña virtuais útiles para Química, Física, Bioloxía, Xeoloxía e Astronomía.

2. Inquiry Learning Space para laboratorios virtuais seguindo o método indagativo.

3. Ferramentas gratuitas para utilizar os laboratorios virtuais con Graasp

4. Uso da ferramenta GoLabz para compartir propostas.

5. Creación de secuencias didácticas con laboratorios en liña

 

Laboratorios innovadores

S2201037 ACCESIBILIDADE UNIVERSAL

Summary: 

S2201037: Accesibilidade Universal. As Tecnoloxías dixitais na detección e eliminación de barreiras para a aprendizaxe. Actividade de 15 horas presenciais e 5 de traballo individual que comezará o sábado 28 de xaneiro na aula 1.09 do CAFI.
Gallego

S2201037: Accesibilidade Universal. As Tecnoloxías dixitais na detección e eliminación de barreiras para a aprendizaxe.
Actividade de 15 horas presenciais e 5 de traballo individual que comezará o sábado 28 de xaneiro na aula 1.09 do CAFI.

S2201037_Accesibilidade Universal