Gallego

Cursos de inglés

Summary: 

Queres refrescar o teu inglés?
Cursos do nivel B2, C1 e C2
Gallego

Queres refrescar o teu inglés?

Xa tes coñecementos e queres melloralos?

Tanto se contas cun considerable coñecemento do inglés como se estás case a comezar, podemos axudarche a alcanzar o éxito profesional. A nosa oferta de formación permanente consiste en diveros cursos de distintos niveis a distintos horarios. 

 

Daquela interésanche estes cursos:

  • S2401105 Formación para profesorado en inglés. Nivel B2
    • Horario: luns e xoves de 18:00 a 20:00 horas.
    • Data de comezo: luns, 30 de setembro.

 

  • S2401104 Formación para profesorado en inglés. Nivel C1
    • Horario: luns e mércores de 16:30 a 18:30 horas.
    • Data de comezo: luns, 30 de setembro. 

 

  • S2401106 Formación para profesorado en inglés. Nivel C2
    • Horario: luns e xoves de 16:30 a 18:30 horas.
    • Data de comezo: luns, 30 de setembro
Cursos de inglés

Xornada de Benvida ao profesorado. Educación Secundaria e Postobrigatoria

Summary: 

Xornada de benvida para docentes de nova incorporación.
Educación Secundaria e Postobrigatoria. Curso 2024-2025
Gallego

Co esta xornada intención de axudar ao novo profesorado que se incorpora á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación de Profesional. Con ela

  • Facilitarase a integración do profesorado de nova incorporación á Consellería.
  • Daremos a coñecer a estrutura e funcionamento desta.
  • Axudaremos ao profesorado de nova incorporación a planificar e desenvolver a docencia.
  • Presentaremos os recursos dispoñibles de apoio á docencia.

Datos importantes:

  • Código en fprofe: G2402012
  • Data: xoves, 5 de setembro de 2024.
Xornada de Benvia ao profesorado. Educación Secundaria e Postobrigatoria

Xornada de Benvida ao profesorado. Educación Primaria

Summary: 

Xornada de benvida para docentes de nova incorporación.
Educación Primaria. Curso 2024-2025
Gallego

Con esta xornada intención de axudar ao novo profesorado que se incorpora á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación de Profesional. Con ela

  • Facilitarase a integración do profesorado de nova incorporación á Consellería.
  • Daremos a coñecer a estrutura e funcionamento desta.
  • Axudaremos ao profesorado de nova incorporación a planificar e desenvolver a docencia.
  • Presentaremos os recursos dispoñibles de apoio á docencia.

Datos importantes:

  • Código en fprofe: G2402013
  • Data: mércores, 4 de setembro de 2024.
Xornada de Bencia ao profesorado. Educación Primaria

Xornada de Bencia ao profesorado. Educación Primaria

Summary: 

Xornada de benvida para docentes de nova incorporación.
Educación Primaria. Curso 2024-2025
Undefined

Co esta xornada intención de axudar ao novo profesorado que se incorpora á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación de Profesional. Con ela

  1. Facilitarase a integración do profesorado de nova incorporación á Consellería.
  2. Daremos a coñecer a estrutura e funcionamento desta.
  3. Axudaremos ao profesorado de nova incorporación a planificar e desenvolver a docencia.
  4. Presentaremos os recursos dispoñibles de apoio á docencia.
Xornada de Bencia ao profesorado. Educación Primaria

Competencia dixital docente

Gallego

Competencia dixital docente

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convocan diferentes procedementos para a obtención da acreditación da competencia dixital docente para o persoal docente non universitario dos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Enlace: https://encr.pw/EXHJf

Competencia dixital docente

Oposicións 2024.

Summary: 

Aprobados nas diversas especialidades
Gallego

Moitos parabéns aos aprobados con praza neste proceso selectivo de 2024!

E para todos aqueles e aquelas que quedastes ás portas non tiredes a toalla e para adiante! Xa tedes moito camiño percorrido!

Aos que comezades nesta andaina cargádevos de enerxía e esforzo, non hai nada imposible!

Moito ánimo  e moi feliz verán!

Aprobados.

G2403008 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Sophia de Mello Breyner Andresen

Summary: 

Un itinerario para Sophia
Un paseo polos locais preferidos de Sophia de Mello Breyner Andresen
Gallego

Sophia de Mello Breyner Andresen foi um dous grandes nomes da poesía de lingua portuguesa do século XX cultivando, segundo António José Saraiva e Óscar Lopes, “em imagens clássicas mediterrâneas, a identificação do eterno com a realidade humana e suas aspirações à justiça”. Malia que naceu en Porto, desde o seus estudos universitarios, a súa vida se trasladou á cidade de Lisboa.

O itinerario lisboeta en memoria de la escritora percorre varios locais do barrio da Graça, onde viviu, cruzando datos biográficos con referencias á súa obra.

 

Algúns destes puntos que visitaremos son:

  • Miradouro da Graça.

Saber que tomas em ti a minha vida

E que arrastas pela sombra das paredes

A minha alma que fora prometida

Às ondas brancas e às florestas verdes.

  • Casa vivencial.

Há sempre um deus fantástico nas casas

Em que eu vivo, e em volta dos meus passos

Eu sinto os grandes anjos cujas asas

Contêm todo o vento dos espaços.

  • Panteão dos Bragança.

Enquanto o largo mar a Ocidente se dilata

Lisboa oscilando como uma grande barca

  • Panteão Nacional

Quando eu morrer voltarei para buscar

os instantes que não vivi junto do mar

  • A PIDE

“O velho abutre é sábio e alisa as suas penas

A podridão lhe agrada e seus discursos

Têm o dom de tornar as almas mais pequenas”

  • O Carmo

Esta é a madrugada que eu esperava

O dia inicial inteiro e limpo

Onde emergimos da noite e do silêncio

E livres habitamos a substância do tempo

  • Assembleia Constituinte

"Eu regressarei ao poema como à pátria à casa

Como à antiga infância que perdi por descuido

Para buscar obstinada a substância de tudo

E gritar de paixão sob mil luzes acesas".

 

Datos importantes:

  • Data: 07 de decembro de 2024
  • Relator:  Fabrizio Boscaglia
  • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  G2403008
  • Lugar: Lisboa
G2403008  Roteiro polos espazos vitais e literarios de Sophia de Mello Breyner Andresen

G2403005 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada

Summary: 

A Estrada, o espazo dos afectos de Castelao e Virxinia.
Gallego

O roteiro que vos presentamos é unha visita aos lugares que ben pola súa vida persoal, actividade artística ou política, teñen unha directa vinculación con Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao.

O amor trouxo a Castelao ata estas terras. Nelas contraeu matrimonio con Virxinia Pereira Renda, na antiga igrexa de San Paio. A pegada do escritor pode atoparse en múltiples puntos do casco, desde a antiga casa familiar da súa esposa, ata o lugar no que estaba a pensión Mato, na que durmía cando visitaba A Estrada, así como os mobles do matrimonio expostos no Museo do Pobo Estradense. Os seus paseos polo municipio inspiráronlle múltiples debuxos, como é o caso da Reitoral de Ouzande, a súa cruceiro, cruces de pedra ou o ronsel funerario galaico-romana que atopou cando paseaba co seu sogro Camilo Pereira. Plasmou tamén a torre e o pazo de Guimarei, a ponte sobre o río Liñares, diversos motivos do Pazo de Oca ou a vista do Pico Sacro desde a ribeira estradense do Ulla.

"A Estrada é o escenario en que se desenrolaron as máis puxentes esceas do meu pasado vivir. O mesmo apelido que eu levo procede da Ulla, d-un abó meu, que baixou á ribeira do mar coa mesma intención amorosa con que, decorridos moitos anos, rubín eu á montaña".

Datos importantes:

  • Data: 05 de outubro de 2024
  • Relatores:  Xoán Carlos Garrido e David Otero
  • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  G2403005
  • Lugar: A Estrada
G2403005 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada

S2401068 Lingua de signos. Curso básico

Summary: 

Formación presencial
Gallego

Nunha sociedade cada vez máis diversa as persoas con discapacidade auditiva de distinto tipo e grao representan o 8% da poboación Aínda que moitas persoas da comunidade xorda utilizan a lingua oral outras moitas empregan a Lingua de Signos. A tendencia cada vez máis inclusiva da sociedade nos diferentes ámbitos: educativo, sanitario e social fai case obrigatoria a existencia de máis profesionais que coñezan a Lingua de Signos.

Co curso de Lingua de Signos. Curso básico iniciaraste na lingua de signos e adquirirás os coñecementos necesarios que che permitirán comunicarche coas persoas xordas. Traballarás tanto a comprensión como a expresión alcanzando o coñecemento do vocabulario de uso cotián e o coñecemento da estrutura gramatical básica.

Obxectivos

  1. Adquirir un nivel básico de comprensión e expresión en lingua de signos.
  2. Coñecer e aplicar as habilidades de expresión corporal necesarias para unha produción básica en LSE.
  3. Fomentar a integración do alumno e alumna con discapacidade auditiva na dinámica do centro escolar.

Contidos

  1. O alumnado con discapacidade auditiva e o seu acceso á comunicación.
  2. Acceso ao currículo do alumnado con discapacidade auditiva.
  3. A lingua de signos como sistema lingüístico: regras xerais, sintaxe e ampliación do léxico a nivel I.

Datos importantes:

  • Datas:
    • Setembro (25, mércores)
    • Outubro (2-9-16-23, mércores)
    • Novembro (6-13, mércores
  • Relatora:  Alba Tamara Puentes García
  • Horario: de 17:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  S2401068
  • Lugar: CAFI - Santiago de Compostela, Aula 11
S2401068 Lingua de signos. Curso básico

G2403004 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Blas de Otero en Bilbao

Summary: 

Blas de Otero en Bilbao e Orozko
Gallego

O percorrido ten dous itinerarios, que abarcan os lugares da súa terra vasca nas que o poeta viviu:

  • Bilbao é o berce da súa familia paterna e a cidade onde el mesmo naceu, pasou a súa infancia e fixo os seus primeiros estudos, marcando a súa memoria e afectos para sempre.
  • Orozko, na zona rural, é o idílico paisaxe da familia materna, remanso de paz ao amparo da avoa dona Pebida Sagarmínaga. Ao pé do Gorbea, Orozko é para o poeta o valle de mi adolescencia»  e o que lle liga ao campo, ao espertar do amor e á memoria dos antepasados.

 

 

Vexámolo máis polo miúdo:

  • Orozko:

    • Ponte e praza do Concello. Ermita de Santa Marina. Panteón familiar no cemiterio de San Juan.
    • O frontón (“en que tendí diariamente los músculos de muchacho”).
    • O río (“piedras del río que mis pies treceañeros traspusieron”).
    • Casa-palacio Ugarte (Casa-palacio de Cantarrana). Casa dos avós maternos: José Ramón Muñoz Lámbarri e Josefa Sagarmínaga Isasi (“doña Pepita”). Cerca, “Presachu”, solar dos Sagarmínaga.
      • A horta da avoa.
      • A galería sobre o xardín.
      • A biblioteca do avó médico.
      • O dormitorio de Blas.
  • Bilbao:

    • Rúa San Agustín, 1 (detrás do Concello): casa dos avós paternos (Blas de Otero Goenaga e Melitona Murueta Ugalde). Textos autobiográficos: «Mi abuelo paterno era capitán de barco».
    • Río Nervión: «Amo el Nervión..., sus ocres ondas, las gaviotas grises». Poema: «Amo el Nervión».
    • As Sete Calles: Praza Nova, Barrencalle Barrena, soportais xunto ao Nervión: «...pálida frente / de niño absorto entre los soportales...». Poemas: «Lejos», «Muy lejos» e «1923». Prosa: «La lejanía».
    • El Arenal: Café «El Boulevard». Poema: «Parece que llueve»..
    • Rúa Hurtado de Amézaga.
      • No nº 5 (fronte á estación): consulta médica do avó materno (Dr. José Ramón Múñoz). Textos autobiográficos: «Mi abuelo materno, un tipo muy original, era un médico famoso con consulta en Bilbao, que murió el mismo año que yo nací».
      • Nº 29 (antes nº 30), 4º piso dereita: Casa natal de Blas de Otero. Aquí colocou o Concello de Bilbao unha placa recordatoria do nacemento do poeta. Prosa: «Pensándolo bien...»: «Nací en la calle Hurtado de Amézaga, a cierta hora del 15 de marzo de 1916, salí afuera y aquí estoy».
        Poema: «Biotz-begietan».
      • Nº 52: casa construída polo seu pai, Armando de Otero Murueta, onde viviu Blas a súa infancia ata os dez anos. É entón cando a familia se traslada a Madrid. Textos autobiográficos: ««Mi padre, que había hecho estudios en Inglaterra, tenía un negocio de metales en Bilbao y nosotros vivíamos anclados en la clase acomodada. Por entonces, estaba “mademoiselle Isabel” en casa». Poemas: «Mademoiselle Isabel» y «1923».
        Prosa: «Manuel Granero».
      • Enfronte desta casa, a igrexa de San Francisco, chamada A Quinta Parroquia, cuxa “procesión de jueves santo” vía o neno Blas desde a “alta terraza” (poema “Lejos”). Aquí fixo a súa Primeira Comuñón. Textos autobiográficos: «Y llegó mi primera comunión, toda de blanco y azul, pero tan angustiada, tan atosigante de bandas sobre el traje marinero, velas, velos y azucenas, que maldita la falta que hacían, pero yo era un niño rico, y todo esto era imprescindible».
      • Nº 36: domicilio entre 1934-1945, á súa volta de Madrid, onde se consumou a ruína familiar, tras a morte do pai e do irmán maior do poeta. Estas mortes converteron a un Blas de quince anos no único home, responsable da rehabilitación económica da familia. Se o seu irmán comezara Dereito, el tivo que esquecer a súa vocación poética para seguir a mesma carreira. É nesta vella casa, antes de que a derrubasen, onde estudaba sen respiro, como relata en varios textos. Prosa: “Rotura”. Poema: “O obús de 1937”.
    • Calle Alameda de Recalde, 70: Casa da nai, Concepción Muñoz Sagarmínaga, xa viúva, onde vivirá a familia desde 1946. Aquí creou Blas de Otero unha academia onde, durante varios anos, impartiu clases a alumnos de Dereito. A esta casa materna volvía despois das longas viaxes que, desde 1956, leváronlle por afastados países de todo o mundo, ata que en 1964 trasládase a Cuba. Volve da illa en abril de 1968 para instalarse definitivamente en Madrid, onde morrerá o 29 de xuño de 1979. Poema: “Siete”.
    • Na rúa Egaña, próxima a lugares vivencialmente unidos á memoria de Blas de Otero, o Concello de Bilbao colocou un busto do poeta en outubro de 2005. Obra do escultor Francisco López, a imaxe en pedra do poeta mestúrase, como a dun veciño máis, aos homes e mulleres de Bilbao que nesta rúa peonil reúnense a diario para descansar, mentres os seus nenos xogan ao redor.

Datos importantes:

  • Data: 21 de setembro de 2024
  • Relator:  Ibon Arbaiza, director da Fundación Blas de Otero
  • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  G2403004
  • Lugar: Orozko e Bilbao
G2403004  Roteiro polos espazos vitais e literarios de Blas de Otero en Bilbao