Gallego

Formación para profesorado en inglés

Summary: 

Niveis B2, C1 e C2
Gallego

O inglés é a lingua vehicular do momento para desenvolver moitos dos proxectos europeos nos que estamos inmersos. Polo tanto, se a amar o ensino, lle sumas poder transmitir coñecementos nun ámbito fundamental, a satisfacción é dobre pero, para iso, hai que estar ben preparado. Unha formación continuada no profesorado é imprescindible para non quedar obsoleto e preparar de forma axeitada os teus alumnos e proxectos.

Así que xa o sabes, seguir a estudar e realizar algún dos nosos cursos é fundamental para seguir a medrar como profesional.

Aberto o prazo de inscrición para realizar cursos de Formación para profesorado en inglés.

  • G2301068 nivel B2
    • De luns e xoves
    • De 18:00 - 20:00h
    • EOI de Santiago de Compostela - Sección do Sar

 

  • S2301069 nivel C1
    • De luns e xoves
    • De 16:30 - 18:30h
    • EOI de Santiago de Compostela - Sección do Sar

 

  • S2301070 nivel C2
    • De luns e xoves
    • De 16:30 - 18:30
    • EOI de Santiago de Compostela - Sección do Sar
Formación para profesorado en inglés

G2303009 - Roteiro polos espazos vitais e literarios e Gustavo Adolfo Bécquer e Antonio Machado en Sevilla

Summary: 

A Sevilla de Machado e Bécquer
Gallego

Esta luz de Sevilla... Es el palacio

donde nací, con su rumor de fuente.

     (Antonio Machado)

Da Macarena ás Delicias. De San Jerónimo a San Lorenzo. Do Palacio de las Dueñas á igrexa de San Juan Bautista.

Gustavo Adolfo Bécquer naceu o 17 de febreiro de 1836 na rúa Conde de Barajas. Antonio Machado naceu nunha das vivendas de aluguer di palacio de las Dueñas o 26 de xullo de 1875.

 

Sevilla está repleta de lugares que marcaron a vida e a obra de Gustavo Adolfo Bécquer e de Antonio Machado, dúas dos máis destacados poetas. Os seus poemas e escritos están trufados de referencias directas a esa cidade idealizada da súa infancia e mocidade, distinta á que se atoparon ao seu regreso de Madrid.

"...y cuando la muerte pusiera un término á mi existencia, me colocasen para dormir ef sueño de oro de la inmortalidad á la orilla del Bétis; al que yo habría cantado en odas magníficas, y en aquel mismo punto adonde iba tantas veces a oír el suave murmullo de sus ondas. Una piedra blanca con una cruz y mi nombre, serían todo el monumento".

      (Gustavo Adolfo Bécquer)

  • Data: 9 de decembro.
  • Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h.
  • Relatores: Tomás Puntas (parte de Antonio Machado) e Pilar Alcalá García (parte de Gustavo Adolfo Bécquer).

 

 

Roteiro polos espazos vitais e literarios e Gustavo Adolfo Bécquer e Antonio Machado en Sevilla

Plan Anual de Formación do profesorado para o curso 2023-24

Summary: 

Xa se pode consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado correspondente ao curso 2023/24.
Gallego

Xa se pode consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado correspondente ao curso 2023/24.

Para consultas e inscricións nas actividades formativas cómpre acceder a Fprofe.

Descarga aquí o Plan:

Plan Anual de Formacióndo Profesorado. Curso 2023/24

Plan Anual de Formación do profesorado para o curso 2023-24

S2303002 - Rutas matemáticas na contorna

Summary: 

Rutas matemáticas en el entorno
Gallego

Que é un paseo “matemático”?, é necesario saber moito de matemáticas para poder seguir un percorrido polas rúas e prazas de Compostela?

Non é iso, senón que podamos engadir aos moitos atractivos que ten a cidade, a de atopar elementos e propiedades matemáticas onde menos se espera. Deste xeito comprenderemos a beleza que se pode xerar cun adecuado emprego de formas e propiedades xeométricas, e adestraremos a nosa mirada para captar as relacións matemáticas que ás veces se esconden nos obxectos máis inesperados.

Guiarannos por estes estupendos paseos matemáticos os profesores e profesoras:

  • Julio Rodríguez Taboada - CPI dous Dis - Rois (A Coruña)
  • José Mª Barca López - IES Laxeiro - Lalín (Pontevedra)
  • Maruxa Barca López - IES A Sangriña - A Guarda (Pontevedra)
  • Pilar García Agra - IES nº1 - Ordes (A Coruña)
  • Julio Alfonso Rodríguez Taboada - IES As Barxas (Pontevedra)

Todos eles son profesores de matemáticas e membros da sección de Santiago da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática "AGAPEMA".

Antes de comezar os paseos matemáticos, tivemos unha pequena sesión na que se nos mostrou o obxectivo dos mesmos e os itinerarios para os diversos grupos, como podedes lembrar neste vídeo do momento.

  • Data: 30 de setembro de 2023
Rutas matemáticas na contorna

S2301106 - Traballando coas técnicas para o coidado e a hixiene da voz. Foniatría e ortofonía

Summary: 

Traballando coas técnicas para o coidado e a hixiene da voz.
Foniatría e ortofonía.
Gallego

O profesorado somos un colectivo que temos a voz como a principal ferramenta de traballo. É moi frecuente que o seu uso diario durante longas horas obrigue a un esforzo que vaia deteriorando pouco a pouco a súa calidade e é moi complicado recuperala sen someterse a tempadas de repouso. Malos hábitos de vida, acompañados dun mal uso desta pode provocar longas tempadas de afonía.

Este problema pode agravarse ata impedir o exercicio da nosa profesión. Por este motivo, o coidado da voz e a aprendizaxe de técnica vocal que fomenten o seu bo uso e eviten a aparición de alteracións gañan especial relevancia na nosa profesión. Neste curso imos achegarche esa información básica para o bo coidado e hixiene da voz.

 

Datas de realización: setembro (21-28), outubro (5-19-26) e novembro (2-9).

Horario: de 17:00 a 20:00H.

Lugar: Aula 9 do CAFI en Santiago de Compostela

Relator: Pablo García Ferradas

Código en fprofe: S2301106

Traballando coas técnicas para o coidado e a hixiene da voz.
Foniatría e ortofonía.

Cursos de formación en PROENS na Rede

Summary: 

Cursos na Rede de 20 horas a desenvolver no mes de xullo
Gallego

Dispoñibles en Fprofe para a inscrición as actividades na Rede:

G2301035 - Elaboración de programacións didácticas coa aplicación informática PROENS para infantil e primaria

G2301036 - Elaboración de programacións didácticas coa aplicación informática PROENS para secundaria

Duración: 20 horas

Modalidade: na Rede (Platega)

Obxectivos:

1.Coñecer a estrutura básica do novo modelo curricular galego e dos elementos que o conforman, así como as relacións que entre eles se establecen e as posibilidades prácticas que permiten.

2.Realizar un primeiro achegamento práctico á aplicación informática corporativa para a elaboración de programacións nas etapas de infantil, primaria, secundaria e bacharelato.

3.Elaborar un exemplo básico de programación didáctica para un nivel educativo a través da aplicación informática corporativa de programacións.

Contidos:

1. O novo currículo galego e a programación didáctica.

2.A elaboración da programación didáctica na aplicación Proens.

Data límite de inscrición: 5 de xullo de 2023

Inicio do curso: 10 de xullo de 2023

PROENS
PROENS

Vídeos da xornada de presentación do novo modelo de competencias profesionais docentes

Summary: 

Póñense a disposición do profesorado as gravacións das sesións que tiveron lugar na xornada de presentación
Gallego

O pasado 29 de marzo de 2023 tivo lugar no pazo de Congresos de Santiago de Compostela a presentación do novo modelo de competencias profesionais docentes.

Na seguinte ligazón están dispoñibles para a súa visualización as gravacións das diferentes sesións que tiveron lugar durante a xornada, cun total de 28 vídeos:

Escolma de vídeos da xornada de presentación do novo modelo CPD

O novo modelo de competencias profesionais docentes pode ser consultado aquí.

 

Vídeos CPD
Vídeos xornada CPD

G2201136 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente nas áreas 5 e 6 do nivel B1

Summary: 

Aberta a inscrición ata o 21 de maio, inclusive.
Gallego
  • Temporalización: do 30 de maio ao 4 de xullo de 2023.
  • Obxectivos:
    • Utilizar de forma autónoma as tecnoloxías dixitais para garantir a accesibilidade universal, a inclusión e compromiso activo do alumnado.
    • Integrar de forma autónoma nos procesos de ensino e aprendizaxe os aspectos curriculares relativos ao desenvolvemento da competencia dixital do alumnado.
  • Contidos:
    • Área 5: Empoderamento do alumnado (Nivel B1: Adopción)
    • Área 6: Desenvolvemento da competencia dixital do alumnado (Nivel B1: Adopción)
  • Información importante:
    • Estas actividades son compatibles con outras actividades na Rede do plan de formación, pero non entre elas. 
    • É necesario revisar o nivel de acreditación en Fprofe > Acreditacións para que a formación elixida sexa acorde coas necesidades individuais de competencia e acreditación.
    • Poderás obter máis información sobre a acreditación da competencia dixital docente no enderezo web https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital ou no correo acreditacioncdd@edu.xunta.gal
  • Ficha da actividade en Fprofe
  • Data límite de inscrición: 21 de maio de 2023
miniatura recurso

G2203013 Roteiro da lavandeira de San Simón de Eva Mejuto

Summary: 

Memorias das mulleres na Guerra Civil
Gallego

Seguindo a obra A lavandeira de San Simón, con texto de Eva Mejuto e Ilustracións de Bea Gregores, percorreremos, partindo do Porto de Cesantes, as Illas de San Simón e Santo Antón, atendendo principalmente á historia dos seus anos máis negros, cando foi cárcere de campo de concentración franquista, entre 1936 e 1944. A segunda parte da ruta será no Porto da Portela, ao que accederemos desde o antigo lavadoiro da Xunqueira, percorrendo a pé o paseo da Portela, ata chegar ao Porto da Portela, seguindo as pistas das “lavandeiras” ou “madriñas”, a rede de axuda de mulleres que lavaban a roupa aos presos da Illa e do barco-prisión Upo Mendi. A Portela foi, tamén na Segunda Guerra Mundial, un lugar importante para a fuxida de xudeus. Unha familia da zona formou parte destas dúas redes solidarias, a de Faustino Otero (Faustino da Portela) e Bernardina Lino. Un roteiro pola literatura, pola Historia e a memoria.

  • Data: 20 maio 2023
  • Relatora: Eva Mejuto, xornalista e escritora
  • Código en fprofe: G2203013
Roteiro da lavandeira de San Simón de Eva Mejuto

G2203014 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Olga Novo

Summary: 

Roteiro polos espazos vitais e literarios de Olga Novo
O bosque dos cromosomas
Gallego

Esta experiencia didáctica propón dotar de contexto á obra de Olga Novo así como amosar o paso do tempo sobre as comunidades rurais e destacar algúns dos compoñentes destas que normalmente son pasados por alto.

Pola columna vertebral

O roteiro comeza nun punto de Vilarmao onde está o Simca 1200 en desuso dos veciños da familia da escritora onde naceu no 1975 Olga Novo.

A partir de aí, o percorrido atravesa toda a aldea en liña recta, semellando o que Novo califica como «unha estrutura de columna vertebral». A dinámica pasa a consistir na autora contando historias persoais relacionadas con cada casa. Unha das paradas que conta con maior simbolismo é a casa natal da poeta: «É de onde procede toda a miña familia paterna e, entón, hai algúns elementos a partir dos cales explico a miña obra, tamén para min mesma». Entre estes, atópase o tractor do seu pai do ano 1975, que representa todos os cambios dados na sociedade cara a maquinización e, a un tempo, na súa propia familia.

Ao tratarse dun paseo pola aldea na que a escritora desenvolveu gran parte da súa experiencia vital, un dos fins do itinerario é incidir sobre o factor humano e social presente en núcleos rurais como o de Vilarmao. Algunhas das figuras que Olga Novo quere poñer en valor son as de «tantas e tantas mulleres humildes cuxos labores e vidas resultaron invisibles». A autora subliña especialmente todo o legado que algunhas destas mulleres lle deixaron: «Ao carón delas aprendín diferentes cousas da vida moi importantes, quizais moito máis que aquelas que aprendín na escola».

Historias esquecidas

Do mesmo modo, a vida infantil no rural é outro dos perfís que busca destacar: «Os nenos e as nenas realizaban permanentemente tarefas de apoio nos traballos que resultaban esenciais para as comunidades campesiñas». A escritora incide na importancia de contar aquelas historias moitas veces obviadas: «Considero que teñen pasado á historia grandes poderes que nos atenazan máis que outra cousa. Polo contrario, non o fan aquelas persoas que verdadeiramente conforman e manteñen a vida».

A partir destas historias persoais, a autora busca poñer o foco nos cambios que sufriron as relacións entre os veciños do rural que, anteriormente, eran «de carácter familiar nun sentido amplo e profundo». Unha das causas que impulsaron estas e outras mudas ten que ver coa propiedade nos ambientes comunais e é apuntada por Novo: «A propiedade non era tan privada como agora, non había o sentido da intimidade de hoxe en día».

Datos importantes:

  • Data: 13 de maio de 2023
  • Relator: Olga Novo
  • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  G2203014
  • Lugar: Vilarmao

 

O día que eu nacín non había ningún gran sinal

xeaba

e a herba deixábase rumiar no estómago do frío.

         Olga Novo, Cráter, Editorial Toxosoutos, 2011.

Roteiro polos espazos vitais e literarios de Olga Novo