S2303015 Aprendizaxe baseada en proxectos eTwinning

Aprendizaxe baseada en proxectos eTwinning
Dom, 05/05/2024 - 23:07
Aprendizaxe baseada en proxectos eTwinning

eTwinning é unha ferramenta para facilitar a inclusión na aula de metodoloxías innovadoras. Calquera participante pode usar esa ferramenta como considere conveniente e desenvolver con ela os enfoques que desexe experimentar. Con todo, algúns destes enfoques encaixan e aproveitan mellor as posibilidades que ofrece a plataforma. Cando se deseñan as funcionalidades e as ferramentas, cando se planifica o asesoramento a docentes ou cando se destacan algúns proxectos, estas metodoloxías están presentes. Entre elas, debemos destacar a Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP) e, como veremos, prestarémoslle unha especial atención á colaboración entre o alumnado de distintos centros.

A colaboración é o aspecto fundamental para desenvolver un bo proxecto eTwinning e é a clave para o seu éxito. Colaborar non é realizar as actividades de maneira paralela nos respectivos centros, con resultados independentes. Mesmo se nos comunicamos e nos mostramos eses produtos finais. Nin sequera estaremos a colaborar se sumamos os produtos e os presentamos como un único produto final. Por estas respostas e moitas outras que nos poidan xurdir, imos debullar o que é colaborar e aprenderemos regras de ouro para o éxito nun proxecto eTwinning.

  • Código da actividade: S2303015
  • Datas:
  • 23 de maio de 16:30 a 20:30: 'ESEP, eTwinning e ABP' con Susana Vázquez Regueiro e Yolanda Barallobre Ferreño
  • 24 de maio de 17:00 a 19:00: 'Boas prácticas, actividades e dinámicas' con Carmen Fernández Rodríguez
  • 30 de maio de 16:30 a 20:30: 'Proxectos eTwinning, TwinSpace e criterios de calidade' con Susana Vázquez Regueiro e Yolanda Barallobre Ferreño
  • 31 de maio de 17:00 a 19:00: 'Boas prácticas, actividades e dinámicas' con Carmen Fernández Rodríguez
    •  

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI