G2302046 - Ciclo de cultura científica. Tecnoloxía con sentidiño

Ciclo de Cultura Científica - Juanjo Montiel
Xov, 16/05/2024 - 18:00
Ciclo de Cultura Científica - Juanjo Montiel

 

Juanjo Montiel: talento tecnolóxico a proba de obstáculos

Chámase Juanjo Montiel, ten 36 e é malagueño. Veu a este mundo con présas porque naceu demasiado pronto, con seis meses. Levárono á incubadora, e aí quedou cego debido a unha retinopatía do prematuro. Era un fallo técnico moi común nas incubadoras dos oitenta por exceso de osíxeno, dentro da incubadora, a moitos se lles queimaron as retinas. Aínda con todo para el a vida é un agasallo. E non lle dá moitas voltas a esta historia.

Ao parecer nunca foi a un colexio da ONCE, senón a un integrado, con xente sen discapacidade. E que os seus pais nunca lle puxeron límites respecto á súa cegueira, ao revés animábano a pelexar e conseguir grandes logros que de primeiras poderían parecer imposibles.

O  noso protagonista é desenvolve software e, desde 2017, é premio MVP de Microsoft. Traballa, como todos para gañar un diñeiro e poder vivir, con todo no seu traballo atopa unha realización persoal na axuda aos que, como el sofren algún tipo de discapacidade.

E é que Juanjo creou aplicacións para que os cegos se descarguen libros de forma accesible, para que os que non ven poidan conxuntar a roupa que se poñen con tan só pasar o móbil sobre as pezas etiquetadas cun chip, ou para orientar de forma correcta as fotos que gardas dixitalmente mo teu móbil, entre outras cousas.

“Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo”.

Agardámoste este xoves!

Podes seguirnos desde: https://www.youtube.com/watch?v=L9dJXkDFotA

 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI