Gallego

G1703017 - Martín Codax: o son das ondas. Roteiro literario

Summary: 

A nosa historia literaria comezou co vaivén das ondas da ría de Vigo, que inspiraron o noso trobador medieval Martin Codax para compor as súas fermosas cantigas.
Foi o azar o que quixo que, sete séculos despois da súa composición, en 1914, un libreiro chamado Pedro Vindel atopase os seus versos nun pergamiño que facía de forro dun exemplar do De Officiis de Cicerón.
Gallego

Con esta actividade, da man do profesor Henrique Monteagudo, queremos percorrer os espazos literarios e vitais dos trobadores do Mar de Vigo.

Iniciaremos o percorrido xunto ao sartego de Pai Gómez Chariño na igrexa/convento de San Francisco e, na capital do Lérez, visitaremos o que foi o Pazo do almirante. A segunda parada será a Illa de San Simón da man de Mendiño. De aí, como terceiro punto, nos achegaremos á Illa do Santo do Mar ou de San Clemente onde rememoraremos, na ermida, as cantigas de Nuno Treez. A cuarta parada será a Capela de San Amedio de Bon, en Beluso, onde Johan de Cangas era o seu cantor primordial. Como quinta parada teremos a Igrexa de Santa María de Castrelos identificada con Johan Soarez Somesso. Remataremos no Museo do Mar de Galicia con Martin Codax e o Pergamiño Videl.

O código da actividade en fprofe é: G1703017

Data: 11 de novembro de 2017

Consulta do programa da actividade: enlace

Roteiro literario: Martin Codax
Roteiro literario: Martin Codax

G1701040 - Actividades con Geogebra para as clases de secundaria

Gallego

G1701040 - Actividades con Geogebra para as clases de secundaria

Forma de participación: Na Rede

Modalidade: Curso

Competencias profesionais:

Competente en TIC - Software.

Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe - Xestión dos espazos, recursos e materiais de aprendizaxe.

Referencia: G1701040

Centro de formación e recursos: CAFI

Temporalización:  05/03/2018  -  06/05/2018

Data límite de inscrición: 15/12/2017

Prazas:  100

Horas: 40 (non presenciais)

Destinatarios:

511019 - Catedráticos de ensino secundario. Tecnoloxía

511056 - Catedráticos de ensino secundario. Informática de BUP

511006 - Catedráticos de ensino secundario. Matemáticas

511007 - Catedráticos de ensino secundario. Física e química

511009 - Catedráticos de ensino secundario. Debuxo

511107 - Catedráticos de ensino secundario. Informática

590019 - Profesores de ensino secundario. Tecnoloxía

590006 - Profesores de ensino secundario. Matemáticas

590007 - Profesores de ensino secundario. Física e química

590009 - Profesores de ensino secundario. Debuxo

590107 - Profesores de ensino secundario. Informática

 

Criterios de selección

1.- Profesorado de ensino secundario.

2.- Os criterios xerais do Plan de Formación.

Obxectivos

1. Propiciar o coñecemento e utilización de GeoGebra para o desenvolvemento de diversos temas na ESO.

2. Elaborar figuras para o seu uso nas explicacións do profesorado e/ou para a súa utilización ou construción directa polo alumnado.

3. Facilitar recursos didácticos xa elaborados susceptibles de utilización directa na aula.

Contidos:

1.Descrición do programa GeoGebra.

   1.1.A web de Geogebra. O almacén GeoGebra Tube.

   1.2.Contas de usuario.

   1.3.Funcións a cachos.

2.Contidos para 1º ESO.

   2.1.Rectas e ángulos.

   2.2.Polígonos e triángulos.

   2.3.División dun segmento.

   2.4.Corpos xeométricos.

3.Contidos para 2º ESO.

   3.1.Relacións de semellanza en 2D.

   3.2.Homotecia 3D Ortoedro.

   3.3.Triángulos semellantes.

   3.4.Posicións relativas de dúas circunferencias.

   3.5.Homotecia 3D prisma.

4.Contidos para 3º ESO.

   4.1.Frisos e mosaicos.

   4.2.Despexar en fórmulas.

   4.3.Sistemas de ecuacións lineais.

   4.4.Un problema de movementos.

   4.5.Lugares xeométricos.

5.Contidos para 4º ESO.

   5.1.Estudo inicial dunha función. Transformacións elementais.

   5.2.A función de proporcionalidade inversa.

   5.3.Ecuación da recta que pasa por dous puntos.

   5.4.Funcións a cachos.

   5.5.Razóns e funcións trigonométricas.

   5.6.Baldosas alxébricas en 3D.

Curso: Actividades con Geogebra para as clases de secundaria
Actividades con Geogebra para as clases de secundaria

G1702009 Xornadas Internacionaliza a túa escola: Erasmus+, E-Twinning e outras propostas.

Summary: 

Xornadas de internacionalización. Difusión dos programas Erasmus+ e plataforma E-Twinning. Introdución teórica e obradoiros prácticos. Descubre como internacionalizar o teu centro!
Gallego

 

G1702009 Xornadas Internacionaliza a túa escola: Erasmus+, E-Twinning e outras propostas.

  • Data: 25.11.2017
  • Lugar de celebración: EGAP
  • Horas: 8
  • Obxectivos

1.Proporcionar información sobre os programas europeos descentralizados no contexto do Erasmus+.

2.Amosar boas prácticas e procedementos de participación nas diferentes accións de programas europeos.

3.Desenvolver estratexias para o desenvolvemento de programas europeos.

Para acceder á actividade pincha aquí: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInscricionCursos.do?DIALOG-EVENT...

Xornadas eTwinning
Xornadas eTwinning

Recursos na Rede para a competencia oral en inglés

Summary: 

Actividade formativa do plan anual 2017-18
Gallego

G1701065 - Recursos na Rede para a competencia oral en inglés

Forma de participación: Na Rede

Datas: 22 de xaneiro a 9 de marzo de 2018

Competencias profesionais docentes:

Comunicador/a en linguas maternas e estranxeiras - Destrezas comunicativas verbais e non verbal: técnicas e estratexias para o desenvolvemento e mantemento.

Interlocutor/a e referente (forma de ser e relacionarse cos demais) - Habilidades persoais, sociais e relacionais. Estratexias de mellora.

Referencia: G1701065
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  2º trimestre, curso académico 2017/2018
Data límite de inscrición: 15/12/2017
Lugar: Na Rede
Prazas:  50

Horas totais:

Horas presenciais: 0
Horas non presenciais: 30

Destinatarios: Todas as ensinanzas

Criterios de selección: Os criterios xerais do plan anual de formación

Obxectivos:

1.Familiarizarse cos trazos da linguaxe oral e as estratexias principais para manter a fluidez da comunicación.

2.Coñecer e poñer en práctica fórmulas e estratexias típicas da comunicación oral.

3.Coñecer e practicar a linguaxe e as funcións de uso cotián durante a interacción e o manexo da aula.

Contidos:

1.Revisión e análise dos trazos e estratexias básicas do discurso oral: fórmulas, frases feitas, parafrasear, definir, repetir, aclarar dúbidas, buscar alternativas, etc.

2.Análise de fragmentos do discurso oral en distintos contextos e con distintas funcións para identificar as estratexias da linguaxe oral que empregan os falantes nativos e a súa posterior posta en práctica en distintas simulacións.

3.Recompilación e posterior uso da linguaxe oral empregada na aula para distintas tarefas, destrezas e agrupamentos.

 

ASESORA RESPONSABLE DA ACTIVIDADE: Diana Pastoriza Espasandín

Enderezo electrónico: dianapastoriza@edu.xunta.es

 
Competencia oral en inglés
Competencia oral en inglés

Materiais didácticos con software libre en Linux

Summary: 

Actividade formativa do Plan Anual 2017-18
Gallego

G1701028 - Materiais didácticos con software libre en Linux

Forma de participación: Na Rede

Competencias profesionais:

Competente en TIC - Software.

Investigador/a e innovador/a - Investigación formativa. TAC e Alfin.

Referencia: G1701028
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  2º trimestre, curso académico 2017/2018
Data límite de inscrición: 15/12/2017
Lugar: Na Rede
Prazas:  50

Horas totais:

Horas presenciais: 0
Horas non presenciais: 50
 

Destinatarios: Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades

Criterios de selección: Os criterios xerais do plan anual de formación

Obxectivos

1. Instalar e manexar unha distribución GNU/Linux a nivel usuario.

2. Coñecer as posibilidades de uso e os beneficios da aplicación do software libre no sistema educativo.

3. Deseñar materiais didácticos para utilizar na aula usando software libre.

Contidos

1. Software libre e sistemas GNU-Linux

   1.1.Instalación dun Sistema Operativo libre

   1.2.Busca e instalación de novos programas

2. Alternativas libres aos programas e aplicativos de uso xeral

   2.1.Formatos estándar e interoperabilidade

   2.2.Ferramentas para o deseño e tratamento de imaxes

   2.3.Edición de audio e vídeo

3. Creación e difusión de materiais educativos

 

Asesor responsable da actividade: GARCÍA RAÑALES, JESÚS ANTONIO

Enderezo Electrónico:  jesusagr@edu.xunta.es

Curso Materiais didácticos con software libre en Linux
Materiais didácticos con software libre en Linux

Análise, xestión e planificación dos riscos e medidas de emerxencia. Plan de Emerxencia-Evacuación

Summary: 

Aberto o prazo de inscrición para o curso Análise, xestión e planificación dos riscos e medidas de emerxencia, que ten como obxectivo elaborar o Plan de Emerxencia-Evacuación do centro.
Gallego

Aberto o prazo de inscrición para o curso Análise, xestión e planificación dos riscos e medidas de emerxencia, que ten como obxectivo elaborar o Plan de Emerxencia-Evacuación do centro. O prazo de inscrición finaliza o 5 de novembro.

Obxectivos:

1.Proporcionar unha formación específica, teórica e práctica en materia de prevención de riscos laborais.

2.Facilitar unha cultura preventiva e coñecementos para actuar como axente activo na elaboración, implantación e seguimento do plan de emerxencia-evacuación.

3.Coñecer os riscos específicos e a súa prevención no centro educativo e adquirir os coñecementos precisos para a elaboración do plan.

Horas: 30 horas.

Modalidade: Na Rede, en PLATEGA

Datas: Do 14 de novembro ao 21 de decembro 2017.

Observacións: Para acadar unha maior cobertura formativa establecerase como obxectivo específico de selección o límite dunha persoa seleccionada por centro. Non repetirán centros da pasada edición. Criterios xerais do Plan Anual de Formación.

 

 

Plan de emerxencia-evacuación
Plan de emerxencia-evacuación

S1702011 Eu pago meus impostos, e ti? A importancia da conciencia fiscal

Summary: 

Trátase dun curso presencial dirixido a todo o profesorado e terá lugar no CAFI os días 15 e 22 de novembro.
Gallego

Obxectivos:

1.Identificar os distintos bens e servizos públicos e coñecer o seu valor económico e repercusión social.

2.Recoñecer as diferentes fontes de financiamento dos bens e servizos públicos, especialmente as fontes fiscais.

3.Interiorizar as actitudes de respecto polo que é público e, polo tanto, financiado co esforzo de todos e utilizado en beneficio común.

Data de comezo: 15 de novembro

Data de finalización: 22 de novembro

Lugar de celebración: CAFI Aula 1.11

Número de horas totais: 8 horas

Enlace a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78765

Pago de impostos
Pago de impostos

G1701010: Escenarios prácticos de seguridade e alta dispoñibilidade

Gallego

Data: 

02/10/2017 - 10/12/2017

Lugar: 

Platega2

Sección: 

G1701014: Maquetaxe con Adobe Indesign

Gallego

Data: 

02/11/2017 - 11/12/2017

Lugar: 

Platega2

Sección: 

G1701014: Maquetaxe con Adobe Indesign

Summary: 

Nova actividade na rede dirixida preferentemente ao profesorado de FP da familia profesional de artes gráficas sobre o emprego do software de maquetaxe profesional Adobe Indesign.
Gallego

Esta actividade está dirixida principalmente ao profesorado de FP da familia profesional de Artes gráficas e mais ao profesorado das escolas de artes e oficios do ámbito do deseño. É un curso de iniciación no emprego do software de maquetaxe, dende a configuración inicial ata a creación de documentos e a modificación de estilos. Trata os conceptos fundamentais para empezar a utilizar o programa de composición:

  • os axustes máis básicos da composición de textos.
  • como introducir e axustar ilustracións.
  • como numerar e manipular as páxinas.
  • como engadir pés de foto.
  • como elaborar índices.
  • como distribuír profesionalmente contidos, capítulos, parágrafos..
  • como crear documentos interactivos e entregar un traballo á imprenta.

O titor ten unha longa experiencia no eido do deseño e tamén traballara coma docente nas escolas de artes e oficios, polo cal entende a problemática particular do ensino deste tipo de ferramentas nos centros educativos galegos.

Esta actividade formativa estará baseada na versión Adobe Indesign CS6, xa que é a mais recente que actualmente permite a instalación dunha versión de proba por 30 días.Por iso, se non se dispón dunha licenza, é importante non instalalar a versión de proba no(s) equipo(s) dende onde se vaia seguir o curso, antes da data na que o titor así o indique. Deste xeito os 30 días de proba deberían chegar para completar todas as tarefas que se propoñen no curso.

Data de comezo:  2/10/2017

Data de finalización: 11/12/2017

Lugar de celebración: Platega2

Número de horas totais: 25

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78304

Ligazón á Aula Virtual:  https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=461

Adobe Indesign