Datas: 11 e 12 de xaneiro en horario de 17:00 a 21:00 horas e 13 e 27 de xaneiro de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 19:30 horas
Duración: 24 horas presenciais
Lugar de realización: Aula 11 do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) en Santiago de Compostela
Situación CAFI
Relatores: Esteve López e María Batet
Destinatarios: Todas as ensinanzas
Obxectivos:
1. Reflexionar sobre modelos competenciais de ensinanza
2. Afondar na competencia de aprender a emprender
3. Vincular a introdución do emprendemento á programación didáctica por competencias
4. Crear unha rede de profesores que lideren o programa de emprendemento
5. Sistematizar e secuenciar a transmisión de formación nos centros
6. Provocar espazos e ámbitos para a reflexión pedagóxica sobre a introdución de modelos competenciais na aula
7. Deseñar experiencias
8. Reflexionar sobre o impacto que o cambio da cultura da avaliación produce na aprendizaxe do alumnado
9. Coñecer e aplicar regularmente ferramentas de avaliación da aprendizaxe
10. Sistematizar a reflexión sobre a práctica docente.
11. Utilizar o portafolios docente, como ferramenta de reflexión e desenvolvemento.
12. Deseñar e organizar xornadas de boas prácticas de programas de emprendemento, nos centros e intercentros.
Contidos:
1. Os trazos da competencia emprendedora: autonomía persoal, liderado, innovación e habilidades empresariais.
2. Os desempeños, clave para mellorar o talento emprendedor. A vinculación dos proxectos de emprendemento aos contidos curriculares.
3. Factores que condicionan o desenvolvemento da creatividade. Procesos que interveñen cando nos enfrontamos ó reto de xerar novas alternativas. Os pasos do proceso creativo e as ferramentas de xeración de ideas e técnicas de creatividade.
4. Adestramento do emprendemento nun modelo de programación por competencias. Aprendizaxe por proxectos: unha oportunidade para ser sistemáticos e aportar rigor.
5. Proxectos que dan resposta a necesidades do entorno e perseguen a mellora social.
6. Un modelo de deseño de proxectos: tópico xenerativo, fíos condutores e deseño de tarefas co ciclo de Kolb. Avaliación sistemática dos proxectos de emprendemento na escola.
7. Importancia da avaliación diagnóstica. Saber de onde partimos. Avaliar os desempeños da competencia emprendedora. Uso de ferramentas de avaliación diversas: dianas, rúbricas, rexistros... Manexar ferramentas de autoavaliación e coavaliación.
8. A avaliación como impulsora da mellora no profesorado e no alumnado.
Para más información pulsa aquí.