Gallego

G1701010 Escenarios prácticos de seguridade e alta dispoñibilidade

Summary: 

Nova edición deste curso na rede, destinado ao profesorado de FP das familias de Informática e comunicacións e de Electricidade e electrónica. O curso pretende achegar ao profesorado os diferentes sistemas para protexer as comunicacións de datos así como para garantir o funcionamento de servizos telemáticos fronte a avarías. A diferenza de anteriores edicións, nesta o curso terá unha duración de 50 horas.
Undefined

Neste curso abórdanse, cun enfoque práctico, diferentes aspectos relativos á seguridade da información. Entre outras cousas se estudará:

  • como protexer o perímetro dunha organización mediante o uso de devasas.
  • como comprobar a debilidade dos sistemas de autenticación por contrasinais e as diferentes aproximacións para mellorar este sistemas (fortificación do servizo e autenticación por claves).
  • como revisar o estado do sistema con ferramentas de análise automáticas.
  • como protexer as comunicacións mediante o uso de técnicas criptográficas.
  • como garantir a dispoñibilidade dos servizos empregando técnicas de alta dispoñibilidade.
  • cales son os principais puntos da lexislación vixente a esta temática e como abordar o seu estudo nas nosas aulas.

O titor é profesor da familia de Informática e comunicacións, e conta cunha longa traxectoria impartindo docencia neste área temática. Titorizou anteriores edicións desta actividade formativa, tanto no seu actual formato na rede como en formato presencial.

Requisitos para participar

Para comezar co curso o participante debe ter claro que xa debe ter familiaridade co manexo de ferramentas de virtualización e coa instalación e administración básica de sistemas operativos Ubuntu Linux (configuración de rede básica, instalación de paquetes, execución de comandos por consola, ...).

Debido ó uso de máquinas virtuais, é recomendable que o equipo onde se monten os escenarios sexa un equipo relativamente moderno. Coma mínimo recoméndase un equipo Intel core i3 con 4 GB de RAM.

Data de comezo:  2/10/2017

Data de finalización: 10/12/2017

Lugar de celebración: Platega2

Número de horas totais: 50

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78294

Ligazón á Aula Virtual:  https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=699

Escenarios practicos de seguridade e alta dispoñibilidade

Técnicas de instrumentación con orquestra escolar

Summary: 

Ampliada a inscrición no curso na Rede G1701025 - "Técnicas de instrumentación con orquestra escolar", dirixido a profesorado de música (Primaria, ESO, bacharelato).
Gallego

Ampliada ata o 1 de outubro a inscrición no curso na Rede G1701025 - "Técnicas de instrumentación con orquestra escolar", dirixido a profesorado de música (Primaria, ESO, Bacharelato).

Este curso pretende axudar ao profesorado na utilización da orquestra escolar mediante a elaboración e edición de arranxos musicais e outros recursos (improvisación, contos musicais, contos mimables...) dirixidos á aprendizaxe do maior número de contidos a través da práctica instrumental e vocal.

Os datos do curso son os seguintes:

  • Data de comezo: 16 de outubro
  • Data de finalización: 27 de novembro
  • Horas: 30 horas
  • Prazas: 50
  • Inscrición: Ata o 1 de outubro en Fprofe
  • Plataforma de celebración: Platega2

 

 

Instrumentación con orquestra escolar
Instrumentación con orquestra escolar

OBSERVA_ACCIÓN Programa de Innovación educativa

Summary: 

Aberto o prazo de solicitude para participar no Programa de Innovación educativa "OBSERVA_ACCIÓN"
Gallego

O programa de innovación educativa "OBSERVA_ACCIÓN: Innovación docente desde a observación, a avaliación e o intercambio entre iguais" desenvolverase ao longo de 2 cursos coa finalidade de fomentar o desenvolvemento profesional en base ao Marco de Competencias Profesionais Docentes tanto na nosa comunidade como no marco do acordo interterritorial de colaboración coa comunidade de Castela e León.

  • Prazo de solicitude: 10 días hábiles desde o día seguinte á publicación da resolución.

Para máis información pode dirixirse ao Centro Autonómico de Formación e Innovación: Teléfono 981522411 ou no correo electrónico cafi@edu.xunta.es

OBSERVA_ACCION
OBSERVA_ACCION

Atención e formación en centros

Xefatura de departamento

Irene Vidal Arnejo // cafi.centros@edu.xunta.gal

Asesoras

Mª Rosaura Rodríguez García  // cafi.zona1@edu.xunta.gal

Cristina Diéguez Leal // cafi.zona2@edu.xunta.gal

Lucía Cuíña Fernández // cafi.zona3@edu.xunta.gal

Marta Valderrama Botana // cafi.zona4@edu.xunta.gal

Rosa Mª Andrade Expósito // cafi.zona5@edu.xunta.gal

Laura López Drusetta  // cafi.zona6@edu.xunta.gal

Mª Esperanza Vázquez Iglesias // cafi.zona7@edu.xunta.gal

Iria González Grande // cafi.zona8@edu.xunta.gal

Mª Carmen Vieites Salvado // cafi.zona9@edu.xunta.gal

Irene Vidal Arnejo // cafi.zona10@edu.xunta.gal

 

Zonas CAFI para a atención y formación en centros

Gallego
Atención e formación en centros

G1701007: Administración de dominios en redes locais con GNU/Linux

Gallego

Data: 

02/10/2017 - 10/12/2017

Lugar: 

Platega2

Sección: 

G1701007: Administración de dominios en redes locais con GNU/Linux

Summary: 

Nova edición desta actividade formativa orientada ao ensino da configuración e mantemento de servidores para servizos na rede local, baseados nunha distribución de Ubuntu server.
Gallego

Esta actividade formativa en rede, forma parte da oferta formativa do plan anual de formación do profesorado de FP para o primeiro trimestre, destinada principalmente ao profesorado da familia profesional de Informática e comunicacións e tamén ao profesorado de Electricidade e electrónica. O profesorado interesado debe contar con coñecementos básicos de administración do Sistema Operativo Linux, sendo este un requisito necesario para participar na actividade.

O curso dedícase ás diversas tecnoloxías que se poden utilizar para a implementación de dominios con usuarios centralizados e recursos compartidos na rede, facendo uso de sistemas GNU/Linux e integrando tamén equipos clientes baseados en Windows. Para os exercicios prácticos empregarase Virtualbox e a última versión LTS do sistema operativo Ubuntu, polo cal os participantes deben contar cun PC con polo menos 4GB de memoria RAM.

Os titores do curso, profesores da familia profesional de informática e comunicacións, xa actuaran coma titores en anteriores edicións con excelente valoración por parte dos participantes.

Data de comezo: 2/10/2017

Data de finalización:  10/12/2017

Lugar de celebración: Platega2

Número de horas totais: 50

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78287

Ligazón á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=703

Administración de dominios en GNU-Linux

G1703012 Roteiro O espello do mundo de Ramón Nicolás

Summary: 

Unha historia que se remonta a unha Idade media luminosa, afastada da «tópica escuridade ateigada de tebras»
Neste percorrido achegámonos a Hildegarda, abadesa bieita, visionaria e unha das personalidades máis fascinantes da Baixa Idade Media en Europa
Gallego

O espello do mundo presenta un feitío de novela histórica, incorporando textos de orixe documental, que por veces son pura fabulación e outras non, ao servizo do deseño dunha época esvaecida na historia de Galicia que cobra, agora, unha nova perspectiva. A conexión coa trama histórica, enraizada no cenobio feminino de San Pedro de Ramirás (Ourense), vincúlase, ideolóxica e espiritualmente, con determinadas correntes relixiosas da Alemaña da época e particularmente coa figura de Hildegarda von Bingen. A esta realidade asómase Martiño, quen deberá afondar na revelación dos segredos que se atesouran nunha relación epistolar inédita con contidos altamente reveladores.

O sábado 30 de setembro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 percorreremos os principais espazos da novela da man de Ramón Nicolás e Xoán Carlos Domínguez Alberte.

G1703012 Roteiro O espello do mundo
G1703012 Roteiro O espello do mundo

S1701025 Bavardons! Édition 2017 (Falemos!)

Summary: 

Parlons français, c'est facile!
Gallego

Este curso pretende acompañar e guiar o docente non só na creación de novos materiais senón convertelo no “actor principal” a través de actividades de familiarización e sistematización progresiva.

Durante o curso, o docente elaborará ferramentas de traballo máis eficaces, utilizando as catro competencias na aula.

Así mesmo proporcionarase información detallada acerca das características fonéticas, estruturas e normas de interacción comunicativa que forman a lingua francesa, así como os aspectos socioculturais dos países francófonos.

- Lugar de celebración: CAFI

- Datas: 25/09/2017; 02/10/2017; 09/10/2017; 16/10/2017; 23/10/2017; 30/10/2017; 06/11/2017.

Bavardons!
Bavardons!

G1702018 Metodoloxías innovadoras na aula de alemán

Summary: 

Metodoloxías innovadoras para profes inquietos
Gallego

Este curso permitiralles  aos profesores de ‘natureza inquieta’ afondar, experimentar e poñer a proba algunhas das novas metodoloxías educativas que máis forte están a soar. A motivación dos alumnos, a posibilidade de personalizar o proceso ensino-aprendizaxe, diferentes enfoques metodolóxicos para a educación, resolución de problemas… a lista de bondades que escriben estas novas metodoloxías educativas ben paga a pena a atención dos profesores, sempre proactivos para mellorar a súa cátedra na aula.

Esta actividade terá lugar o sábado 9 de setembro no CAFI, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

metodoloxías innovadoras
metodoloxías innovadoras

S1702008 Xornadas de transporte e mantemento de vehículos. Curso 2017-2018

Summary: 

As Xornadas de Transporte e mantemento de vehículos celebraranse no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela os días 12 e 13 de setembro.
Gallego

Data de comezo: 12 de setembro

Data de remate: 13 de setembro

Lugar de realización: CIFP Politécnico (Santiago de Compostela)

Horas totais: 16 horas

Ligazón a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78464

Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual2/course/view.php?id=272

 

Organización das Xornadas

Como en anteriores edicións, celebraranse 3 obradoiros teórico-prácticos en paralelo que se repetirán os días 12 e 13. Cada asistente poderá participar en dous destes obradoiros.

O día 12 de setembro de 9:30 a 10:00 terá lugar a presentación das Xornadas no salón de actos do CIFP Politécnico.

 

Data

Relator/a

Título charla

Contidos do relatorio

12/09/17

09:30-10:00

José Manuel Grille

Coordinador das xornadas

Presentación das Xornadas

  • Presentación de cursos e aspectos organizativos.

  • Presentación dos relatorios e obradoiros.

  • Inscrición nos obradoiros.

12/09/17-13/09/17

09:30-13:30

15:30-19:30

Pedro Álvarez

Normativa aplicada á climatización e novas tecnoloxías

Teoría:

  • Derrogación do RD 795/2010 e entrada en vigor do RD 115/2017

  • Sistemas de detección de fugas e controis periódicos

  • Rexistros

  • Redución dos hidrofluorocarburos a partir de 2020

Análise dos sistemas de climatización máis habituais instalados en vehículos:

  • Sistemas de expansión seca e sistemas inundados

  • Sensores electrónicos de presión

  • Dispositivos de control para o seu correcto funcionamento

Características dos sistemas utilizados en automóbiles eléctricos e híbridos:

  • Variantes para climatizar o habitáculo e a batería

  • Solucións para dar resposta térmica aos momentos de paro de motor en semáforos

  • Tecnoloxía inveter para os compresores en coches eléctricos

Refrixerante HF01234Yf como solución verde ao reto global:

  • Manipulación, seguridade e hixiene

  • Almacenamento e toxicidade

  • Relación de presións e temperaturas

Diagramas de Mollier:

  • Interpretación dos mesmos

  • Situar sobre eles as condicións de traballo dun sistema de climatización

  • Obtención de datos e resultado

Prácticas:

  • Verificar o control de funcionamento do sistema de climatizaciónn e os seus periféricos

  • Proceso de recuperación e cargha de refrixerante

  • Protocolo de estanqueidade, baleirado, reposición de aceite e carga de refrixerante

  • Control de presións e temperaturas de traballo

  • Rexistro de datos para ser trasladados ao diagrama de Mollier

  • Conclusións obtidas sobreo diagrama así como posibles dúbidas

12/09/17-13/09/17

09:30-13:30

15:30-19:30

Ángel Enciso Martínez

ZF Services España S.L.U.

Caixa de cambio automática ZF

Evolución da caixa de cambios automática ao longo da historia

Composición e funcionamento do convertedor de Par

Práctica de desmontaxe e montaxe do convertedor

Composición global e funcionamento básico das caixas de cambio ZF

Práctica de desmontaxe do casquillo do conector da mecatrónica

Perigos por descarga estática na manipulación do conector

Correcta identificación da caixa cambios

Precaucións antes de realizar o cambio de aceite

Como realizar correctamente o mantemento das caixas ZF

Mantemento por gravidade e por máquina (vantaxes e inconvenientes)

Importancia de facer mantemento ás caixas de cambio e usar o aceite orixinal

Precaucións e recomendacións despois de realizar o mantemento

Comprobación das diferentes pezas do vehículo que poden afectar á caixa de cambios

Práctica de desmontaxe e montaxe dunha 6HP 26

12/09/17-13/09/17

09:30-13:30

15:30-19:30

Roberto Bosch España, S.L.U.

 

Normativas anticontaminación

Medidas previas para redución de emisións

Tratamento posterior de gases de escape:

  • Catalizador de oxidación

  • EGR

  • Filtro de partículas (sistema con aditivo e sen aditivo)

  • Sistemas SCR/Denoxtronic

  • Sensores involucrados

Descrición/comprobación de emisións en ITV

 

Preinscrición nos Obradoiros

Como cada obradoiro contará cun máximo de 20 prazas é preciso facer unha distribución dos asistentes entre os diferentes obradoiros segundo as súas preferencias. Para facelo, ao longo da presentación das Xornadas porase a disposición dos participantes unhas follas de inscrición, nas que os asistentes poderán elixir os dous obradoiros da súa preferencia.

Reserva para o xantar

Cada asistente deberá asumir o custo do seu xantar. Para aqueles que estivesen interesados facilitaranse os teléfonos dos resturantes próximos ao centro educativo con prezos de menú do día económicos para que poidan facerse reservas.

XTMV2017
XTMV2017