Gallego

IV Xornadas galegas de linguas estranxeiras

Summary: 

IV XORNADAS GALEGAS DE LINGUAS ESTRANXEIRAS, 1 de abril en horario de mañá e tarde
Gallego

O Departamento de Linguas do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) anuncia a celebracion das IV XORNADAS GALEGAS DE LINGUAS ESTRANXEIRAS, que terán lugar o día 1  de abril en horario de mañá e tarde na EGAP (Escola Galega de Administración Pública).

Estas Xornadas están abertas a todos os docentes da Comunidade, interesados nos idiomas obxecto da convocatoria: inglés, francés, alemán, portugués e italiano.

O aforo é limitado, polo que a admisión se realizará segundo os criterios de selección publicado no Plan de formación.

O código de inscrición e o enlace en fprofe é o G1602006 

 

 

Linguas estranxeiras
Linguas estranxeiras

G1601081 Matemáticas divertidas

Summary: 

Curso plan anual 2016-17
Gallego

Dende o 13 de marzo ata o 28 de abril ten lugar un curso na Rede programado para o profesorado de infantil e primaria.

Os obxectivos deste curso inclúen:

1.Fomentar o gusto polas matemáticas, mediante a utilización de metodoloxías activas e manipulativas.

2.Proporcionarlle ao profesorado estratexias didácticas baseadas en xogos, recursos e materiais manipulativos así como distintas estratexias de cálculo e resolución de problemas.

3.Favorecer o deseño de secuencias didácticas contextualizadas e significativas que atendan á diversidade do alumnado.

 

Matemáticas divertidas
Matemáticas divertidas

G 1601006 Confección de nóminas e seguros sociais con aplicación informática

Summary: 

Curso do Plan Anual 2016-17
Gallego

A partir do vindeiro 28 de marzo iniciarase un curso na Rede programado para profesorado da familia de Administración e Xestión: “Confección de nóminas e seguros sociais con aplicación informática”.

Os obxectivos deste curso inclúen coñecer a aplicación informática de contabilidade NominaSol, así como o seu manexo mediante a resolución de supostos prácticos.

A actividade estenderase durante 9 semanas. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que a titora propoña. Como axuda estarán dispoñibles a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que os titores establezan.
Como é un curso na Rede, cada participante pode conectarse á aula virtual no tempo e horario que considere oportuno.

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73656

Nóminas
Nóminas

Convocatorias eTwinning

Summary: 

Publicación no BOE da convocatoria de "Eventos de formación eTwinning 2017" e "Premios Nacionales eTwinning 2017"
Gallego

Publicouse no BOE a Convocatoria de “Eventos de formación eTwinning 2017”  (Resolución de 17 de febreiro de 2017 da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades) pola que se convocan prazas de asistencia a eventos de formación dentro do marco da acción eTwinning.
Tamén se publicou a convocatoria de “Premios Nacionales eTwinning 2017” (Resolución de 15 de febreiro de 2017 da Secretaria de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades) para proxectos realizados total ou parcialmente durante o curso 2015-2016.
Estes son os enlaces ás dúas convocatorias. As solicitudes pódense realizar desde o 28 de febreiro.

Eventos de Formación 2017: (solicitudes ata o 14 de marzo): http://etwinning.es/convocatoria-2017-de-asistencia-a-eventos-de-formacion-de-la-accion-etwinning/
 
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/profesorado/profesorado-no-universitario/becas-ayudas/formacion/eventos-etwinning.html

Premios Nacionais 2017: (solicitudes ata o 22 de marzo): http://etwinning.es/premios-nacionales-etwinning-2017/
 
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/profesorado/profesorado-no-universitario/premios/premios-nacionales-etwinning.html

etwinning
etwinning

G1601108 O profesorado como axente de saúde. Prevención do tabaquismo na escola. Plan Proxecta

Summary: 

Curso de formación de modalide mixta
Gallego

Modalidade: Mixta (presencial e na Rede)

Temporalización:  24/04/2017-09/05/2017

Data límite de inscrición: 27/03/2017

Prazas:  20
Horas: 20 h (12 horas presenciais e 8 na Rede)

Destinatarios: Todas as ensinanzas

Obxectivos:

1.Mellorar os coñecementos do profesorado sobre os condicionantes do inicio e mantemento do consumo de tabaco.

2.Sensibilizar os docentes na prevención de factores de risco desde o ámbito educativo dando a coñecer as actividades e proxectos de prevención do tabaquismo que están realizándose na actualidade.

3.Facilitar información para fomentar a implicación das familias xunto co centro, para a adquisición de hábitos de vida saudable.

Contidos:

1.Conceptos básicos en tabaquismo.

2.Por que se fuma? Factores condicionantes do inicio e do mantemento .

3.Función modélica dos pais, profesores e outros axentes sociais. Que podemos facer dende o centro educativo?

4.Como abordar o consumo de tabaco e doutras adiccións na nosa mocidade?

5.Role-playing sobre o manexo de grupos nestas materias.

6.Fase non presencial:

   6.1.Historia do tabaquismo.

   6.2.Epidemioloxía do tabaquismo.

   6.3.O tabaco como problema de saúde. Situación actual en Galicia.

   6.4.Tabaquismo pasivo.

   6.5.A normativa vixente en tabaco: lexislación no ámbito educativo.

   6.6.A publicidade dirixida á xuventude.

   6.7.Principais características dos programas de prevención universal: programas preventivos avaliados no ámbito escolar. Clase sen Fume? programa de maior implantación en España e en Europa.

tabaquismo
tabaquismo

G1601108 O profesorado como axente de saúde. Prevención do tabaquismo na escola. Plan Proxecta

Summary: 

Curso de formación de modalidade mixta.
Undefined

Modalidade: Mixta (presencial e na rede)

Temporalización:  24/04/2017-09/05/2017

Data límite de inscrición: 27/03/2017

Prazas:  20

Horas: 20 h (12 horas presenciais e 8 en rede)

Destinatarios: Todas as ensinanzas

Obxectivos:

1.Mellorar os coñecementos do profesorado sobre os condicionantes do inicio e mantemento do consumo de tabaco.

2.Sensibilizar os docentes na prevención de factores de risco desde o ámbito educativo dando a coñecer as actividades e proxectos de prevención do tabaquismo que están realizándose na actualidade.

3.Facilitar información para fomentar a implicación das familias xunto co centro, para a adquisición de hábitos de vida saudable.

Contidos:

1.Conceptos básicos en tabaquismo.

2.Por que se fuma? Factores condicionantes do inicio e do mantemento .

3.Función modélica dos pais, profesores e outros axentes sociais. Que podemos facer dende o centro educativo?

4.Como abordar o consumo de tabaco e doutras adiccións na nosa mocidade?

5.Role-playing sobre o manexo de grupos nestas materias.

6.Fase non presencial:

   6.1.Historia do tabaquismo.

   6.2.Epidemioloxía do tabaquismo.

   6.3.O tabaco como problema de saúde. Situación actual en Galicia.

   6.4.Tabaquismo pasivo.

   6.5.A normativa vixente en tabaco: lexislación no ámbito educativo.

   6.6.A publicidade dirixida á xuventude.

   6.7.Principais características dos programas de prevención universal: programas preventivos avaliados no ámbito escolar. Clase sen Fume? programa de maior implantación en España e en Europa.

G1601108 O profesorado como axente de saúde. Prevención do tabaquismo na escola. Plan Proxecta

Estadías formativas en empresas

Summary: 

Convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2017
Gallego

Ata o vindeiro día 6 de marzo, está aberto o prazo de preinscrición da modalidade formativa  Estadías Formativas en Empresas. Esta convocatoria está dirixida unicamente ao profesorado funcionario de Formación Profesional inicial e de Artes plásticas e Deseño.

O profesorado substituto non pode participar nesta modalidade formativa. Os interinos si.

As Estadías Formativas brindan ao profesorado a oportunidade de actualizar os seus coñecementos e da realidade do seu sector, colaborando cunha empresa do seu ámbito profesional. Existen tres tipos:

Temporalización

O período de realización das estadías comprende dende o 17 de abril de 2017 ata o 8 de setembro, sen incluír o mes de agosto (agás casos excepcionais). Nese intervalo, o profesorado debe consensuar coa empresa o seu horario, dentro dos seguintes límites:

  • A duración mínima das estadías é un total de 40 horas e a duración máxima 160 horas.

  • Como mínimo as sesións diarias deben ser de 4 horas ininterrompidas e o máximo é de 8 horas.

  • Deben facerse como mínimo dúas sesións por semana.

  • A temporalización proposta non debe interferir coa das actividades lectivas. Deben facerse fóra do horario lectivo.

Solicitude

O profesorado interesado debe solicitar a súa participación a través de fprofe, no apartado GT,SP,PFAC,PFFP. Cada interesado/a deberá solicitar a súa preinscrición poñendo a modalidade na que está interesado, o CFR ou CAFI da súa área xeográfica, e premendo no botón Presentar.

É importante decatarse que o botón de gravar só serve para almacenar unha copia de borrador, pero non se completa a solicitude de preinscrición ata premer en Presentar.

Posteriormente e sempre tras o remate do prazo de preinscrición a persoa interesada deberá entregar no CFR ou CAFI correspondente, a solicitude de inscrición segundo o modelo que se pode descargar do seguinte enderezo.

http://www.edu.xunta.gal/fp/estadias-formativas-en-empresa

 

  1. O prazo para facer a preinscrición é ata o próximo día 6 de febreiro (incluído).

  2. O prazo para entregar a inscrición no CFR ou CAFI correspondente é ata o próximo día 20 de marzo (incluído).

  3. Nos últimos días do mes de marzo publicarase no apartado de Estadías formativas da páxina web da Subdirección xeral de FP, a listaxe de solicitudes seleccionadas para realizar as estadías e o importe da axuda concedida para a mesma.

  4. Por último, os asesores de formación de profesorado, porase en contacto cos beneficiarios/as para ofrecerlles asesoramento.

Certificación

Ao termo de cada estadía, o profesorado participante deberá entregar ao asesor/a de formación que o asesore e a través de fprofe:

  • unha memoria final, resumindo a súa experiencia.

  • unha actividade de aplicación directa na aula, na que aplique o aprendido no ensino dalgún módulo con atribución para a súa especialidade.

  • Unha declaración responsable de posuír, como autores/as, plenos dereitos de divulgación e publicación, reprodución, distribución, comunicación pública e transformación sobre a totalidade dos materiais presentados, e de que estes non estean comercializados.

  • Os xustificantes dos gastos de desprazamento: billetes, tíckets etc.

Tras o remate da presente convocatoria de estadías formativas, a Comisión de selección avaliará a documentación e informes presentados e decidirá o número de horas de formación que deberán certificarse por cada estadía, cun máximo de 3 horas de formación por cada 10 horas de estadía. Por exemplo, para o caso dunha estadía de 160 horas, como máximo poderán certificarse 160x0,3 = 48 horas.

Máis información en: http://www.edu.xunta.gal/fp/estadias-formativas-en-empresa

 

Estadías formativas
Estadías formativas

G1601017 O ensino aprendizaxe da lingua escrita

Summary: 

Curso do Plan Anual 2016-17
Gallego

Os obxectivos deste curso inclúen coñecer e analizar as investigacións sobre o ensino e aprendizaxe da lingua escrita; Fornecer pautas metodolóxicas para o desenvolvemento curricular da lingua escrita; analizar e deseñar secuencias didácticas para traballar distintos tipos de texto.

Enlace fprofe:

http://Enlace Fprofe:https://www.edu.xunta.es/platega2/enrol/users.php?id=507

Lingua escrita
Lingua escrita

S1601085 Mindfulness para o profesorado: técnicas de relaxación e redución do estrés

Summary: 

Curso do Plan Anual 2016-17
Gallego

Os obxectivos deste curso inclúen introducir técnicas de relaxación e calma; incrementar a atención e concentración do alumnado; preparar a mente para un mellor rendemento na aula.

Os contidos son os seguintes:

1.Mindfulness. Que é o mindfulness. Programas que o desenvolven. Conexión mente corpo. A respiración.

2.A preparación mental. Atención interior e exterior. Prestar atención ao corpo.

3.Como nos engaña a mente.

4.Xestión das emocións.

5.Técnicas de relaxación.

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=74066

mindfulness
mindfulness

S1601068 Desenvolvemento da creatividade en infantil e primaria a través de dispositivos móbiles

Summary: 

Curso do Plan Anual 2016-17
Gallego

Desde o 25 de xaneiro de 2017 desenvólvese un curso presencial no CAFI, programado para profesorado de infantil e primaria, de 20 horas de duración.

Os obxectivos deste curso inclúen coñecer metodoloxías, estratexias e ferramentas útiles para o desenvolvemento da creatividade; integrar os dispositivos móbiles no traballo da creatividade; sensibilizar ao profesorado da importancia de fomentar a creatividade no alumnado.

Os contidos son:

1.Utilización significativa de dispositivos en experiencias de aprendizaxe.

2.Aplicacións educativas que axudan a expresar a creatividade do alumnado.

3.Metodoloxías activas con dispositivos móbiles.

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=74039

 

 

Creatividade
Creatividade