Gallego

Materiais didácticos con software libre en Linux. Ampliación do prazo de matrícula

Summary: 

Ampliado o prazo de matrícula ata o 15 de febreiro de 2018.
Gallego

G1701028 - Materiais didácticos con software libre en Linux

Forma de participación: Na Rede

Competencias profesionais:

Competente en TIC - Software.

Investigador/a e innovador/a - Investigación formativa. TAC e Alfin.

Referencia: G1701028
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  2º trimestre, curso académico 2017/2018
Data límite de inscrición: 15/02/2018
Lugar: Na Rede

Prazas:  50

Horas totais:

Horas presenciais: 0
Horas non presenciais: 50
 

Destinatarios: Todas as ensinanzas

 Corpos e especialidades

Criterios de selección: Os criterios xerais do plan anual de formación

Obxectivos

1. Instalar e manexar unha distribución GNU/Linux a nivel usuario.

2. Coñecer as posibilidades de uso e os beneficios da aplicación do software libre no sistema educativo.

3. Deseñar materiais didácticos para utilizar na aula usando software libre.

Contidos

1. Software libre e sistemas GNU-Linux

   1.1.Instalación dun Sistema Operativo libre

   1.2.Busca e instalación de novos programas

2. Alternativas libres aos programas e aplicativos de uso xeral

   2.1.Formatos estándar e interoperabilidade

   2.2.Ferramentas para o deseño e tratamento de imaxes

   2.3.Edición de audio e vídeo

3. Creación e difusión de materiais educativos

 

Asesor responsable da actividade: GARCÍA RAÑALES, JESÚS ANTONIO

Enderezo Electrónico:  jesusagr@edu.xunta.es

Linux
Linux

Premios a proxectos de innovación na FP. Convocatoria 2018

Summary: 

Aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 8 de xaneiro
Gallego

Convócanse premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou cinetífica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O prazo para presentar as solicitudes remata o día 8 de xaneiro de 2018.

Acceso á Resolución.

Acceso ao Anexo de solicitude.

Máis información.

FP Innova
FP Innova

Premios a proxectos de innovación na FP. Convocatoria 2018

Summary: 

Aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 8 de xaneiro
Gallego

Convócanse premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou cinetífica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O prazo para presentar as solicitudes remata o día 8 de xaneiro de 2018.

Acceso á Resolución.

Acceso ao Anexo de solicitude.

Máis información.

FP Innova
FP Innova

S1703003 A educación a debate

Summary: 

Deberes escolares
Gallego

O vindeiro luns 11 de decembro, das 18:00 a 20:00 horas, no Auditorio Xosé Neira Vilas na Biblioteca Auditorio da Cidade da Cultura, terá lugar a primeira sesión da actividade S1703003 A educación a debate, que se desenvolverá ao longo de todo o curso tratando temáticas de interese para toda a comunidade educativa.

Esta é unha actividade na que se pretende que, conxuntamente, familias e profesorado reflexionemos sobre diversos temas de interese común.

Nesta primeira sesión abordaremos o tema dos deberes esolares.

En formato de mesa redonda, debaterán sobre este tema, xunto co público presente:

- Natalia Suárez Fernández e Isabel Piñeiro Aguín, profesoras de Psicoloxía Evolutiva e da Educación na Universidade da Coruña que presentarán o Informe sobre os deberes escolares (premendo aquí podes descargar o informe) elaborado por esta institución;
- Fernando Laccaci en representación da Confederación de Anpas Galegas;
- Francisco Sánchez Ávila, director do CEIP Camiño Inglés (Oroso)
- Víctor M. Santidrián Arias, director do IES de Milladoiro (Ames).

Quedades todos convidados.

 

Premendo neste enlace teredes máis información.

A educación a debate
A educación a debate

S1702003 Xornadas de actualización fiscal. Curso 2017-2018

Summary: 

O Servizo de Formación do Profesorado procura que a comunidade educativa teña a oportunidade de coñecer os aspectos máis relevantes dos cambios normativos
Gallego

Nestas  xornadas  abordaranse as principais novidades en materia de fiscalidade que se producirán en 2018.

Datas: 30 de xaneiro, 06, 20 e 27 de febreiro.

Horario: 17:00 - 20:00h

Duración: 12 horas

Lugar de realización: Aula 11 do CAFI

Situación CAFI

Relatora: Remedios Vázquez Gil
(Corpo técnico da Axencia Tributaria de Santiago de Compostela)

Destinatarios: Administración e xestión de empresas – Ciclos formativos de grao Medio e Superior.

Obxectivos:

1. Analizar as novidades da normativa fiscal para o ano 2018.
2. Confeccionar a documentación utilizable.
3. Realizar supostos prácticos de aplicación.

Contidos:

1. Análise das modificacións principais na normativa fiscal para o ano 2018.

Para máis información preme aquí.

 

Actualización fiscal 2018
Actualización fiscal 2018

S1702017 Xornadas para coordinadores e coordinadoras de actividades de formación en centros

Summary: 

Primeira sesión de tres, dentro da edición do curso 2017-18.
Gallego

O vindeiro xoves 30 de novembro celebrarase a primeira sesión da actividade S1702017 Xornadas para coordinadores e coordinadoras de actividades de formación en centros. Curso 2017-2018 no Auditorio 1 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela de 16:30 a 20:30.

Preme aquí para acceder á actividade.

S1702017 Xornada de coordinadores
S1702017 Xornada de coordinadores

S1702004 Xornadas de actualización laboral 2017-2018

Summary: 

Curso do Plan Anual 2017/18
Gallego

Do mesmo xeito que en anos anteriores, volverase desenvolver a actividade Xornadas de Actualización Laboral 2017-2018, curso programado para profesorado das familias de Formación e Orientación Laboral e Administración e Xestión.

Obxectivos:

1.Analizar as novidades da normativa laboral e da Seguridade Social para o ano 2018.

2.Confeccionar a documentación utilizable.

3.Realizar supostos prácticos de aplicación.

Contidos:

1.Análise das novidades na normativa laboral para o ano 2018.

2.Análise das novidades na normativa da Seguridade Social para o ano 2018.

Neste curso farase unha análise das novidades na normativa laboral e de Seguridade Social para o ano 2018.

Esta actividade desenvolverase os días 19, 26 e 28 de febreiro en horario de 17:00 a 20:00 (os dous primeiros días), e de 16:30 a 20:30 (o último día).

A actividade celebrarase nas instalacións do CAFI.

As relatoras serán Mª Carmen Sueiro Rial e Alicia Villalba Sánchez.

Enlace Fprofe: preme aquí

Actualización laboral 2017-2018
Actualización laboral 2017-2018

Visita de alumnado universitario

Summary: 

O pasado día 23/11/17 o CAFI tivo o pracer de recibir á profesora Dolores Fernández Tilve e ao seu alumnado.
Gallego

O pasado 23/11/2017 o CAFI tivo o pracer de recibir á profesora Dolores Fernández Tilve e ao seu alumnado nunha visita de máis de dúas horas. Ao igual que outros anos o director do CAFI, Ángel Rodríguez Sánchez e o asesor do departamento de Formación e Innovación, Jesús Calvo Mallón, presentaron o sistema de formación permanente de profesorado da Rede de Formación da Consellería. Ademais de explicarlles as diferentes modalidades formativas e focos prioritarios de formación, tamén tiveron oportunidade de presentarlles o Modelo de Competencias Profesionais Docentes da Rede, así como o Marco Común de Competencias Docentes que o CAFI está desenvolvendo no seo dunha alianza internacional ao abeiro do programa Erasmus+. 

Visita de alumnado universitario
Visita de alumnado universitario

PFPP, Grupos de traballo e Seminarios 2017-2018

Summary: 

Aprobados os proxectos de formación en centros para o curso 2017-2018
Gallego

Xa están aprobados os proxectos de formación en centros nas distintas modalidades para o curso 2017-2018.

Para consultar os proxectos seleccionados podedes acceder a Formación en centros na páxina web do CAFI ou premer nas seguintes ligazóns:

- PFPP

- Grupos de traballo

- Seminarios

PFPP, GT, S 2017-2018
PFPP, GT, S 2017-2018

G1702001 - Xornadas de Lingua e Literatura. Curso 2017-2018

Summary: 

Xornadas de Lingua e Literatura. Curso 2017-2018
Gallego

As Xornadas de Lingua e Literatura. Curso 2017-2018 teñen este ano como centro de interese "ler e escribir na era audiovisual".

O mesmo que a era Gutemberg transformou radicalmente o xeito de producir e comercializar os libros, a era dixital está a renovar a forma en que lemos e escribimos no século XXI. Se case todos admitimos xa que Internet cambiou a maneira na que nos comunicamos e relacionamos entre nós, de verdade podemos pensar que a lectura e a escritura van permanecer inmunes a esta transformación social?

Nestas xornadas imos abordar de xeito teórico pero, sobre todo, práctico como os nosos centros están a traballar este campo.

Programa:

09:30 - 10:00 - Recepción de participación e entrega de documentación

10:00 - 10:15 - Inauguración

10:15 - 11:15 - Conferencia inaugural: Ler e escribir na era dixital por Francisco CASTRO VELOSO - director da Editorial Galaxia

11:15 - 11:45 - Pausa café

11:45 - 13:15 - Conferencia plenaria: Ler e escribir en Secundaria na era audiovisual: un reto, unha oportunidade por Alberto GARCÍA PÉREZ - IES Santa Cristina de Lena (Pola de Lena)

13:15 - 14:00 - Intercambio de experiencias - boas prácticas:  Equipos de investigación literaria por Rosa María FERNÁNDEZ CALVO - IES Pino Manso (O Porriño)

16:00 - 16:55 - Intercambio de experiencias - boas prácticas: Tres formas de achegarse á lectura e escritura na Rede por Pilar PONTE PATIÑO - IES da Pobra do Caramiñal (A Pobra do Caramiñal)

16:55 - 17:50 - Intercambio de experiencias - boas prácticas: Obras son amores por Felisa REDONDO VALÍN - IES Ánxel Fole (Lugo)

17:50 - 18:05 - Pausa

18:05 - 18:55 - Intercambio de experiencias - boas prácticas: Illa Fantasía: a escola do unicornio por Esperanza Arias Ferreiro - CEIP Sada y sus contornos (Sada) Lydia Seijo Martínez - CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume) María Bermúdez Parapar - CEIP Sofía Casanova (Culleredo)

18:55 - 19:45 - Intercambio de experiencias - boas prácticas: Historias transmedia e creacións fanfiction por Xosé Manuel DOPAZO MELLA - IES Maruxa Mallo (Ordes)

19:45 - 20:00 - Clausura

Preme aquí para obter máis información en fprofe.

Xornadas de lingua e literatura 2017-18
Xornadas de lingua e literatura 2017-18