Gallego

S1801052 Educación en igualdade nas relacións afectivo-sexuais

Summary: 

Actividade en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade, a Consellería de Sanidade e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para contribuír á formación do profesorado na educación na igualdade nas relacións afectivo-sexuais dende diferentes ámbitos
Gallego

DURACIÓN: 20 HORAS

12 presenciais e 8 na Rede

LUGAR: Salón de Actos da Consellería de Sanidade

 

As relacións afectivo-sexuais forman parte do desenvolvemento das persoas e cobran especial relevancia na adolescencia. O profesorado debe coñecer e aplicar ferramentas que lle permitan o achegamento ao alumnado na promoción de actitudes igualitarias e seguras nas súas relacións.

A actividade ten como obxectivos:

1. Coñecer os principios da educación afectivo-sexual desde unha perspectiva de xénero.

2. Aplicar estratexias de traballo para favorecer as relacións interpersoais e o traballo en afectos.

3. Utilizar estratexias para a promoción da saúde integral no ámbito afectivo-sexual.

Os contidos básicos que se desenvolverán nas sesións:

Educación. Igualdade. Educación afectivo-sexual na escola

A educación sexual na aula: modelos e actitudes

Sexo seguro.

- Métodos anticonceptivos.

- Infeccións de transmisión sexual.

- Proposta de actividades para traballar esta temática nas aulas de secundaria.

Proposta de accións do profesorado.

Educación en igualdade nas relacións afectivo-sexuais
Educación en igualdade nas relacións afectivo-sexuais

G 1801006 Escenarios prácticos de seguridade, alta dispoñibilidade e cloud computing

Summary: 

Curso do Plan Anual 2018-19
Gallego

A partir do vindeiro 1 de outubro iniciarase un curso na Rede programado para profesorado das familias de Informática e comunicacións e Electricidade e electrónica “Escenarios prácticos de seguridade, alta dispoñibilidade e cloud computing”.

Os obxectivos deste curso inclúen :

1.Capacitar para implementar escenarios complexos usando virtualización con Vagrant, contedores lxc/lxd, técnicas de cloud-computing e IT automation.

2.Capacitar para realizar a instalación e securización dun portal web/sitio de comercio electrónico así como a instalación dun sistema de videovixilancia.

3.Coñecer as tecnoloxías de cifraxe e saber aplicalas para aumentar a seguridade da información e coñecer e ter en conta a lexislación vixente á hora de instalar e xestionar sistemas.

A actividade estenderase durante 10 semanas, sendo a data de remate do curso o 9 de decembro. Durante ese tempo deberán completarse as tarefas que o titor propoña. Como axuda estará dispoñible a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que o titor estableza.
Como é un curso na Rede, cada participante pode conectarse á aula virtual no tempo e horario que considere oportuno.

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=86987

 

Escenarios prácticos de seguridade, alta dispoñibilidade e cloud computing
Escenarios prácticos de seguridade, alta dispoñibilidade e cloud computing

S1801048 Curso de Lingua de signos básico

Summary: 

Curso de Lingua de signos de nivel básico. Formación impartida pola FAXPG ( Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia) en convenio coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Gallego

Duración: 30 horas

Sesións:12   

Horario: 17:00 a 19:30 luns e mércores

Setembro-outubro de 2018

Lingua de signos básico
Lingua de signos básico

G1801058 Formación inicial para orientadores e orientadoras das etapas de educación infantil, primaria e secundaria. Curso 2018-2019

Summary: 

Actividade dirixida a persoas orientadoras de nova incorporación que non teñan realizada formación no ámbito da orientación.
Gallego

A formación relativa a esta actividade ten por obxecto facilitar a información necesaria ás persoas responsables da orientación educativa que se incorporan de novo aos Departamentos de Orientación dos centros, para a posta en marcha destes.

A actividade consta de dúas partes:

Presencial: 16 horas 28 e 29 de setembro

Na Rede: 8 horas

Lugar: Hotel Congreso       Santiago de Compostela

Formación Inicial Orientación
Formación Inicial Orientación

S1803001 Calendario da igualdade

Summary: 

Formación que ten por obxecto a preparación de actividades e materiais para a conmemoración de efemérides, ao longo do curso, dende a perspectiva da educación para a igualdade
Gallego

S1803001 Calendario da igualdade

Actividade de 50 horas de duración: 30 presenciais ao longo do curso e 20 na Rede

Datas: Inicio o 26 de setembro de 2018

           Fin o 9 de xuño de 2019

Lugar: IES Xelmírez I    Santiago de Compostela

Calendario da Igualdade 2018-2019
Calendario da Igualdade 2018-2019

S1801053 - Emprego do espazo maker para a realización de proxectos STEM

Summary: 

Ampliada ata o 3 de outubro a inscrición no curso mixto S1801053
Gallego

Ampliada ata o 3 de Outubro a inscrición no curso mixto S1801053 "Emprego do espazo maker para a realización de proxecto STEM" dirixido a todo o profesorado de secundaria.

Poderás coñecer o equipamento básico dun espazo maker, as metodoloxías propias de traballo nestes espazos e a deseñar actividades STEM.

 

Curso Emprego do espazo maker para a realización de proxectos STEM
S1801053 - Emprego do espazo maker para a realización de proxectos STEM

S1802011 Introdución ao manexo do Kit de Robótica Educativa

Summary: 

Ampliada ata o 28 de setembro a inscrición no curso mixto S1802011
Gallego

Ampliada ata o 28 de setembro a inscrición no curso mixto S1802011 "Introdución ao manexo do Kit de Robótica Educativa" dirixido a todo o profesorado de secundaria.

Poderás coñecer e manexar o ranger de MBLOCK, coñecer actividades de aula para interactuar co robot e explorar as posibilidades de innovación educativa no ámbito STEM.

 

Máis info aquí

Kit robótica educativa
Kit robótica educativa

Proba de nivel para participar en cursos CALC

Summary: 

Listaxe das probas de nivel que se van desenvolver na rede de formación
Gallego

As distintas probas de nivel para participar en cursos CALC que se van desenvolver na rede de formación son as seguintes:

- CAFI: S1802040 - Proba de nivel para participar en cursos CALC

- A Coruña: C1802020 - Proba de nivel para participar en cursos CALC

- Ferrol: F1802018 - Proba de nivel para participar en cursos CALC

- Lugo: L1802021 - Proba de nivel para participar en cursos CALC

- Ourense: O1802010 - Proba de nivel para participar en cursos CALC

- Pontevedra: P1802017 - Proba de nivel para participar en cursos CALC

- Vigo: V1802021 - Proba de nivel para participar en cursos CALC

A data é o 24 de setembro de 18:00 a 20:00h

Probas de nivel
Probas de nivel

S1802013 - Nova metodoloxía para a aprendizaxe de linguas mediante a expresión teatral

Summary: 

Unha nova metodoloxía didáctica para o ensino e aprendizaxe de linguas
Gallego

Esta actividade nace  dun estudo teórico-práctico derivado da Tese de douturamento de Rosalía Fernández Rial (Aula sen paredes) sobre o uso da expresión dramática e teatral como ferramentas pedagóxicas para as aulas de linguas. Nel se propón e aplica unha nova metodoloxía didáctica para o ensino e aprendizaxe de linguas. Esta consiste no uso da expresión dramática e teatral como ferramenta pedagóxica para desenvolver a competencia comunicativa do alumnado así como para favorecer certas actitudes e valores asociados ao plurilingüismo, á intercuturalidade e aos principios dunha sociedade democrática. Esa investigación inclúe un marco teórico, un programa didáctico práctico desenvolto nun instituto público galego sobre esa experiencia pedagóxica e creativa.

Datas de realización: 11 - 18 - 25 de outubro

Horario: de 18:00 a 21:00 excepto o último día que será de 17:00 a 21:00

Relatora: Rosalía Fernández Rial

Para máis información preme aquí.

Nova metodoloxía para a aprendizaxe de linguas mediante a expresión teatral
Nova metodoloxía para a aprendizaxe de linguas mediante a expresión teatral

S1801054 Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía

Summary: 

Prevención e coidado da voz dos docentes
Gallego

O profesorado somos un colectivo que temos a voz como a principal ferramenta de traballo. É moi frecuente que o seu uso diario durante longas horas obrigue a un esforzo que vaia deteriorando pouco a pouco a súa calidade e é moi complicado recuperala sen someterse a tempadas de repouso. Malos hábitos de vida, acompañados dun mal uso desta pode provocar longas tempadas de afonía.

Este problema pode agravarse ata impedir o exercicio da nosa profesión. Por este motivo, o coidado da voz e a aprendizaxe de técnica vocal que fomenten o seu bo uso e eviten a aparición de alteracións gañan especial relevancia na nosa profesión. Neste curso imos achegarche esa información básica para o bo coidado e hixiene da voz.

Datas de realización: 04 - 11 -18 e 25 de outubro; 01 - 08 e 15 de novembro.

Horario: de 18:00 a 21:00H.

Relator: Pablo García Ferradas

Código en fprofe: S1801054

Para máis información preme aquí

Exercicios para o coidado e hixiene da voz
Coidado da voz