Gallego

S1802015 Xornada de educación para a igualdade. Curso 2018/2019

Summary: 

Xornada de educación para a igualdade. Estratexias e recursos para o traballo coeducativo nos centros.
Gallego

DATA: 1 de decembro

LUGAR: EGAP-Santiago de Compostela

 

Actividade formativa que ten por obxectivos:

1.Coñecer o I Plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020.

2.Afondar no modelo de coeducación e introducir a perspectiva de xénero nas dinámicas educativas.

3.Integrar a perspectiva de xénero no traballo cara ao éxito escolar e garantir que a formación inicial e ao longo da vida, acolle a todo o alumnado na súa diversidade.

Educación para a igualdade
Educación para a igualdade

G1802015 Xornadas equipos directivos CEE

Summary: 

Xornadas de formación especializada para os equipos directivos dos centros de educación especial.
Gallego

Os obxectivos da actividade son:

  1. Afondar no coñecemento da xestión económica, do alumnado, de persoal e de espazos nos centros de educación especial.
  2. Coñecer diferentes dinámicas que faciliten o traballo neste tipo de centros e promoción de convenios de colaboración.
  3. Manexar diferentes protocolos de actuación ante problemáticas xurdidas na convivencia no centro.

15 horas presenciais distribuídas en dúas sesións: a primeira celebrarase o vindeiro 24 de novembro en Santiago de Compostela e a segunda realizarase no 2º ou 3º trimestre.

Consulta a ficha da actividade e inscríbete en Fprofe. 

Xornadas de formación de equipos directivos de centros de educación especial
Xornadas de formación de equipos directivos de centros de educación especial

S1802046 Eu pago os meus impostos, e ti? A importancia da conciencia fiscal

Summary: 

Actividade formativa para todo o profesorado
Gallego

Os días 21 e 28 de novembro celebrarase no CAFI a actividade “ Eu pago os meus impostos, e ti? A importancia da conciencia fiscal”

Obxectivos :

1.Identificar os distintos bens e servizos públicos e coñecer o seu valor económico e repercusión social.

2.Recoñecer as diferentes fontes de financiamento dos bens e servizos públicos, especialmente as fontes fiscais.

3.Interiorizar as actitudes de respecto polo que é público e, polo tanto, financiado co esforzo de todos e utilizado en beneficio común.

Temporalización: días 21 e 28 de novembro de 16.30 a 20.30

 

Lugar de celebración: Aula 11 do CAFI

 

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=89168

 

 

 

Eu pago os meus impostos, e ti? A importancia da conciencia fiscal
Eu pago os meus impostos, e ti? A importancia da conciencia fiscal

Xornada: Introdución á fabricación biohardware de baixo custo

Summary: 

Neste curso poderás coñecer o proxecto Micromascotas da fundación Ibercivis e traballar de forma cooperativa na fabricación de equipamento biohardware de baixo custo.
Inscríbete enviando un correo electrónico cos teus datos de contacto a cafi.aulanova@edu.xunta.es. A data límite de inscrición é o 2/11/2018.
Gallego

Inscríbete enviando un correo electrónico cos teus datos de contacto a cafi.aulanova@edu.xunta.es. A data límite de inscrición é o 2/11/2018.

Modalidade: Xornada

Forma de participación: presencial

Competencias profesionais:

Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe – Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Afín

Competente en TIC – Dispositivos

Centro de formación e recursos: CAFI

Lugar de celebración: Aula Nova do CAFI

Temporalización: 13/11/2018

Data límite de inscrición: 2/11/2018

Prazas: 10

Horas totais: 4 (Formación non certificable)

Destinatarios:

Catedráticos e profesorado de Bacharelato e ESO

Corpos e especialidades:

Profesorado de tecnoloxía, bioloxía e xeoloxía e física e química

Obxectivos:

1. Manexar equipamento propio dun espazo maker.

2. Fabricar equipamento biohardwaare de baixo custo.

Contidos:

1. Metodoloxía STEM: traballo por proxectos.

2. Fabricación de equipamento biohardware de baixo custo.

Xornada fabricación biohardware
Xornada: Introdución á fabricación biohardware.

CAFI - Aula Nova

Summary: 

Presentación da Aula Nova como un novo espazo de traballo dispoñible para o profesorado galego.
Gallego

O CAFI vén de poñer en marcha a Aula nova, un espazo de encontro, aprendizaxe e experimentación dispoñible para o profesorado galego. Se formas parte dun grupo de traballo, dun seminario ou simplemente sodes un equipo de docentes, podedes probar, desenvolver e materializar un proxecto que teñades en mente ou repensar, probar e poñer en práctica as liñas metodolóxicas de traballo na aula. Máis información no correo electrónico: cafi.aulanova@edu.xunta.es e na web http://www.aulanova.gal

Aula Nova
Promoción aula nova

Obradoiro "Lunnis e acción!"

Summary: 

Lunnis de lenda e Lunnis e acción
Gallego

Desde o departamento de contidos infantís de RTVE queren compartir con todos nós o novo proxecto educativo de Clan TV.

O universo transmedia do programa Lunnis de Lenda  exponse en varias plataformas para desenvolver a súa estratexia na Rede a través da Web Clan TV, Facebook, Instagram, Youtube e agora tamén desde as aulas grazas a unha serie de guías didácticas desenvolvidas para nenos de 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.

Os alumnos poderán aprender novos conceptos a través dos programas Lunnis de Lenda e Lunnis e Acción! que utilizaremos como fío condutor para a súa alfabetización mediática. Este formato achega o valor engadido de supoñer a integración das Tecnoloxías da información e a educación (TIC) nas aulas. Lunnis e Acción! é o novo programa en liña de Clan, que pode visualizarse tanto na web de Clan como na canle de Clan de Youtube. Trátase dun programa onde pretendemos desenvolver a creatividade dos máis pequenos e ensinámoslles a realizar manualidades que explican como funciona o cinema, aplicando o “learning by doing”, utilizando materiais de reciclaxe e elementos sinxelos que todos teñen ao seu alcance.

En todas as guías didácticas os docentes poderán atopar diversas actividades para realizar co seu alumado baseadas nas materias troncais do ciclo lectivo. Cada actividade foi adaptada a diferentes niveis de dificultade para que sexan útiles desde 1º ata 3º curso de educación primaria.

As guías didácticas dos Lunnis están dispoñibles ao alcance de todos na web de Clan e o seu desexo é que cheguen ás aulas coa vosa axuda, para achegar así a alfabetización mediática aos primeiros cursos da educación primaria obrigatoria en España.

O labor dos docentes para a alfabetización audiovisual é fundamental e desde RTVE queren achegar o seu gran de area, organizando para os profesores un obradoiro práctico onde mostrarlles as ferramentas pedagóxicas de Lunnis e acción! e onde aprenderán nocións básicas sobre animación e stop motion, impartidas por expertos na materia. É a nosa maneira de darvos as grazas polo voso inestimable traballo no día a día.

No obradoiro informaranvos do funcionamento e as posibles aplicacións das guías e unhas nocións básicas de animación para que se vos interesa poidades aplicalo na aula. Ademais de visualizar os vídeos e ensinar coas guías didácticas, os profesores poden introducir nas aulas a app gratuíta “StopMotion Lunnis” para poder facer stop motion e gravar vídeos. Desta maneira, os nenos poden axuntar o uso dos smartphones e o coñecemento técnico adquirido en clase a través dos vídeos de Lunnis e Acción! para crear historias, desenvolvendo a súa creatividade e mellorando os seus coñecementos sobre a narración.

Día: Luns 5 de novembro
Hora: 16:00h.
Lugar: CAFI - Centro Autonómico de Formación e Innovación en Santiago de Compostela.
Lamas de Abade, s/n. 15702 Santiago de Compostela. A Coruña.
Duración: 2 horas.

Para a inscrición hai que mandar un correo electrónico cos vosos datos (nome e apelidos, DNI e correo electrónico) a cafi.linguascooficiais1@edu.xunta.es. Adxudicaranse as prazas por rigorosa orde de chegada.

Lunnis
Lunnis e acción!

S1801049 Curso de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo

Summary: 

Curso de tratamento do TDAH na aula en colaboración coa Fundación INGADA e a Fundación María José Jove
Gallego

O obxectivo do curso é o de facilitar ao profesorado estratexias e pautas de intervención para o tratamento educativo do alumnado que presenta TDAH.

Os contidos que se van tratar están relacionados co coñecemento dos modelos explicativos do TDAH, das dificultades de aprendizaxe que este pode levar asociadas, e das pautas educativas necesarias para dar resposta ás necesidades educativas que presenta o alumnado.

É unha actividade mixta cunha fase na Rede que ten por obxecto o deseño dun breve proxecto de intervención na aula.

DURACIÓN: 25 horas  16 presenciais     9 na Rede

DATAS: 4-11-18 e 25 de outubro na fase presencial   3 de decembro: Finalización da fase na Rede

LUGAR: CAFI

Curso Tratamento do TDAH no ámbito educativo
Curso Tratamento do TDAH no ámbito educativo

ESERO. Do espazo á aula

Summary: 

ESERO é un proxecto de educación da Axencia Espacial Europea (ESA). O día 20 de outubro teremos a ocasión de coñecer de primeira man, dos seus responsables en España, unha ampla variedade de recursos e materiais didácticos dirixidos ao ámbito STEM. Inscríbete en Fprofe! Código da actividade: G1803005
Gallego

Referencia: G1803005

Forma de participación: Presencial

Modalidade: Encontros

Competencias profesionais:

Competente en TIC - Dispositivos.

Investigador/a e innovador/a - Realización e execución de propostas.

Centro de formación e recursos: CAFI

Lugar de celebración: Edificio Cinc da Cidade da Cultura - Santiago de Compostela

Temporalización: 20/10/2018

Data límite de inscrición: 08/10/2018

Prazas:  150

Horas totais: 8

Destinatarios:

Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades:

Todos os corpos

Obxectivos:

1.Coñecer as posibilidades dos recursos ESERO na aula

Contidos:

1.Recursos ESERO nos distintos niveis educativos.

2.Utilización de recursos ESERO na aula e innovación.

3.Recursos multilingües ESERO

Esero. Do espazo á aula
ESERO. Do espazo á aula.

S1802011 Introdución ao manexo do Kit de Robótica Educativa

Summary: 

Ampliada ata o 30 de setembro a inscrición no curso mixto S1802011
Gallego

Ampliada ata o 30 de setembro a inscrición no curso mixto S1802011 "Introdución ao manexo do Kit de Robótica Educativa" dirixido a todo o profesorado de secundaria.

Poderás coñecer e manexar o ranger de MBLOCK, coñecer actividades de aula para interactuar co robot e explorar as posibilidades de innovación educativa no ámbito STEM.

 

Máis info aquí

Kit robótica educativa
Kit robótica educativa

S1802009 Introdución ao manexo da impresora León 3D

Summary: 

Ampliada ata o 30 de setembro a inscrición no curso mixto S1802009 "Introdución ao manexo da impresora León 3D" dirixido a todo o profesorado de secundaria.
Gallego

Ampliada ata o 30 de setembro a inscrición no curso mixto S1802009 "Introdución ao manexo da impresora León 3D" dirixido a todo o profesorado de secundaria.

Poderás coñecer e manexar a impresora León 3D, as súas posibilidades de deseño nun entorno educativo e innovar no ámbito STEM.

Impresora León 3D
Impresora León 3D