Obradoiro "Lunnis e acción!"

Lunnis de lenda e Lunnis e acción
Mar, 09/10/2018 - 11:00
Lunnis
Lunnis e acción!

Desde o departamento de contidos infantís de RTVE queren compartir con todos nós o novo proxecto educativo de Clan TV.

O universo transmedia do programa Lunnis de Lenda  exponse en varias plataformas para desenvolver a súa estratexia na Rede a través da Web Clan TV, Facebook, Instagram, Youtube e agora tamén desde as aulas grazas a unha serie de guías didácticas desenvolvidas para nenos de 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.

Os alumnos poderán aprender novos conceptos a través dos programas Lunnis de Lenda e Lunnis e Acción! que utilizaremos como fío condutor para a súa alfabetización mediática. Este formato achega o valor engadido de supoñer a integración das Tecnoloxías da información e a educación (TIC) nas aulas. Lunnis e Acción! é o novo programa en liña de Clan, que pode visualizarse tanto na web de Clan como na canle de Clan de Youtube. Trátase dun programa onde pretendemos desenvolver a creatividade dos máis pequenos e ensinámoslles a realizar manualidades que explican como funciona o cinema, aplicando o “learning by doing”, utilizando materiais de reciclaxe e elementos sinxelos que todos teñen ao seu alcance.

En todas as guías didácticas os docentes poderán atopar diversas actividades para realizar co seu alumado baseadas nas materias troncais do ciclo lectivo. Cada actividade foi adaptada a diferentes niveis de dificultade para que sexan útiles desde 1º ata 3º curso de educación primaria.

As guías didácticas dos Lunnis están dispoñibles ao alcance de todos na web de Clan e o seu desexo é que cheguen ás aulas coa vosa axuda, para achegar así a alfabetización mediática aos primeiros cursos da educación primaria obrigatoria en España.

O labor dos docentes para a alfabetización audiovisual é fundamental e desde RTVE queren achegar o seu gran de area, organizando para os profesores un obradoiro práctico onde mostrarlles as ferramentas pedagóxicas de Lunnis e acción! e onde aprenderán nocións básicas sobre animación e stop motion, impartidas por expertos na materia. É a nosa maneira de darvos as grazas polo voso inestimable traballo no día a día.

No obradoiro informaranvos do funcionamento e as posibles aplicacións das guías e unhas nocións básicas de animación para que se vos interesa poidades aplicalo na aula. Ademais de visualizar os vídeos e ensinar coas guías didácticas, os profesores poden introducir nas aulas a app gratuíta “StopMotion Lunnis” para poder facer stop motion e gravar vídeos. Desta maneira, os nenos poden axuntar o uso dos smartphones e o coñecemento técnico adquirido en clase a través dos vídeos de Lunnis e Acción! para crear historias, desenvolvendo a súa creatividade e mellorando os seus coñecementos sobre a narración.

Día: Luns 5 de novembro
Hora: 16:00h.
Lugar: CAFI - Centro Autonómico de Formación e Innovación en Santiago de Compostela.
Lamas de Abade, s/n. 15702 Santiago de Compostela. A Coruña.
Duración: 2 horas.

Para a inscrición hai que mandar un correo electrónico cos vosos datos (nome e apelidos, DNI e correo electrónico) a cafi.linguascooficiais1@edu.xunta.es. Adxudicaranse as prazas por rigorosa orde de chegada.

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI