G1701074 - Consumo e finanzas na aula. Plan Proxecta
Título: Consumo e finanzas na aula. Plan Proxecta
Forma de participación: En rede
Modalidade: Curso
Competencias profesionais:
Interlocutor/a e referente - Xestión e promoción de valores e convivencia, compromiso persoal e ético.
Especialista na súa materia - Xestión do coñecemento existente.
Referencia: G1701074
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 05/02/2018 - 16/03/2018
Data límite de inscrición: 31/01/2018
Lugar: na Rede
Prazas: 50
Horas totais:
- Horas presenciais: 0
- Horas non presenciais: 30
Corpos e especialidades
- Todos os corpos
Criterios de selección
- Os criterios xerais do plan anual de formación.
Obxectivos
1.Analizar os servizos financeiros básicos desde a perspectiva do consumo.
2.Proporcionarlle ao profesorado ferramentas para o fomento do consumo responsable dos servizos financeiros básicos.
3.Proporcionarlle ao profesorado as ferramentas necesarias para a aplicación práctica dos contidos na aula e na vida diaria do alumnado.
Contidos
1.Servizos financeiros básicos.
2.Finanzas na Rede.
3.Elaboración de orzamentos domésticos responsables.
4.Resolución de conflitos en materia de finanzas.
5.Aplicación práctica na aula.
Asesor responsable:
Jesús A. García Rañales