S1702011 Eu pago meus impostos, e ti? A importancia da conciencia fiscal

Trátase dun curso presencial dirixido a todo o profesorado e terá lugar no CAFI os días 15 e 22 de novembro.
Mér, 25/10/2017 - 11:04
Pago de impostos
Pago de impostos

Obxectivos:

1.Identificar os distintos bens e servizos públicos e coñecer o seu valor económico e repercusión social.

2.Recoñecer as diferentes fontes de financiamento dos bens e servizos públicos, especialmente as fontes fiscais.

3.Interiorizar as actitudes de respecto polo que é público e, polo tanto, financiado co esforzo de todos e utilizado en beneficio común.

Data de comezo: 15 de novembro

Data de finalización: 22 de novembro

Lugar de celebración: CAFI Aula 1.11

Número de horas totais: 8 horas

Enlace a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78765