Gallego

G2002067 - Aplicacións didácticas na aula. Programa de Auxiliares de Conversa

Gallego

No marco do  Programa de Auxiliares de Conversa, ofrécese por primeira vez una formación específica destinada tanto ás personas auxiliares de conversa como ás  persoas coordinadoras.

Esta actividade, de 10 horas de duración, será na Rede e proporcionará formación metodolóxica que axudará a desenvolver o voso labor no centro educativo. 

Ao final desta formación, será elaborada unha proposta didáctica conxuntamente co teu auxiliar, que substituirá á proposta de bas prácticas.

 

Máis información de horarios e grupos no seguinte enlace:

G2002067 - Aplicacións didácticas na aula. Programa de Auxiliares de Conversa

Aplicacións didácticas na aula. Programa de Auxiliares de Conversa
Programa de Auxiliares de Conversa

G2001090 - Mocidade desmontando o patriarcado. Metodoloxía para o empoderamento xuvenil na prevención de violencias machistas aplicada á situación derivada de Covid-19

Summary: 

Desmontando falsos mitos.
Gallego

Que é o  patriarcado? O  patriarcado é un modelo de organización social que lles dá privilexios aos homes sobre as mulleres. É un sistema que desenvolveron historicamente todas as culturas ao longo e ancho do planeta, que distribúe de maneira desigual o poder económico, político e social en función do sexo, e que ademais se presenta coma se fose a única forma de organización social posible. É un modelo  androcéntrico, é dicir, que sitúa ao home como centro e medida de todas as cousas, e presenta á muller como a alteridade, como o outro, o diferente, o que non é estándar. Por iso aceptamos que o termo home sirva para designar a toda a humanidade ou que o masculino se considere «linguaxe neutra».

O sistema patriarcal está na base das desigualdades entre mulleres e homes, e é o conxunto de valores e crenzas no que nos educaron. Ás veces custa velo, porque é algo que temos moi arraigado, témolo  interiorizado e normalizado.

As sociedades patriarcais asignan diferentes tarefas ás persoas en función da súa pertenza a un ou outro sexo: ás mulleres confíreselles un rol reprodutivo, ligado ao coidado da familia, ao sostemento do fogar e ao espazo privado, e aos homes un rol produtivo, o do traballo remunerado, o espazo público e a toma de decisións. É a división sexual do traballo, que fai unha repartición de roles en función do xénero pouco ou nada equitativo e provoca a dependencia das mulleres respecto dos homes.

A forma como esperamos que se comporte unha muller e como esperamos que se comporte un home son construcións sociais, como crer que as mulleres son máis cariñosas, que todas desexan ser nais ou que os homes teñen un impulso sexual irrefreable. Moitas das cousas que facemos e das decisións que tomamos, que cremos que facemos e decidimos libremente, están influídas pola ideoloxía patriarcal.

Que non te líen con falsos mitos!!

Se queres demontar o patriarcado, agardámoste!

G2001090 -  Mocidade desmontando o patriarcado. Metodoloxía para o empoderamento xuvenil na prevención de violencias machistas aplicada á situación derivada de Covid-19

Datas:

  • 07 - 04 - 2021: 17:00 - 20:00h
  • 12 - 04 - 2021: 16:00 - 20:00h - traballo individual
  • 14 - 04 - 2021: 17:00 - 20:00h
  • 19 - 04 - 2021: 16:00 - 20:00h - traballo individual
  • 21 - 04 - 2021: 17:00 - 20:00h
  • 28 - 04 - 2021: 17:00 - 20:00h

Lugar: Videoconferencias a través de webex

Mocidade desmontando o patriarcado
Mocidade desmontando o patriarcado

Arduino Day 2021. Feira de proxectos na rede

Summary: 

Celebración anual de proxectos abertos baseados na placa Arduino.
Gallego

O Arduino Day é  unha celebración de aniversario da placa Arduino a nivel mundial que este ano tivo lugar o 27 de marzo. Desde Aula  Nova non queriamos deixar pasar a ocasión de celebralo ao grande cunha feira virtual de proxectos na rede de todos os centros galegos.

Queriamos encher a rede de proxectos baseados en Arduino e dar voz a eses profesionais da educación, para iso programamos  tuits en Twitter durante todo o día compartindo unhas tarxetas informativas cos datos, de tal maneira que se querías  replicar o proxecto atoparás a información e puidéselo desenvolver. O hashtag empregado foi #ArduinoD21.

Un total de 28 proxectos, de varios niveis de consecución, foron presentados ao longo da xornada. Na tarxeta, ademáis dos datos do docente e do seu centro podería atoparse unha imaxe do proxecto e un código qr que enlazaba a unha páxina web, un vídeo o un documento con inforamción complementaria, de tal xeito que calquera docente interesado fora quen de replicalo na súa aula. Os docentes recibiron un certificado da súa participación e contribución práctica a xornada.

Todos os proxectos están recollidos nunha publicación do blogue de Aula Nova onde visibilizamos estas boas prácticas dos docentes galego.

 

Arduino Day feira de proxectos
Arduino Day Feira de proxectos

Webinario "Facer eTwinning en EOI"

Summary: 

Webinario de formación dirixido a profesorado de EOI
Gallego

O 28 de abril tivo lugar o 5º webinario de formación do proxecto Erasmus+ SBLENDID, que une ao CAFI e ás Escolas Oficiais de Idiomas galegas nun consorcio para abordar os retos do ensino semipresencial. Esta sesión, impartida por Carmen Fernández, coordinadora do proxecto na EOI Coruña e experta en eTwinning, centrouse en como abordar este tipo de proxectos no ensino de persoas adultas en EOI.

O webinario pode visualizarse na seguinte ligazón e tamén pode accederse á presentación compartida nestoutro acceso.

A última actividade do presente curso académico 2020/21 será unha xornada de difusión que terá lugar o día 6 de maio ás 11:00 da mañá onde as persoas participantes na segunda mobilidade do proxecto compartirán as súas aprendizaxes. Esa mobilidade, de carácter virtual, foi o curso "Pedagogos dixitais", impartido por Europass Teacher Academy e achegounos a varios aspectos esenciais do ensino semipresencial: as estratexias de apoio social e emocional, o traballo colaborativo en espazos virtuais, a creación de recursos interactivos e a avaliación nesta modalidade. De estares interesado/a en asistir, pregámosche que te inscribas na seguinte ligazón.

 

informacion_webinario_carmen_fernandez

Costureiro docente - Formación en ensino mixto para colectivos específicos

Summary: 

Actividades formativas na Rede a través da plataforma Platega.
Gallego

Oferta formativa que propón achegas de profesionais e institucións sobre o ensino mixto. Así mesmo, explóranse outras modalidades de ensino co obxectivo de ver que aspectos destas se poden incorporar á propia práctica docente.  Proponse un modelo de coordinación horizontal a través de traballo en equipo para facer escollas e implementar un deseño de secuencias didácticas curtas e, de ser posible, integradas. Por último, analízase o ecosistema dixital galego e como este pode servir a eses fins en tanto nos permite organizar e estruturar o noso traballo nun espazo virtual.

A formación ten unha duración de 50 horas, está programada para os meses entre marzo e maio e desenvólvese por completo na Rede (sen sesións síncronas ou de conexión por videoconferencia). Ademáis é compatible con outras actividades na plataforma Platega e está organizada por colectivos específicos, con achegas realizadas por profesorado de cada un deles.

O prazo de inscrición en Fprofe remata o 25 de febreiro, a través do código da actividade:

 

 

constureiro_docente
Costureiro docente

Desenvolvemento de clases de idiomas de alto impacto. O método TPRS-CI

Summary: 

Os obxectivos deste curso son coñecer e aplicar na aula as estratexias e prácticas do método TPRS-CI. Por unha banda, para mellorar a comprensión e produción escrita e oral do alumnado de idiomas e, por outra, para desenvolver clases máis útiles e adaptadas ao alumnado.
Gallego

Desenvolvemento de clases de idiomas de alto impacto. O método TPRS-CI

Código da actividade en Fprofe: S2002282

Modalidade virtual: a través de videoconferencia.

Datas: 2 de decembro 2020   -  13/20/27 de xaneiro 2021.

Horario: 17.30-19.30

O método TPRS-CI

Próxima apertura curso en rede do TDAH desde o ámbito educativo

Summary: 

G2001026 - Curso en rede de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo
Gallego

Referencia: G2001026

Centro de formación e recursos: CAFI

Temporalización: 27/10 - 28/11

Data límite de inscrición: 18/10/2020

Lugar: Na Rede (Platega)

Prazas:  200

Horas totais: 20

Destinatarios/as: Todas as ensinanzas

Obxetivos:

1.Tratamento do TDAH desde o ámbito educativo

Contidos:

1.Aspectos clínicos do TDAH.

2.Manexo na aula.

3.Dificultades de lectura e escritura no TDAH.

4.Prevención de accidentes comúns e Protocolo de Consenso sobre TDAH na infancia e adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario.

G2001026

Cursos na Rede con prazas vacantes

Summary: 

Se estás pensando en facer formación en liña, esta é a túa oportunidade!
Gallego
Cursos na Rede con prazas vacantes

Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC)

Summary: 

CURSO 2020 - 2021 - Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC)
Gallego

Os Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC), están orientados ao desenvolvemento das destrezas orais e da competencia comunicativa nunha lingua estranxeira, co fin de que o profesorado participante consiga a capacidade expresiva necesaria para poder impartir as súas aulas baixo estas premisas. Por este motivo, os CALC están dirixidos, preferentemente, ao profesorado de centros plurilingües e seccións bilingües que debe dar a súa materia en lingua estranxeira, pero pode matricularse calquera profesor que desexe acreditarse para impartir áreas, materias ou módulos non lingüísticos nunha segunda lingua.

Os CALC organízaos a Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, ofértanse a través do CAFI e dos Centros de Formación e Recursos e son impartidos por profesorado das Escolas Oficiais de Idiomas. Estes cursos teñen como obxectivo a preparación do profesorado, ao longo de todo o curso para a superación das probas de certificación das EEOOII. As persoas asistentes recibirán un certificado polas 120 horas de formación recibidas, pero non a a acreditación de nivel lingüístico, para iso deben superar as probas oportunas.

Unha vez seleccionado, o profesorado deberá acreditar que posúe o nivel de competencia anterior para ser admitido no curso, de acordo co anexo da Orde do 18 de febreiro de 2011, de acreditación de idiomas. O profesorado que conte con coñecementos previos pero non cunha certificación que o acredite, pode realizar unha proba de nivel no mes de setembro no CAFI ou CFR correspondente, para a que deberá inscribirse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/fprofe.

Os cursos CALC que se desenvolven na área do CAFI son os seguintes:

- Zona de Ribeira

          - S2001088 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel C1

                            (mércores e xoves de 18:00 a 20:00h)

- Zona de Santiago de Compostela

          - S2001091 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel B2

                            (luns e xoves de 18:00 a 20:00h)

          - S2001090 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel C1

                            (luns e xoves de 16:30 a 18:30h)

          - S2001089 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel C1

                            (mércores e venres de 16:30 a 18:30h)

Cursos CALC
Curso 2020-2021