Instrucións para unirse á videoconferencia
Enviado por portalcafi a Ven, 18/09/2020 - 14:10Summary:
Summary:
Summary:
O persoal docente interesado deberá matricularse na actividade ofertada polo CAFI e enviaráselle información con todos os pasos a seguir. Deseguido, poderán matricularse na plataforma en rede de European Schoolnet Academy, seguir o desenvolvemento proposto, superar os 5 módulos que o integran e deseñar unha actividade para a Semana do Código.
O prazo final para completar todas as actividades remata o 30 de outubro de 2020, ás 23:59 CET. A participación no cuestionario contará un 5% na nota final e non é un requisito para recibir o certificado do curso. A actividade da Semana do Código da UE rexistrada, xunto coas revisións por pares, representará o 95% da nota final. A nota global de aprobación é do 95%.
Ao finalizar o MOOC recibirán un certificado validado pola Comisión Europea, emitido pola EUN e a Universidade de Urbino. Unha vez contrastada a superación do MOOC na devandita plataforma, emitirase dende o CAFI unha certificación oficial da administración galega, recoñeccendo 25 horas de formación.
Para ter máis información, consulte a ficha do curso adxunta ou en Fprofe.
File:
Summary:
Xúntase a Guía do protocolo covid para o inicio do curso escolar 2020/21.
Asemade, pódese acceder á información completa nesta ligazón.
Tema:
Áreas-CAFI:
Summary:
Xúntase a Guía do protocolo covid para o inicio do curso escolar 2020/21.
Asemade, pódese acceder á información completa nesta ligazón.
Xúntase o Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2020/2021.
Áreas-CAFI:
Xúntase o Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2020/2021.
Summary:
O CAFI pon á disposición do profesorado galego un novo curso na sección de formación aberta en Platega, co título Introdución ao ensino mixto: https://www.edu.xunta.gal/platega/course/view.php?id=825
Esta versión xeral, aberta, non titorizada e non certificable, ofrece un primeiro achegamento ao ensino mixto adaptable para todos os niveis educativos. Inclúe aportacións de profesionais e institucións sobre esta modadidade de ensino co obxectivo de explorar aspectos que se poidan incorporar á propia práctica, no deseño de secuencias didácticas integradas dentro das opcións que ofrece o ecosistema dixital galego para organizar e estruturar o noso traballo nun espazo virtual.
Completarase no vindeiro curso con versións titorizadas e certificables que abordarán contidos específicos para o profesorado das diferentes etapas educativas.
Así mesmo, recordámosvos que na sección de formación aberta en Platega contamos con outros cursos orientados á aprendizaxe no manexo de ferramentas e metodoloxías orientadas á docencia mixta ou na Rede.
Estes cursos non requiren inscrición en fprofe e estarán dispoñibles en Platega por tempo ilimitado mediante as credenciais de acceso da conta corporativa e automatrícula nos mesmos.
Para acceder a estes contidos poderase escribir “formación aberta” na caixa de busca de cursos ou directamente a través da seguinte ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/platega/course/index.php?categoryid=98
PHET Simulacións interactivas: portal da Universidade de Colorado que permite realizar diferentes simulacións interactivas en ciencias e matemáticas.
Website:
Áreas-CAFI:
Summary:
Dende o CAFI poñemos a disposición do profesorado, na nosa sección de Formación aberta en Platega o espazo Recursos e orientacións para o ensino a distancia
Este espazo, que non é un curso de formación en si mesmo, consitúe unha recopilación de información útil para o profesorado sobre as ferramentas e posibilidades de desenvolvemento do ensino non presencial na actual situación de emerxencia sanitaria.
Trátase dun espazo vivo que contén ligazóns a titoriais, artigos, bancos de recursos e outros espazos na Rede, organizados nas seguintes categorías:
O espazo continuará a ser actualizado, polo que recomendamos visitalo con frecuencia.
Podedes acceder directamente, sen ser preciso automatriculación, na seguinte ligazón.
Para calquera consulta ou suxerencia podedes escribir ao enderezo cafi.educaciondixital@edu.xunta.gal
EduHub-PBWorks: ferramenta específica para a creación de contidos educativos: wiki. Require rexistro e a opción gratuíta ten 2GB.
Website:
Áreas-CAFI: