Gallego

S2103023 Inglés en acción na educación infantil e primaria

Summary: 

Inglés en acción en infantil e primaria
Gallego

Título: Inglés en acción na educación infantil e primaria

Código en fprofe: S2103023

Data: venres 15 de outubro (de 16:00 a 20:00h), sábado 16 de outubro (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h), venres 29 de outubro (de 16:00 a 20:00h), sábado 30 de outubro (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h)

Relator: Lola Garay

Lugar: Santiago de Compostela

Aloxamento incluído

Obxectivos:

1. Desenvolver as competencias profesionais docentes en inglés a través da conversa.

2. Favorecer a mellora da competencia oral na lingua inglesa.

3. Desenvolver estratexias e recursos para traballar as destrezas lingüísticas orais.

Contidos:

1. Exposición, argumentación e debate en lingua inglesa sobre temas propios da experiencia docente e temas sociais e culturais da actualidade.

2. Tipoloxía e características de actividades interactivas que favorecen o desenvolvemento da competencia comunicativa.

3. Estratexias e recursos que inciden significativamente no éxito dos intercambios comunicativos.

Inglés en acción na educación infantil e primaria
Inglés en acción na educación infantil e primaria

S2103021 Oratoria en acción na educación secundaria

Summary: 

Oratoria en secundaria
Gallego

Queres ter estratexias para traballar a oratoria en secundaria? Daquela tes que apuntarte nesta actividade:

Título: Oratoria en acción na educación secundaria

Código en fprofe: S2103021

Data: venres 5  de novembro (de 16:00 a 20:00h) e sábado 6 de novembro (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h)

Relator: Roberto Pérez Marijuán e Santiago Martínez Suárez

Lugar: Santiago de Compostela

Aloxamento incluído

Obxectivos:

1. Coñecer as estratexias que a oratoria e a retórica nos ofrecen para traballar os diversos tipos de discursos persuasivos.

2. Dotar o profesorado de estratexias para preparar e mellorar as habilidades comunicativas orais.

3. Fomentar o traballo cooperativo e colaborativo así como favorecer a autoestima, a implicación proactiva e o desenvolvemento do pensamento crítico.

Contidos:

1. Estratexias para a mellora das habilidades comunicativas co alumnado de secundaria.

2. Ferramentas básicas de oratoria para a mellora das presentacións públicas.

3. Desenvolvemento das capacidades comunicativas orais: expresión de ideas, argumentación, escoita activa e persuasión co alumnado de secundaria.

4. Habilidades de investigación e organización da información.

5. Desenvolvemento do pensamento crítico e do traballo en equipo.

Oratoria en acción na educación infantil e primaria
Oratoria en acción na educación infantil e primaria

S2103019 Oratoria en acción na educación infantil e primaria

Summary: 

A oratoria en infantil e primaria
Gallego

Queres ter estratexias para traballar a oratoria en infantil e primaria? Daquela tes que apuntarte nesta actividade:

Título: Oratoria en acción na educación infantil e primaria

Código en fprofe: S2103019

Data: venres 5  de novembro (de 16:00 a 20:00h) e sábado 6 de novembro (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h)

Relator: Roberto Pérez Marijuán e Santiago Martínez Suárez

Lugar: Santiago de Compostela

Aloxamento incluído

Obxectivos:

1. Coñecer as estratexias que a oratoria e a retórica nos ofrecen para traballar os diversos tipos de discursos persuasivos.

2. Dotar o profesorado de estratexias para preparar e mellorar as habilidades comunicativas orais.

3. Fomentar o traballo cooperativo e colaborativo así como favorecer a autoestima, a implicación proactiva e o desenvolvemento do pensamento crítico.

Contidos:

1. Estratexias para a mellora das habilidades comunicativas co alumnado de infantil e primaria.

2. Ferramentas básicas de oratoria para traballar co alumnado de infantil e primaria a mellora das presentacións públicas.

3. Desenvolvemento das capacidades comunicativas orais: expresión de ideas, argumentación, escoita activa e persuasión co alumnado de infantil e primaria.

4. Habilidades de investigación e organización da información.

5. Desenvolvemento do pensamento crítico e do traballo en equipo.

 

Oratoria en acción na educación infantil e primaria
Oratoria en acción na educación infantil e primaria

G2103004 Gut (aus)gesprochen! Phonetik spielerisch und mit Freude vermitteln

Summary: 

Gut (aus)gesprochen! Phonetik spielerisch und mit Freude vermitteln
Gallego

Obxectivos:

1. Ser capaz de preparar e levar a cabo unidades de fonética de maneira metodolóxica e didáctica e de vinculalas a outros temas de ensino.

2. Ser consciente da importancia esencial da correcta entoación e coñecer os exercicios para lle transmitir esta ao alumnado.

3. Saber onde e como se forman os sons dp idioma alemán.

 

Contidos:

1. Ter unha visión xeral dos temas fonéticos centrais no ensino de alemán como lingua estranxeira.

2. Los trazos prosódicos (entoación, melodía e ritmo) forman un foco.

3. Creación de exercicios para o seu uso práctico na clase.

 

Título: Gut (aus)gesprochen! Phonetik spielerisch und mit Freude vermitteln

Código en fprofe: G2103004

Relatora: Eileen Badaou M.A.

Data: 16 de outubro de 2021

Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h

Lugar: CAFI - Santiago de Compostela

Gut (aus)gesprochen! Phonetik spielerisch und mit Freude vermitteln
Gut (aus)gesprochen! Phonetik spielerisch und mit Freude vermitteln

G2103001 A lingua portuguesa nas ABAU

Summary: 

Modelo de avaliación das ABAU nas disciplinas de Lingua Portuguesa
Gallego

Con esta actividade pretendemos achegarlle ao profesorado o modelo de avaliación das ABAU nas disciplinas de Lingua Portuguesa (como primeira e como segunda lingua estranxeira), promover a reflexión colectiva sobre a adecuación entre as programacións didácticas dos centros e as esixencias das ABAU así como fornecer información e propiciar a formación do profesorado, nomeadamente do que imparte as disciplinas de Língua Portuguesa no Bacharelato.

Título: A lingua portuguesa nas ABAU 

Código en fprofe: G2103001

Relator: Elías J. Torres Feijó

Data: 16 de outubro de 2021

Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h

Horas: 8 h

Lugar: Aula 9 do CAFI en Santiago de Compostela

A lingua portuguesa nas ABAU
A lingua portuguesa nas ABAU

G2102029 - Trinity Gollege GESE Grao 10. Nivel C1

Summary: 

Grao 10. Nivel C1
Gallego

Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten interese en lle facilitar ao profesorado galego, preferentemente vinculados aos programas plurilingües e centros bilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxectivo de avaliar o nivel de cada participante nesta lingua, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade dará a oportunidade de presentarse aos seguintes exames desenvoltos polo Trinity London College.

 

Trinity College. GESE grao 10. Nivel C1

  • Código en fprofe: G2102029
  • Ligazón a fprofe.
  • Temporalización: proba oral de, aproximadamente, 25-30 minutos que se desenvolverá entre o 24/11/2021 e o 25/11/2021. Cada participante será convocado para a realización desta proba un día desa semana e en intervalos, aproximativos, de 30 minutos polo que deberá chegar cunha antelación de media hora.
  • Lugar de celebraciónEGAP (Escola Galega de Administración Pública) en Santiago de Compostela.
  • Observacións: non poderán ser seleccionados os candidatos/as que teñan acreditado o nivel C1 nin o profesorado de secundaria especialista en inglés.
  • Número de prazas: 100
Trinity Gollege GESE Grao 10. Nivel C1
Trinity Gollege GESE Grao 10. Nivel C1

G2102028 - Trinity College GESE Grao 7. Nivel B2

Summary: 

Grao 7. Nivel B2
Gallego

Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten interese en lle facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües e centros bilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxecto de avaliar o nivel de inglés, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade dará a oportunidade de presentarse aos seguintes exames desenvoltos polo Trinity College.

 

Trinity College. GESE grao 7 . Nivel B2

Código en fprofe: G2102028

Ligazón a fprofe

Temporalización: proba oral de, aproximadamente, 15 minutos que se desenvolverá entre o 24/11/2021 e o 25/11/2021. Cada participante será convocado para a realización desta proba un día desa semana e en intervalos, aproximativos, 30 minutos polo que deberá chegar cunha antelación de 30 m.

Lugar de celebraciónEGAP (Escola Galega de Administración Pública) en Santiago de Compostela.

Número de prazas: 100

Trinity College GESE Grao 7. Nivel B2
Trinity College GESE Grao 7. Nivel B2

S2102056 Proba de nivel para participar en cursos CALC

Summary: 

Proba de nivel de inglés
Gallego

Non sabes o teu nivel de inglés. Tes o nivel pero non tes ningún certificado. Pois preséntate ás probas de nivel nas que che indicaremos o teu nivel así como ao curso CALC ao que podes acceder.

 

Código en fprofe: S2102056

Data: 20 de setembro de 2021

Horario: de 18:00 a 20:00

Lugar: aulas 9 e 11 do CAFI (Santiago de Compostela) 

S2102056 Proba de nivel para participar en cursos CALC
S2102056 Proba de nivel para participar en cursos CALC

S2101069 Elaboración de programacións docentes e unidades didácticas para as escolas de artes e superiores de deseño

Summary: 

Elaboración de programacións docentes e unidades didácticas
Gallego

Actividade eminentemente práctica na que aprenderás a elaborar programacións e unidades didácticas vinculadas ás escolas de artes superiores de deseño.

 

Obxectivos

1. Identificar as partes de que consta unha programación docente.

2. Deseñar e producir programacións que sirvan coma ferramentas reais de comunicación co alumnado e planificación do traballo nas aulas.

3. Deseñar unidades didácticas que reflictan axeitadamente o traballo nas aulas.

 

Contidos

1. Identificación e contextualización. Lexislación.

2. Programación docente: obxectivos. Organización contidos.

3. Avaliación. Avaliar e cualificar. Avaliación inicial. Criterios de avaliación. Criterios de cualificación. Procedementos de avaliación.

4. Mínimos esixibles. Metodoloxía. Actividades. Recursos.

 

HORARIO

- 01 de outubro de 16:30 a 20:00

- 15 de outubro de 16:30 a 20:00

- 22 de  outubro  de 16:30 a 20:00

- 29 de  outubro  de 16:30 a 20:00

- 05 de  novembro de 16:30 a 19:30

- 12 de  decembro de 16:30 a 19:30

 

RELATORA

- Elisa María González Penas

 

LUGAR

- CAFI (Santiago de Compostela

 

Elaboración de programacións docentes e unidades didácticas para as escolas de artes e superiores de deseño
Elaboración de programacións docentes e unidades didácticas para as escolas de artes e superiores de deseño

G2101084 Deseño de tarefas para ensinar e avaliar a mediación lingüística

Summary: 

Avaliación lingüística
Gallego

Os principais obxectivos desta actividade  son definir o concepto de mediación intralingüística e presentar propostas didácticas para practicar e/ou avaliar a mediación lingüística  enmarcada no contexto das Escolas Oficiais de Idiomas.

 

Obxectivos:

1. Comprender e apreciar a mediación lingüística tanto en contextos intra como interlingüísticos.

2.Elaborar tarefas de mediación lingüística calibradas e en liña cos diferentes niveis do MECR, o Volume de acompañamento e o currículo.

3.Crear tarefas para practicar e avaliar a mediación oral e a mediación escrita.

 

Contidos:

1.O novo paradigma no ensino-aprendizaxe de linguas nun contexto europeo.

2.Modos de comunicación. A mediación lingüística como unha nova actividade de lingua. Os/as axentes sociais.

3.Tipos de mediación lingüística.

4.A mediación textual no contexto do ensino e certificación de niveis nas escolas de idiomas de Galicia.

5.Aplicación das táboas de baremación holísticas para avaliar a competencia en mediación intralingüística.

 

Horario

- 21 de outubro de 17:00 a 20:00 - sesión presencial

- 28 de outubro de 17:00 a 20:00 - sesión telemática

- 04 de  novembro de 16:00 a 20:00 - traballo individual  non presencial

- 18 de  novembro de 17:00 a 20:00 -  sesión presencial

- 25 de  novembro de  16:00 a 20:00 - traballo individual non presencial

- 02 de  decembro de 17:00 a 20:00 -  sesión presencial

 

Relatores

- Cristina Rodríguez Rodríguez

- Juan Lago Leis

 

Lugar

- EGAP (Santiago de Compostela)

Deseño de tarefas para ensinar e avaliar a mediación lingüística
Deseño de tarefas para ensinar e avaliar a mediación lingüística