G2101084 Deseño de tarefas para ensinar e avaliar a mediación lingüística
Os principais obxectivos desta actividade son definir o concepto de mediación intralingüística e presentar propostas didácticas para practicar e/ou avaliar a mediación lingüística enmarcada no contexto das Escolas Oficiais de Idiomas.
Obxectivos:
1. Comprender e apreciar a mediación lingüística tanto en contextos intra como interlingüísticos.
2.Elaborar tarefas de mediación lingüística calibradas e en liña cos diferentes niveis do MECR, o Volume de acompañamento e o currículo.
3.Crear tarefas para practicar e avaliar a mediación oral e a mediación escrita.
Contidos:
1.O novo paradigma no ensino-aprendizaxe de linguas nun contexto europeo.
2.Modos de comunicación. A mediación lingüística como unha nova actividade de lingua. Os/as axentes sociais.
3.Tipos de mediación lingüística.
4.A mediación textual no contexto do ensino e certificación de niveis nas escolas de idiomas de Galicia.
5.Aplicación das táboas de baremación holísticas para avaliar a competencia en mediación intralingüística.
Horario
- 21 de outubro de 17:00 a 20:00 - sesión presencial
- 28 de outubro de 17:00 a 20:00 - sesión telemática
- 04 de novembro de 16:00 a 20:00 - traballo individual non presencial
- 18 de novembro de 17:00 a 20:00 - sesión presencial
- 25 de novembro de 16:00 a 20:00 - traballo individual non presencial
- 02 de decembro de 17:00 a 20:00 - sesión presencial
Relatores
- Cristina Rodríguez Rodríguez
- Juan Lago Leis
Lugar
- EGAP (Santiago de Compostela)