Gallego

Explania

Páxina web en inglés, francés e español con videotutoriais moi profesionais e divertidos que explican nuns minutos, diferentes cuestións relacionadas cos seguintes temas: ecoloxía, saúde, diñeiro, opinións e modas, software, deporte, tecnoloxía, traballo e industria. Non fai falta ter perfil, tan só temos que entrar na páxina web e seleccionar o videotutorial que queremos ver (en pantalla pequena ou completa). Estes videotutorias pódense embeber nos blogues ou páxinas persoais do profesorado. En español só contamos con un videotutorial pero esta páxina pode ser un recurso interesante para profesores de idiomas.

http://www.explania.com/en

Gallego
EXPLANIA

Blogger

Potente e gratuíta ferramenta de Google para crear blogs dun xeito moi sinxelo, a partir de plantillas prediseñadas. O único requisito é ter unha conta de email en GMAIL.
http://www.blogger.com

Gallego
BLOGGER

Stripgenerator

Ferramenta online para crear dun xeito moi sinxelo cómics. O usuario pode elíxir o número de viñetas, formas para as caixas de diálogo e mesmo unha gran cantidade de personaxe predefinidos.

http://stripgenerator.com/strip/create/

Gallego
STRIPGENERATOR

Zigotebody

Ferramenta online para a ensinanza interactiva da anatomía e do corpo humano.

http://www.zygotebody.com

Gallego
ZYGOTE

Easelly

Nesta ferramenta da web 2.0 podemos crear facilmente infografías a partir de fondos, imaxes e formas predeseñadas, así como empregando as nosas propias fotografías. O resultado final poderá ser compartido por email, embebido nunha páxina web ou blog ou simplemente descargado en formato jpg.

http://www.easel.ly

Gallego
EASEL

Xogamos?

Conxunto de ferramentas para crear xogos de pregunta-resposta completamente configurables (non só en canto ás preguntas senón tamén en canto á estética e deseño do xogo).

As ferramentas que inclúe para a creación de xogos son:

• Edipre: Editor de preguntas. Programa informático para contornas windows e linux. As preguntas permiten incluír imaxes, sons, animacións, vídeos, ligazóns web,...

• DEX: Deseño de Xogos. Aplicación para a construción das interfaces gráficas dos xogos. Válida para contornas windows, linux , mac e Internet.

• E por último xoga.swf é un script en flash que permite a utilización dos xogos en diversos sistemas operativos.

Ferramentas de autor freeware. Autores: Fran Macías, Felo Couto e Xosé Antón Vicente.

http://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1292832911/contido/index.html

Gallego
XOGAMOS

Avira

Antivirus gratuíto dispoñible no sitio da empresa que elimina moitos tipos diferentes de malware. Actualízase automaticamente coa periodicidade que o usuario defina. É posible actualizar a versións máis potentes con licenza. 

http://www.avira.com/es/avira-free-antivirus.

Gallego
avira

Dropbox

Dropbox é unha ferramenta dispoñible na rede que permite almacenar contidos de xeito gratuíto até 5GB e compartilos con outros usuarios da ferramenta. É posible aumentar o espazo de carga, máis este servizo xa non é gratuíto. Conta ademais con unha aplicación para Smartphones. Podedes descargala en www.dropbox.com

Gallego
dropbox

Skype

Programa que permite comunicacións sincrónicas de texto (chat), voz e vídeo sobre internet (voz por IP). Non é un programa de código aberto pero os usuarios poden descargar a aplicación executable dende o sitio web oficial e poden falar tamén gratuitamente. O programa está dispoñible en múltiples idiomas e a versión en español se atopa nesta ligazón: http://www.skype.com/intl/es/home

Gallego
SKYPE